Ce­lu­loi­de

La Voz de Galicia (Barbanza) - Especiales1 - - Noticias -

Sit­ges, o Fes­ti­val Internacional de Ci­ne­ma Fan­tàs­tic de Ca­ta­lun­ya, foi sem­pre un ob­xec­to de desexo ci­né­fi­lo pa­ra min. Até es­te ano nun­ca pui­de­ra sa­ciar a mi­ña an­sia en au­gas de ce­lu­loi­de me­di­te­rrá­neas. To­do acom­pa­ñou pa­ra fa­cer da via­xe un­ha bur­bu­lla de per­fec­ción pa­ra­le­la. A choi­va e o ven­to apa­re­ce­ron na xor­na­da do sá­ba­do, a da en­tre­ga de pre­mios, e co­me­za­ron a arre­me­ter con afán tem­pes­tuo­so na via­xe noc­tur­na de vol­ta en avión. Ata aí, ca­lor, mar e du­cias de boas pe­lí­cu­las de xé­ne­ro.

Es­ta foi a edi­ción do cin­cuen­te­na­rio de 2001: Un­ha odi­sea no es­pa­zo. Ta­mén se­rá re­cor­da­do co­ma o ano que vi­ñe­ron Sh­ya­ma­lan ou o xor­na­lei­ro Ni­co­las Ca­ge, e po­la des­ven­tu­ra­da pre­sen­za dun «director» ga­le­go. Non fa­lo do mon­for­tino Da­ni de la To­rre, que pre­sen­tou A som­bra da lei inau­gu­ran­do Ór­bi­ta, un­ha no­va sec­ción pa­ra­le­la. Pa­ra twi­tei­ros e se­gui­do­res ado­les­cen­tes de you­tu­bers, a su­pos­ta per­for­man­ce de Isa­mel Pre­go, Wis­mi­chu, é a que car­to­gra­fou Sit­ges no atlas mul­ti­me­dia da mo­ci­da­de.

Es­te ra­paz con­ta con ca­se oi­to mi­llóns de se­gui­do­res. Di­se axi­ña. No seu ca­nal pu­bli­ci­tou a súa pri­mei­ra pe­lí­cu­la, Bo­ca­di­llo, col­gan­do un tea­ser en ab­so­lu­to pro­me­te­dor en can­to a ori­xi­na­li­da­de e va­lor ar­tís­ti­co. Cha­ma a aten­ción que co­mo re­cla­mo eli­xi­ra un­ha ilus­tra­ción do mi­to da ca­ver­na de Pla­tón na que so­bre­im­pre­sio­nou o lo­go do fes­ti­val e o tí­tu­lo des­te fil­me pan­tas­ma. No­ven­ta mi­nu­tos de re­pe­ti­ción en bu­cle dun­ha es­ce­na de tres mi­nu­tos, con mi­cro­fíl­mi­cas va­ria­cións de ves­tia­rio ou ac­to­res, nas que va­rios you­tu­bers pi­den un bo­ca­di­llo ve­xe­tal, sen atún e sen car­ne. Bro­ma, far­sa, bur­la, tro­leo nun xar­dín de in­fan­cia... A po­lé­mi­ca es­ta­ba ser­vi­da, o en­fa­do dos fans que pa­ga­ran en­tra­da e aba­rro­ta­ban a sa­la Re­ti­ro mu­dou en en­fa­do e gri­tos de esi­xen­cia da de­vo­lu­ción dos car­tos. Ob­xec­ti­vo cum­pri­do pa­ra o «rea­li­za­dor».

O uri­na­rio de Du­champ e as la­tas Camp­bell´s da­quel en­fant te­rri­ble de Pit­ts­burgh non son coar­ta­da pa­ra gri­lei­ros cri­mes des­te ca­li­bre. Me­nos mal que apa­re­ceu por alí Ed Ha­rris, qui­tou o som­brei­ro con igual ele­gan­cia que en Ap­pa­loo­sa e so­rriu á pren­sa. Che­ga­ban des­de o au­di­to­rio do Me­liá os desacou­gan­tes sons elec­tró­ni­cos do sep­tua­xe­na­rio e xe­nial John Car­pen­ter, pro­ban­do os sintetizadores pa­ra o con­cer­to do día se­guin­te. Sit­ges, exem­plo de au­tén­ti­ca in­de­pen­den­cia, fan­tás­ti­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.