Ma­xia e fa­bu­la­ción “steam­punk”

Do­ta­do dun es­ti­lo pro­pio e un­ha no­ta­ble axi­li­da­de na­rra­ti­va, o li­bro de Le­di­cia Cos­tas en­fron­ta nes­ta his­to­ria as for­zas do ben e o mal na épo­ca vi­to­ria­na. E de­bu­lla li­cen­zas fan­tás­ti­cas nas que os uni­cor­nios axu­dan a cam­biar o mun­do

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Non é es­te o es­pa­zo acaí­do para po­ñer ao día to­do aqui­lo que un­ha au­to­ra co­mo Le­di­cia Cos­tas (Vi­go, 1979) foi con­se­guin­do nos úl­ti­mos anos a tra­vés do cul­ti­vo da crea­ción li­te­ra­ria. Mais, en­tre to­do o po­si­ble —un­ha tra­xec­to­ria asen­ta­da, nu­me­ro­sos ga­lar­dóns ou o re­co­ñe­ce­men­to da crí­ti­ca—, que­ro sa­lien­tar aquí o que a súa pre­sen­za sig­ni­fi­ca co­mo en­gan­che á li­te­ra­tu­ra ga­le­ga de mi­llei­ros de per­soas con obras de inequí­vo­ca e con­tras­ta­da ca­li­da­de.

Nes­te ron­sel cóm­pre si­tuar A ba­la­da dos uni­cor­nios, co que con­se­gue, por se­gun­da vez, un pres­ti­xio­so ga­lar­dón da li­te­ra­tu­ra infantil e xu­ve­nil co­mo é o pre­mio La­za­ri­llo. Cos­tas ofre­ce un­ha no­ve­la que con­se­gue ga­ñar a ne­ce­sa­ria com­pli­ci­da­de des­de as pri­mei­ras pá­xi­nas e tal é así que, sos­pei­to, ha ser es­te un deses tex­tos des­ti­na­dos a per­du­rar. Ins­ta­la­do nun te­rri­to­rio sus­cep­ti­ble dun am­plo es­pec­tro de lec­tu­ras, dono dun es­ti­lo pro­pio, do­ta­do dun­ha en­ve­xa­ble axi­li­da­de na­rra­ti­va e con pa­sa­xes des­cri­ti­vas ver­da­dei­ra­men­te me­mo­ra­bles, en esen­cia vol­ve tri­par eses ca­mi­ños te­má­ti­cos das gran­des his­to­rias que en­fron­tan as for­zas do ben e do mal. Para es­te ob­xec­ti­vo si­túa­nos nun con­tex­to que be­be da épo­ca vi­to­ria­na, on­de de­bu­lla li­cen­zas fan­tás­ti­cas na­ci­das dese mun­do má­xi­co cheo de en­gre­na­xes ou ro­das den­ta­das, atei­ga­do de in­ven­tos fan­tás­ti­cos ou de ollos e co­ra­zóns me­cá­ni­cos..., iso que se dá en cha­mar es­té­ti­ca steam­punk e que resulta un te­rri­to­rio idó­neo para fun­dir cien­cia e fan­ta­sía. Aí agro­ma a ca­pa­ci­da­de fa­bu­la­do­ra da au­to­ra, pois pou­cas vo­ces son quen de cons­truír uni­ver­sos li­te­ra­rios tan ri­cos e vi­zo­sos, e tan for­te­men­te emo­cio­nais ao mes­mo tem­po, pois a ca­da gol­pe ima­xi­na­ti­vo vai su­ce­der­lle ou­tro aín­da máis sor­pren­den­te.

Non hai na­da ao chou nes­te li­bro; na­da que non se­xa xus­ta­men­te deseña­do para ofre­cer un­ha lec­tu­ra on­de non fal­ta a di­ná­mi­ca dun­ha no­ve­la de aven­tu­ras nin a pre­sen­za do amor, por ve­ces tin­gui­do de cer­ta me­lan­co­lía; nin se­que­ra a mor­te, sem­pre ao axe­xo e da man, nin máis nin me­nos, que do pro­pio Jack o Des­tri­pa­dor. Nin tam­pou­co, cla­ro é, a cons­cien­te elec­ción de pro­ta­go­nis­tas fe­mi­ni­nas, se­xan es­tas he­roí­nas ou non.

Sa­be­dor, quen subs­cri­be es­tas li­ñas, dos gran­des po­de­res que ate­sou­ran os uni­cor­nios por­que Hil­de­gar­da von Bin­gen os viu e es­tu­dou, ta­mén se apren­de aquí que os uni­cor­nios po­den can­tar e axu­dar a cam­biar o mun­do e iso sem­pre axu­da a que non ve­xa­mos a vi­da co­mo un «enor­me cris­tal ro­to».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.