Ópe­ra pri­ma en Got­hard

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Noticias - XE­RAR­DO AGRAFOXO

Tal co­mo co­me­za a obra, se­me­lla que es­ta­mos dian­te dou­tra no­ve­la do xé­ne­ro ne­gro. Pe­ro to­do cam­bia de sen­ti­do can­do com­pro­ba­mos que de­trás dun­ha his­to­ria vio­len­ta, a morte de ca­tro per­soas dun­ha mes­ma fa­mi­lia na Ca­sa do Fa­ro de Got­hard («esa mal­di­ta illa afas­ta­da, non po­día ser nou­tro si­tio»), co­me­za un­ha pes­cu­da on­de o de­tec­ti­ve Go­nçal­ves («atra­ve­sar a lon­ga pon­te ata a illa xa me da­ba arre­píos») in­ten­ta in­da­gar as cau­sas des­tas arre­pian­tes mor­tes nun lu­gar, Beth, on­de mo­ran dúas fa­mi­lias en­con­tra­das («Os Faol e os Cárt­haig po­dre­cían de di­ñei­ro e o res­to de Got­hard mo­rría de fa­me») que con­tro­lan to­dos os fíos do po­der.

Des­te xei­to, A noi­te do cor­vo («o pre­sa­xio da morte»), de Abel To­mé (Ou­tes, 1984), con­vér­te­se nun­ha no­ve­la on­de des­ta­ca, amais do es­ti­lo no em­pre­go dun­ha lin­gua moi acaí­da coa te­má­ti­ca, a des­cri­ción dun­ha at­mos­fe­ra atei­ga­da de su­pers­ti­cións me­die­vais e o tra­zo duns per­so­na­xes, in­cluí­do o te­nen­te Go­nçal­ves e os seus cu­rio­sos axu­dan­tes, que, cos seus ris­cos e cren­zas de raí­ces es­can­di­na­vas, con­ver­ten es­ta obra nun­ha mag­ní­fi­ca ope­ra pri­ma. Es­pe­ra­mos con im­pa­cien­cia a se­guin­te. Tal­vez, na mes­ma illa de Got­hard?

No­ve­la « «A noi­te do c cor­vo» Abel A To­mé Ed. E Ga­la­xia (Vi­go, ( 2018) 200 2 pá­xi­nas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.