Ma­til­de Vi­la­ri­ño, un con­vi­te pa­ra ho­xe

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA - Bea­triz Romero

Ho­xe, sá­ba­do 10 de no­vem­bro, o au­di­to­rio do con­ce­llo de Ca­ba­na aco­lle a pre­sen­ta­ción da obra Poe­mas que non fo­ron ao lu­me, de Ma­til­de Vi­la­ri­ño. O ac­to es­tá pre­vis­to pa­ra as 17.00 ho­ras e agár­da­se a pre­sen­za de Va­len­tín Gar­cía, se­cre­ta­rio xe­ral de Po­lí­ti­ca Lin­güís­ti­ca da Xun­ta, e Omar Ra­bu­ñal, que pro­xec­ta­rá a pe­za No me­llor da vi­da, na que fi­gu­ra a au­to­ra.

Ma­til­de Vi­la­ri­ño Po­se (1944, Dom­ba­te) non lem­bra can­do co­me­zou a es­cri­bir poe­sía. Xa an­tes de apren­der a es­cri­bir, na es­co­la de Can­duas, gus­tá­ba­lle me­mo­ri­zar os poe­mas que os seus com­pa­ñei­ros maio­res re­ci­ta­ban. A par­tir de­les crea­ba as súas pro­pias co­plas. As ma­te­má­ti­cas nun­ca lle gus­ta­ron, pe­ro na es­co­la na­mo­rou­se da lec­tu­ra, un­ha afec­ción que aín­da con­ser­va.

Ata o ano 2010 nin­guén sa­bía que ela es­cri­bía poe­sía, xa que quei­ma­ba to­dos os poe­mas pa­ra que non os des­cu­bri­ran. Du­ran­te moi­tos anos ago­chou a súa ar­te por me­do ao re­xei­ta­men­to. Co­mo ela mes­ma lem­bra, eran ou­tros tem­pos e a cul­tu­ra non era ben vis­ta.

Un día es­ta­ba fa­cen­do a co­mi­da e es­cri­bin­do poe­sía can­do ti­vo que saír co­ller o pan. Men­tres tan­to, o seu ne­to Eloi des­cu­briu o tex­to e im­pe­diu­lle guin­da­lo ao lu­me. En prin­ci­pio ía fi­car co­ma un se­gre­do en­tre ne­to e avoa, pe­ro ,can­do reuniu un fei­xe de poe­mas, Eloi en­si­nou­llos a seu ir­mán pa­ra co­me­zar a pa­sa­los a or­de­na­dor. Pou­co a pou­co a súa obra foi­se fa­cen­do pú­bli­ca e no 2013 Ma­til­de con­tou a súa his­to­ria no pro­gra­ma No me­llor da vi­da, da Te­le­vi­sión de Ga­li­cia.

Ago­ra a fa­ma de Ma­til­de che­ga a to­da Ga­li­cia, xa que via­xa to­dos os anos ao bal­nea­rio de Cun­tis. De­di­cou­lle va­rios poe­mas á lo­ca­li­da­de pon­te­ve­dre­sa e é moi po­pu­lar en­tre os ve­ci­ños po­la súa ha­bi­li­da­de pa­ra con­tar con­tos. Así mes­mo, re­ci­be en­car­gos pa­ra de­di­car­lle ver­sos a ne­nos que van fa­cer a pri­mei­ra co­mu­ñón e pa­re­llas que van ca­sar.

Ma­til­de só fai poe­mas das cou­sas que lle gus­tan e lé­va­lle pou­co tem­po com­ple­ta­los se non a in­ter­rom­pen. Ela go­za moi­to fa­cén­doos e con­si­dé­rao o seu vi­cio. Ins­pí­ra­se nas cou­sas que a ro­dean, os seus ve­ci­ños, as súas via­xes e ta­mén a ac­tua­li­da­de nos xor­nais. O úni­co te­ma que non tra­ta é a mor­te. Poe­mas que non fo­ron ao lu­me re­co­lle un­ha se­lec­ción dos poe­mas de Ma­til­de fei­ta por Ma­ría Ju­lia Ures Villar.

J. M. CA­SAL

Ma­til­de Vi­la­ri­ño pre­sen­ta ho­xe a súa obra «Poe­mas que non fo­ron ao lu­me» no au­di­to­rio de Ca­ba­na: o ac­to se­rá ás 17.00 ho­ras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.