«O sec­tor es­tá in­ma­du­ro, pe­ro evo­lu­cio­na a pa­sos de xi­gan­te»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EN PORTADA - F. Fer­nán­dez

A em­pre­sa­ria di­ri­xe a plan­ta que máis pe­llets pro­du­ce en Es­pa­ña, si­tua­da nas Pon­tes. É un­ha das catro que se de­di­can en Ga­li­cia a un ne­go­cio aín­da non con­so­li­da­do, pe­ro que dei­xou atrás os ma­los mo­men­tos e que em­pe­za a des­pun­tar gra­zas á re­cu­pe­ra­ción do con­su­mo. Pardo re­sal­ta que os in­cen­ti­vos da Xun­ta pa­ra ins­ta­lar cal­dei­ras de bio­ma­sa en fo­ga­res e in­dus­trias son esen­ciais pa­ra o des­pe­gue do sec­tor

Luz Pardo Longueira (A Co­ru­ña, 1968) di­ri­xe a fá­bri­ca que máis pe­llets pro­du­ce en Es­pa­ña, Bio­ma­sa Fo­res­tal, nas Pon­tes, que em­pre­ga a 28 ope­ra­rios, fac­tu­ra dez mi­llóns e da que es­te ano sai­rán 70.000 to­ne­la­das. A me­ta­de irá á ex­por­ta­ción. Pardo pre­si­de ade­mais a Aso­cia­ción Es­pa­ño­la de Pro­duc­to­res de Pe­llets (Apro­pe­llets).

—Can­to desapro­vei­ta Ga­li­cia a súa bio­ma­sa fo­res­tal?

—Den­de lo­go po­de­ría­se apro­vei­tar moi­to máis, si, pe­ro xa sa­be­rá que a Xun­ta ten un plan de fo­men­to da bio­ma­sa con in­cen­ti­vos pa­ra a ins­ta­la­ción de cal­dei­ras en edi­fi­cios pú­bli­cos e fo­ga­res que es­tá con­tri­buín­do ao des­pe­gue do sec­tor.

—Por que non se desen­vol­veu an­tes?

—É un com­bus­ti­ble de pro­xi­mi­da­de, ba­ra­to e cun pre­zo es­ta­ble, que acos­tu­ma su­bir o mes­mo que o IPC. Pe­ro hai tres ou catro anos hou­bo un pa­rón im­por­tan­te por­que cae­ron moi­to os pre­zos dos com­bus­ti­bles fó­si­les, pe­ro es­ta­se re­cu­pe­ran­do o con­su­mo.

—Can­tas fá­bri­cas te­rían que abrir pa­ra apro­vei­tar to­da a bio­ma­sa fo­res­tal galega?

—En Es­pa­ña so­mos un­has trin­ta e pi­co cun ta­ma­ño in­dus­trial; en Ga­li­cia, catro, que es­te ano pro­du­ci­rán en­tre 120.000 e 140.000 to­ne­la­das. E to­das te­mos a ca­pa­ci­da­de pa­ra pro­du­cir tres ve­ces máis se fi­xe­ra fal­ta. Así que, máis que abrir ou­tras, o im­por­tan­te é que vaia me­dran­do a pro­du­ción ao mes­mo rit­mo que a de­man­da. É bo ter un­has fá­bri­cas cun­ha pro­du­ción sos­ti­ble. As pe­que­ni­ñas non son ren­di­bles, ese foi un dos erros do pa­sa­do, mon­tá­ron­se moi­tas, pe­ro de moi pou­ca ca­pa­ci­da­de. O que que­re­mos é que as que es­tán, que ve­ñen de su­frir moi­to nes­tes anos pa­sa­dos, se­xan ren­di­bles. As que pe­cha­ron fi­xé­rono en par­te por pro­ble­mas eco­nó­mi­cos. Aín­da so­mos un sec­tor moi in­ma­tu­ro, pe­ro que es­tá evo­lu­cio­nan­do a pa­sos de xi­gan­te, por­que a xen­te ten ca­da vez máis cla­ro que o pe­llet ten que ser cer­ti­fi­ca­do, que­re sa­ber a ori­xe, on­de se pro­du­ce.

—Can­to em­pre­go xe­ran?

—En Bio­ma­sa Fo­res­tal te­mos 28 tra­ba­lla­do­res, nou­tra me­dia­na, 16... Pe­ro non se po­de fa­lar só de postos di­rec­tos, por­que nós pre­ci­sa­mos 150.000 to­ne­la­das de ma­dei­ra, e se con­tas a man de obra ne­ce­sa­ria pa­ra cor­ta­la, tras­la­da­la... Cal­cú­la­se que por ca­da no­ve em­pre­gos do sec­tor fo­res­tal, hai un no dos com­bus­ti­bles fó­si­les con­ven­cio­nais.

—Que ma­te­ria pri­ma usan e de on­de vén?

