O con­cur­so Con­tos de Na­dal de La Voz ba­te ré­cord de tex­tos pre­sen­ta­dos

Des­de 14 co­le­xios da Costa da Mor­te fi­xé­ron­se che­gar 253 crea­cións li­te­ra­rias

La Voz de Galicia (Carballo) - Carballo local - - BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA - P. B. M.

A crea­ti­vi­da­de li­te­ra­ria dos máis no­vos me­dra vi­zo­sa e pro­ba di­so é o ré­cord de tex­tos pre­sen­ta­dos es­te ano ao con­cur­so Con­tos de Na­dal, or­ga­ni­za­da por La Voz de Ga­li­cia e Radio Voz co pa­tri­mo­nio de EDP Re­ne­wa­bles a tra­vés da Fun­da­ción EDP. Den­de ca­tor­ce cen­tros edu­ca­ti­vos da Costa da Mor­te fi­xé­ron­se che­gar á de­le­ga­ción do xor­nal en Car­ba­llo un to­tal de 253 crea­cións, ci­fra que su­pera os 238 do ano 2016, que era o que os­ten­ta­ba o ré­cord ata o de ago­ra. Re­ci­bi­dos to­dos es­tes tex­tos e un­ha vez li­dos e va­lo­ra­dos polo xu­ra­do —in­te­gra­do polo avo­ga­do e di­vul­ga­dor Jo­sé An­to­nio An­dra­de e Xosé Amei­xei­ras, Ve­ró­ni­ca Cou­to e Pa­tri­cia Blan­co—, se­rá ma­ñá mes­mo can­do se co­ñe­zan os ga­ña­do­res.

De en­tre os 253 con­tos se­rán se­lec­cio­na­dos dez: to­dos eles re­ci­bi­rán di­plo­mas e, os tres me­llo­res pun­tua­dos, le­va­rán o pri­mei­ro, se­gun­do e ter­cei­ro pre­mio. A en­tre­ga de ga­lar­dóns se­rá o sá­ba­do 15 de de­cem­bro, no Cen­tro Ar­queo­ló­xi­co do dol­men de Dom­ba­te.

Os cen­tros

Par­ti­ci­pan es­te ano os co­le­xios Ca­no­sa-Rus (Car­ba­llo), Ma­nue­la Rial Mou­zo (Cee), A Cris­ti­na (Car­ba­llo), Fo­gar (Car­ba­llo), Bor­moio-A Agua­la­da (Co­ris­tan­co), Xesús San Luís Ro­me­ro (Car­ba­llo), Praia de Quen­xe (Cor­cu­bión), A Gán­da­ra-So- fán (Car­ba­llo), Al­cal­de Xosé Pi­chel (Co­ris­tan­co), La­bar­ta Po­se (Baio), San­ta Eu­la­lia (Dum­bría), As Re­vol­tas (Ca­ba­na), Vi­lar­mi­de (Mu­xía) y Mar de Fó­ra (Fis­te­rra).

Con es­tes ca­tor­ce cen­tros edu­ca­ti­vos, Con­tos de Na­dal che­ga es­te ano á súa 15.ª edi­ción. É un cer­ta­me xa con­so­li­da­do e ao que den­de hai uns anos a es­ta par­te lle saíu un ir­mán me­nor, o cer­ta­me Con­tos de Pri­ma­ve­ra, para alum­na­do de se­cun­da­ria. O con­cur­so de in­verno es­tá di­ri­xi­do a es­co­la­res de se­gun­do ci­clo de pri­ma­ria —ter­cei­ro e cuar­to— e tra­ta de ali­men­tar a súa crea­ti­vi­da­de e de pul­sar o ta­len­to li­te­ra­rio dos máis no­vos. En­tre os tex­tos pre­sen­ta­dos, moi­to Na­dal, pe­ro ta­mén moi­ta pre­sen­za de lu­ga­res e es­pa­zos da Costa da Mor­te.

Que­da ago­ra agar­dar pola re­so­lu­ción, e ta­mén pola en­tre­ga de pre­mios, un ac­to pre­vis­to para as 12.00 ho­ras do sá­ba­do 15 e que acom­pa­ña­rán Ya­go Es­pa­san­dín, Ta­ma­ra Ca­no­sa e Eloy Ma­to.

Ma­ñá co­ñe­ce­ran­se os ga­ña­do­res e a en­tre­ga de pre­mios se­rá o sá­ba­do 15, no dol­men de Dom­ba­te

ANA GAR­CÍA

Al­gúns dos alum­nos pre­mia­dos na úl­ti­ma edi­ción do cer­ta­me li­te­ra­rio Con­tos de Na­dal, a do 2017.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.