4 ra­zóns pa­ra Vic­to­ria Mo­reno

PRO­FE­SO­RA, EDI­TO­RA, FIR­ME DE­FEN­SO­RA DA LIN­GUA GA­LE­GA E SÍM­BO­LO DA IN­COR­PO­RA­CIÓN DA MU­LLER Á VI­DA AC­TI­VA: O PRE­SI­DEN­TE DA RAG RE­SU­ME ASÍ OS VA­LO­RES DA HO­ME­NA­XEA­DA

La Voz de Galicia (Carballo) - Especial1 - - Letras Galegas - Víctor F. Frei­xa­nes

As de­ci­sións da RAG, can­do de­ter­mi­na a per­soa a quen lle de­di­ca o Día das Le­tras, non son inocen­tes. Nin im­pro­vi­sa­das. Res­pon­den a cri­te­rios de ca­li­da­de, de opor­tu­ni­da­de, de con­tex­to e mes­mo sim­bó­li­cos ou de sig­ni­fi­ca­ción. Hai tem­po que, afor­tu­na­da­men­te, as can­di­da­tu­ras son moi va­ria­das, to­das elas con ar­gu­men­ta­cións só­li­das, apoia­das non só po­los aca­dé­mi­cos, que son quen ao ca­bo to­man a de­ci­sión, se­nón mes­mo den­de fó­ra da ins­ti­tu­ción: aso­cia­cións cul­tu­rais, aso­cia­cións de ve­ci­ños, de­par­ta­men­tos uni­ver­si­ta­rios, con­ce­llos, ini­cia­ti­vas par­ti­cu­la­res…. ¿Que mo­veu aos aca­dé­mi­cos e ás aca­dé­mi­cas pa­ra de­sig­nar pa­ra es­te 17 de maio un­ha mu­ller: es­cri­to­ra, pro­fe­so­ra, edi­to­ra, ac­ti­vis­ta cul­tu­ral, que che­ga a nós con 24 anos e com­pro­me­te a súa vi­da coa lin­gua e a cul­tu­ra do país? Ca­tro ra­zóns bá­si­cas, mais as que ca­da lec­tor ou lec­to­ra poi­da con­si­de­rar. Pri­mei­ra, e moi fun­da­men­tal, a súa con­di­ción de pro­fe­so­ra, ac­ti­vi­da­de que, se­gun­do as súas pro­pias pa­la­bras, de­be­mos an­te­po­ñer a cal­que­ra ou­tra. Pro­fe­so­ra que abre os ollos. Lan­ter­na que alu­mea o ca­mi­ño de va­rias xe­ra­cións de alum­nos ne­sa ida­de ma­ra­bi­llo­sa (com­ple­xa e di­fí­cil) que é a ado­les­cen­cia, ida­de da au­to­de­ter­mi­na­ción persoal, can­do o ser hu­mano em­pe­za a for­mu­lar­se as gran­des pre­gun­tas que lle han dar sen­ti­do á súa vi­da. Da­que­la, alí es­ta­ba a pro­fe­so­ra Ma­ria Vic­to­ria Mo­reno. E os li­bros: a li­te­ra­tu­ra e a lec­tu­ra co­mo o gran ca­mi­ño das des­cu­ber­tas. Ho­me­na­xean­do a Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno a RAG reivin­di­ca, en­xal­za e agra­de­ce o tra­ba­llo de tan­tos pro­fe­so­res e pro­fe­so­ras que den­de o ano­ni­ma­to de ca­da día se­men­tan fu­tu­ro: ho­mes e mu­lle­res pa­ra un­ha so­cie­da­de me­llor.

