Cán­di­do Pa­zó, au­tor y di­rec­tor de «Fi­llos do sol», acu­de a Pon­te­ce­so con su obra

«Fi­llos do Sol», obra so­bre os úl­ti­mos anos de Pon­dal, che­ga­rá es­ta noi­te ao Ci­clo de Tea­tro de Pon­te­ce­so, que ce­le­bra 25 anos

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - PORTADA - V. COU­TO. P. BLAN­CO

O 25.º Ci­clo de Tea­tro de Pon­te­ce­so re­ci­bi­rá ho­xe (22.30, Edi­fi­cio das Es­co­las, 3,06 eu­ros) á com­pa­ñía Con­tra­pro­du­cións e á súa obra Fi­llos do Sol.

Un­ha re­pre­sen­ta­ción es­pe­cial, sen dú­bi­da, da­do que es­ta é a te­rra do pro­ta­go­nis­ta da obra, o poe­ta Pon­dal. Fa­lou on­te en Ra­dio Voz o di­rec­tor da pe­za, o re­co­ñe­ci­do Cán­di­do Pa­zó.

—Do­ble pre­sen­za te­rá Con­tra­pro­du­cións no Ci­clo de Pon­te­ce­so, en reali­da­de.

—Si, por un la­do es­tá Fi­llos do Sol, so­bre os úl­ti­mos anos de Pon­dal. Por ou­tro, Com­me­dia: hai 25 anos que se fi­xo e que se re­pre­sen­tou en Pon­te­ce­so, así que esa coin­ci­den­cia ta­mén xus­ti­fi­ca a pre­sen­za dese es­pec­tácu­lo [o vin­dei­ro sá­ba­do, día 17].

—«Fi­llos do Sol» vén á ca­sa.

—Es­ta­ba agar­dan­do es­ta fun­ción, por­que ten moi­to sig­ni­fi­ca­do.

É bo­ni­to que o tex­to soe en te­rreos pon­da­lia­nos.

—Co­mo di­rec­tor e au­tor, crear a obra se­ría un­ha apren­di­za­xe.

—No meu ca­so, sen dú­bi­da, por­que eu non era nin moi­to me­nos un­ha per­soa es­pe­cia­lis­ta en Pon­dal. Den­tro do Re­xur­di­men­to, con­fe­so, sa­bía máis de Cu­rros ou de Ro­sa­lía. Can­do se me pi­de por par­te do FIOT de Car­ba­llo e máis da Fun­da­ción Pon­dal que es­cri­ba so­bre is­to, pú­xen­me a bu­cear esa obra pa­ra em­pa­par­me e ato­par un fío do que ti­rar.

—¿Que aco­lli­da es­tá ten­do?

—Moi boa. Pen­so que con­se­gui­mos o que eu pre­ten­día, que a pe­za fo­se ho­ri­zon­tal to­can­te ó pú­bli­co, que pui­de­se in­tere­sar ao máis in­te­lec­tual­men­te for­ma­do, pe­ro ta­mén a ou­tro máis bá­si­co por así di­ci­lo. For­xar un­ha re­la­ción, re­fle­xio­nar e di­ver­tir­se a un tem­po co es­pec­tácu­lo, de xei­to que fo­se o máis de­mo­crá­ti­co po­si­ble en ter­mos de re­cep­ción.

—«Com­me­dia» foi re­pre­sen­ta­da, co­mo dixo, na pri­mei­ra edi­ción des­te Ci­clo de Tea­tro.

—Foi! E es­tá por alí o car­te­li­ño, que sim­pá­ti­co! Deu­se a coin­ci­den­cia de que o Ci­clo fai 25 anos e nós ta­mén. In­clu­so hai ou­tra máis, o pro­ta­go­nis­ta é de Cor­me. Que­ren en Pon­te­ce­so fa­cer un au­di­to­rio, e nós ani­má­mo­los. Ire­mos nes­ta oca­sión ao edi­fi­cio das es­co­las, pe­ro non im­por­ta o lu­gar se hai boa dis­po­si­ción por par­te dos ac­to­res, e hai­na, e por par­te do pú­bli­co, que ta­mén sei que vai ha­ber por­que te­mos es­ta­do alí nou­tra oca­sións. Ten­do is­to, un con­ver­te nun tea­tro cal­que­ra lu­gar.

—¿Que é «Com­me­dia»?

—Un es­pec­tácu­lo de co­me­dia dell’ar­te, ese xé­ne­ro ita­liano. Un es­pec­tácu­lo moi di­ver­ti­do e de es­té­ti­ca moi vi­sual, con moi­ta mú­si­ca en di­rec­to. Non hai ida­des pa­ra dis­fru­tar del.

J. M. CA­SAL

Cán­di­do Pa­zó.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.