—Usa­mos res­tos de piñeiro e dou­tras ma­dei­ras co­mo sal­guei­ro ou cho­po. Te­mos to­dos os cer­ti­fi­ca­dos de sos­ti­bi­li­da­de, e te­mos que ga­ran­tir que to­da a ma­dei­ra que se cor­ta se re­plan­ta. E co­mo te­mos ade­mais o se­lo Ga­li­cia Ca­li­da­de, o 80 % da ma­te­ria pri­ma é galega, in­clu­so sa­be­mos ata de que mon­te vén. Ca­se o 100 % do no­so abas­te­ce­men­to faino o gru­po Greenalia, que ade­mais é ac­cio­nis­ta de Bio­ma­sa Fo­res­tal (15 %).

—Que afo­rro po­de aca­dar un fo­gar cun­ha cal­dei­ra de pe­llets?

—O afo­rro es­tá arre­dor do 40 ou 45 %, que no ca­so dun­ha vi­ven­da uni­fa­mi­liar es­ta­mos fa­lan­do de 400 ou 500 eu­ros ao ano, fron­te ao me­llor 700 se é cal­dei­ra de ga­só­leo.

—O gru­po Ges­tán [do que Pardo é con­se­llei­ra delegada] com­prou a fá­bri­ca das Pon­tes no 2012, en pleno cé­nit da cri­se...

—Uns des­ce­re­bra­dos (ri­sas). Fo­mos va­len­tes por­que vi­mos un­ha opor­tu­ni­da­de. A ver, o no­so gru­po es­ta­ba sa­nea­do, so­mos un­ha em­pre­sa fa­mi­liar e iso nó­ta­se, ti­ña­mos uns afo­rros e pen­sa­ba­mos, co­mo ago­ra, que o sec­tor dos bio­com­bus­ti­bles ti­ña fu­tu­ro. E es­ta­mos moi con­ten­tos, es­ta­mos li­de­ran­do o mer­ca­do na­cio­nal.

—Pe­ro, dá­lles be­ne­fi­cios?

—Aín­da non, pe­ro es­pe­ra­mos te­los xa es­te ano. Can­do che­ga­mos a si­tua­ción era com­pli­ca­da, máis do que pen­sa­ba­mos, pe­ro apos­ta­mos fir­me­men­te po­la em­pre­sa, e a Xun­ta ta­mén. Le­va­mos in­ves­ti­dos uns tres mi­llóns. Ago­ra es­ta­mos tra­ba­llan­do pa­ra di­ver­si­fi­car a pro­du­ción pa­ra fa­cer, por exem­plo, o lei­to hi­xié­ni­co de ani­mais.

—Ai si?

—Fa­ce­mos ta­mén un ab­sor­ben­te que subs­ti­túe a area pa­ra os ani­mais do­més­ti­cos, é un pe­llet cun al­to po­der de ab­sor­ción, es­tá­mo­lo ven­den­do xa no mer­ca­do. Es­ta­mos ta­mén cun pro­xec­to xun­to coa Uni­ver­si­da­de de Santiago pa­ra usa­lo a ni­vel in­dus­trial en gran­xas, so­bre to­do de po­los, pa­ra ca­ma­das. O pro­ble­ma do pe­llet pa­ra ca­le­fac­ción é que é un­ha ac­ti­vi­da­de es­ta­cio­nal, e is­to per­mí­te­nos ter un pro­du­to de con­su­mo re­gu­lar. Can­do me­llor pro­du­ci­mos é no ve­rán, pe­ro non hai de­man­da; e can­do máis ven­de­mos é no in­verno, can­do a no­sa ca­pa­ci­da­de de pro­du­ción se que­da pe­que­na.

—E co­mo fan?

—Fa­bri­ca­mos e al­ma­ce­na­mos, iso ten un cus­to fi­nan­cei­ro im­por­tan­te, e por iso aín­da non te­mos be­ne­fi­cios. Ne­ce­si­ta­mos apoio pa­ra fa­bri­car e al­ma­ce­nar seis me­ses ao ano pa­ra ven­der os ou­tros seis.

—Pe­ro é ren­di­ble fa­bri­car pe­llets?

—Ho­nes­ta­men­te, creo que si vai ser ren­di­ble, es­pe­ro que den­de es­te ano en dian­te, por­que em­pe­za a ha­ber un con­su­mo es­ta­ble, non só aquí, ta­mén nos paí­ses do no­so con­torno, por­que is­to é un mer­ca­do eu­ro­peo. Do 2011 ao 2017, o con­su­mo pa­sou en Es­pa­ña de 100.000 a 600.000 to­ne­la­das. E o pa­sa­do, a ven­da de es­tu­fas e cal­dei­ras me­drou un 40 %, e a pro­du­ción de pe­llets, en­tre un 12 e un 15 %. É un mer­ca­do cre­cen­te.

O pe­llet su­pón un afo­rro en ca­le­fac­ción de arre­dor do 40 ou 45 % pa­ra un­ha vi­ven­da uni­fa­mi­liar»

| MAR­COS MÍ­GUEZ

Pardo Longueira di­ri­xe Bio­ma­sa Fo­res­tal, nas Pon­tes, e pre­si­de a pa­tro­nal na­cio­nal de fa­bri­can­tes de pe­llets.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.