Pú­bli­cos no­vos

Se­gun­da ra­zón: edi­to­ra e es­cri­to­ra, au­to­ra de ma­te­rial li­te­ra­rio (nos anos 80 so­bre to­do) pa­ra a cons­tru­ción dun pú­bli­co no­vo, ra­pa­ces e ra­pa­zas que des­cu­brían o mun­do a tra­vés dos li­bros, his­to­rias pa­ra emo­cio­nar e mes­mo pa­ra re­fle­xio­nar, pa­ra de­ba­ter nas au­las, pa­ra se­du­cir. Ma­nuel Ma­ría e Car­los Ca­sa­res, a quen a RAG de­di­cou a Fes­ta Gran­de das Le­tras en edi­cións an­te­rio­res, ta­mén tra­ba­lla­ron moi cons­cien­te­men­te nes­ta di­rec­ción. Ma­ría Vic­to­ria, xun­to con Da­vid Ote­ro e An­to­nio Gar­cía Tei­jei­ro , di­ri­xiu a co­lec­ción Ár­bo­re de Ga­la­xia, que na­ceu na­que­las da­tas pa­ra for­ne­cer de tex­tos e ma­te­rial no­vo os pri­mei­ros lec­to­res. Anag­nó­ri­se (1988) se­gue a ser un li­bro ex­tra­or­di­na­ria­men­te efi­caz pa­ra ado­les­cen­tes. Ter­cei­ra ra­zón: o fei­to de que, non na­cen­do en Ga­li­cia, se in­cor­po­ra­se ac­ti­va­men­te á lin­gua, á cul­tu­ra e á cau­sa co­lec­ti­va do país. Non sei se é un mé­ri­to de­la ou un mé­ri­to no­so, do país, que aínda ten es­ta ca­pa­ci­da­de de se­du­ción. Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno non é a úni­ca es­cri­to­ra (ou es­cri­tor) que se in­cor­po­ra ac­ti­va­men­te ás no­sas le­tras e á no­sa lin­gua vin­do den­de fó­ra de Ga­li­cia e que, ten­do opor­tu­ni­da­de de desen­vol­ver a súa ac­ti­vi­da­de de xei­to exi­to­so e se ca­dra eco­nó­mi­ca e so­cial­men­te bas­tan­te máis gra­ti­fi­can­te en es­pa­zos cul­tu­rais e de­mo­grá­fi­cos máis am­plos, apos­ta por ser un­ha de nós. De se­gu­ro que o lec­tor ten na ca­be­za va­rios no­mes. Non qui­xe­ra dei­xar nin­gún fó­ra. Cuar­ta ra­zón, que non é un­ha ra­zón me­nor. Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno é a cuar­ta es­cri­to­ra (en­tre 55 ce­le­bra­cións!) á que se lle de­di­ca o Día das Le­tras Ga­le­gas. Non é cues­tión de par­ti­llas, nin de an­dar a ren­der tri­bu­tos par­vos ao po­li­ti­ca­men­te co­rrec­to, aínda que per­soal­men­te non ago­cho a ne­ce­si­da­de de desen­vol­ver po­lí­ti­cas proac­ti­vas de sig­ni­fi­ca­ción da mu­ller no dis­cur­so cul­tu­ral, so­cial, eco­nó­mi­co, uni­ver­si­ta­rio, em­pre­sa­rial, or­ga­ni­za­ti­vo, cien­tí­fi­co na Ga­li­cia des­te sécu­lo XXI. É un­ha cues­tión de prin­ci­pios ele­men­tais, co­ma quen ten ollos na ca­ra. A in­cor­po­ra­ción da mu­ller á vi­da ac­ti­va, de xei­to re­le­van­te, non di­si­mu­la­do, é un dos fac­to­res máis sig­ni­fi­ca­ti­vos dos úl­ti­mos 40 anos, ta­mén na li­te­ra­tu­ra, moi prin­ci­pal­men­te ne­se xé­ne­ro no­vo, que fru­ti­fi­ca den­de a dé­ca­da dos 80 pa­ra acó, e que de­no­mi­na­mos LIX (Li­te­ra­tu­ra In­fan­til e Xu­ve­nil), con au­to­res e obras re­co­ñe­ci­das den­tro e fó­ra de Ga­li­cia. Tam­pou­co nes­te ám­bi­to que­ro dar no­mes. Es­tán na men­te de to­dos. Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno re­pre­sen­ta ta­mén, xun­to coas ra­zóns an­te­rio­res, o re­co­ñe­ce­men­to das mu­lle­res na vi­da real do país, ne­ce­sa­rio (e irre­ver­si­ble) pa­so ca­ra á no­va mo­der­ni­da­de.

Foi un­ha lan­ter­na que alu­meou o ca­mi­ño de va­rias xe­ra­cións de alum­nos na ado­les­cen­cia É ta­mén un re­co­ñe­ce­men­to das mu­lle­res na vi­da real do país, un pa­so ca­ra á no­va mo­der­ni­da­de

O pre­si­den­te da RAG, Víctor Fer­nán­dez Frei­xa­nes, na pre­sen­ta­ción do pro­xec­to «As mi­ñas pri­mei­ras Le­tras Ga­le­gas cos Bolechas», de­di­ca­do a Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.