Ve­te­ra­nía y sa­via nue­va en la or­ga­ni­za­ción

Or­ques­tras pa­ra to­dos os pú­bli­cos e moi­ta dis­po­si­ción pa­ra o Car­me de Zas

La Voz de Galicia (Carballo) - Especial1 - - Portada - VE­RÓ­NI­CA COU­TO LA VOZ

A co­mi­sión de fes­tas de Zas es­tá for­ma­da por un gru­po de mo­zos da lo­ca­li­da­de, gra­zas a eles man­ten­se vi­va a tra­di­ción de ce­le­brar a fes­ti­vi­da­de do Car­me. Fo­ron che­gan­do a co­mi­sión en di­fe­ren­tes mo­men­tos, de fei­to, es­te mes­mo ano aca­ban de in­cor­po­rar un­ha no­va in­te­gran­te, Ain­hoa Gon­zá­lez. Sú­ma­se así a Da­niel Ma­ta, Jor­ge Rey e Ma­nuel Tou­ri­ñán.

O máis ve­te­rano ao fron­te das fes­tas, con 8 anos xa as cos­tas, é Da­niel Ma­ta, que di: «Se a xen­te vai aguan­tan­do nós ire­mos aguan­tan­do ta­mén na co­mi­sión». A maio­ría dos ve­ci­ños res­pon­den po­si­ti­va­men­te a tan­to tra­ba­llo: «Real­men­te hai xen­te que cho agra­de­ce moi­to, que dá gus­to ve­los to­dos os días por aí e ir­lle pe­dir po­las ca­sas, iso va­ló­ra­se moi­to. Ta­mén hai os tí­pi­cos dous ou tres que se fo­se por eles non se fa­ría na­da, pe­ro a gran maio­ría son boas noticias e boas ca­ras, de fei­to sen con- tar con eles non se po­de­ría fa­cer de nin­gun­ha ma­nei­ra, sen os ve­ci­ños se­ría in­via­ble, co­la­bo­ran moi­tí­si­mo». A doa­zón dos ve­ci­ños, xun­to coa ven­ta de lo­te­ría e o que se fai na can­ti­na da fes­ta, é a prin­ci­pal fon­te de fi­nan­cia­men­to da fes­ta .

Vivir as fes­tas den­de o la­do or­ga­ni­za­ti­vo trae con­si­go de­di­car­lle máis tem­po, na ca­sa, na de Da­niel «xa es­tán afei­tos, non con­tan co­mi­go, ás ca­tro da tar­de có­me­se, o que es­tea co­me e o que non co­me can­do che­gue da se­sión ver­mú», bro­mea.

So­bre o me­llor mo­men­to pa­ra os mem­bros da co­mi­sión, Ma­ta teno cla­ro, can­do xa os ner­vios ini­ciais pa­sa­ron: «Real­men­te é gra­ti­fi­can­te can­do to­do vai saín­do ben, can­do non cho­ve, can­do fas o que es­pe­ra­bas e non que­das col­ga­do de di­ñei­ro, ta­mén o úl­ti­mo día da fes­ta se vi­ve sem­pre con un es­pe­cial en­tu­sias­mo, xa sa­bes co­mo saíu e ata o ano que vén non vol­ve a to­car», di.

Co­mo no­vi­da­de, e de­bi­do a que as vés­pe­ras caen en do­min­go, o día an­tes da fes­ti­vi­da­de do Car­men ta­mén te­ñen se­sión ver­mú, de fei­to, den­de a co­mi­sión pen­san que vai a ser o día de máis afluen­cia, «po­si­ble­men­te o do­min­go a me­dio­día se­xa o día máis for­te, o luns e o mar­tes moi­ta xen­te tra­ba­lla­rá e ade­mais vi­mos da fin de se­ma­na».

FO­TO ANA GAR­CÍA

A co­mi­sión de fes­tas, coa úl­ti­ma in­cor­po­ra­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.