OS AL­BER­GUES MÁIS BO­NI­TOS

A INI­CIA­TI­VA PRI­VA­DA CREOU OBRAS DE AR­TE MO­DERNO, CO­MO O BELA MU­XÍA, E A PÚ­BLI­CA ANÓTASE A RE­CU­PE­RA­CIÓN DE SÍM­BO­LOS CO­MO A CA­SA GRAN­DE DE LUSÍO

La Voz de Galicia (Carballo) - Especial1 - - PORTADA - TEX­TO: CRIS­TÓ­BAL RA­MÍ­REZ

Mi­llei­ros de hos­pi­tais pa­ra pe­re­gri­nos abri­ron as súas por­tas en Eu­ro­pa na épo­ca me­die­val. A ria­da de per­soas —moi maio­ri­ta­ria­men­te ho­mes— que se di­ri­xían a Com­pos­te­la den­de os pun­tos máis re­cón­di­tos, por exem­plo Tur­ku (Finlandia) ou Is­lan­dia, obri­gou a le­van­tar un­ha in­fra­es­tru­tu­ra que hoxe cha­ma­ria­mos hos­ta­lei­ra. E aque­les hos­pi­tais pa­ra pe­re­gri­nos (e pa­ra po­bres) nos que se da­ba pa­ra cear gra­tui­ta­men­te e se cu­ra­ban pe­que­nas e gran­des fe­ri­das pro­lon­gá­ron­se ata o sécu­lo XXI. Ago­ra chá­man­se al­ber­gues, e hoxe co­mo on­te com­par­ten es­pa­zo eco­nó­mi­co e fí­si­co coa ini­cia­ti­va pri­va­da. Por­que vis­to o gran éxi­to da Xun­ta en 1993 abrin­do albergue tras albergue, esa ini­cia­ti­va pri­va­da me­drou dun xei­to ex­po­nen­cial e sen ela hoxe en día se­ría im­po­si­ble ex­pli­car o éxi­to dos Camiños den­de o pun­to de vis­ta cuan­ti­ta­ti­vo. Se­lec­cio­nar al­gún dos pri­va­dos é, sen nin­gun­ha dú­bi­da, co­me­ter un­ha in­xus­ti­za. Pe­ro pou­cos poden igua­lar o deseño do Bela Mu­xía, que co­mo o seu no­me xa apun­ta se ato­pa ne­sa lo­ca­li­da­de mariana re­con­ver­ti­da en xa­co­bea e vi­si­ta­da qui­zais por máis pe­re­gri­nos es­tran­xei­ros que es­pa­ñois. Ou­tro que se me­re­ce un­ha men­ción é As Ei­ras, en Li­res. Ou se­xa, en­tre Mu­xía e Fis­te­rra, xus­to a me­dio ca­mi­ño. Es­tá in­te­gra­do nun­ha pen­sión ru­ral que ta­mén ofre­ce ha­bi­ta­cións tra­di­cio­nais. O albergue, moi no­vo, ten ca­tro es­pa­zos con li­tei­ras, un­ha co­ci­ña e un­ha pe­que­na sa­la. E un­has

vis­tas ma­ra­bi­llo­sas so­bre a ría de Li­res, a máis pe­que­na de Ga­li­cia e, es­tá cla­ro, en pleno co­ra­zón da Cos­ta da Mor­te. Dos pú­bli­cos, o máis en­co­mia­do é o de Ri­ba­di­so, en Ar­zúa (Ca­mi­ño Fran­cés), posto que ao seu ex­ce­len­te deseño se une a his­to­ria: den­de a Ida­de Me­dia eses edi­fi­cios son tal cou­sa, hos­pi­tal de pe­re­gri­nos. O río Iso bor­déaos e con­vér­te­se en lu­gar de re­la­xo de pés e per­nas das per­soas (máis dun mi­llei­ro dia­rias nes­te re­ma­te de xu­llo) que per­co­rren esa ru­ta xa­co­bea. Cla­ro que o pri­mei­ro que se ato­pan os pe­re­gri­nos en Ga­li­cia non é ese, se­nón o do Ce­brei­ro, de ma­nei­ra que é es­te o máis po­pu­lar. Gran­de pe­ro sem­pre in­su­fi­cien­te no es­tío e en Se­ma­na San­ta, as vis­tas den­de el, cun gran val de mon­ta­ña aos pés, me­ré­cen­se un­ha ma­trí­cu­la de hon­ra. O Ce­brei­ro é ta­mén un san­tua­rio en si mes­mo, tan­to á his­to­ria xa­co­bea co­mo a Elías Va­li­ña, o cre­go que no sécu­lo pa­sa­do re­cu­pe­rou pa­ra o fu­tu­ro o Ca­mi­ño de San­tia­go (os seus fa­mi­lia­res re­xen­tan un par de ne­go­cios ne­sa em­ble­má­ti­ca al­dea na cal se ato­pa o es­ta­ble­ce­men­to hos­ta­lei­ro máis an­ti­go do mun­do: a hos­ta­le­ría,

NA RÍA DE LI­RES, A MÁIS PE­QUE­NA DE GA­LI­CIA, ABRE O DAS EI­RAS

con ori­xes que se remontan ao sécu­lo IX). Ne­se mes­mo Ca­mi­ño Fran­cés, na des­via­ción por Sa­mos, a Xun­ta re­cu­pe­rou no seu mo­men­to un edi­fi­cio no­bre: a Ca­sa Gran­de de Lusío, con­ce­llo de Sa­mos. En­tre que es­te é un ra­mal se­cun­da­rio (aín­da que moi fre­cuen­ta­do gra­zas ao mosteiro), que es­tá de­ma­sia­do pre­to de Tria­cas­te­la e que Lusío non que­da pe­ga­do á ru­ta aín­da que dis­ta pou­co máis de cin­co mi­nu­tos, non é dos máis fre­cuen­ta­dos, pe­ro si dos máis im­pre­sio­nan­tes. Pe­ro ta­mén ru­tas an­tes con­si­de­ra­das de se­gun­do ni­vel e que ago­ra desen­vol­ven o seu po­ten­cial, co­mo o cha­ma­do Ca­mi­ño In­glés (bi­cé­fa­lo; par­te da Co­ru­ña e de Fe­rrol), te­ñen al­gúns al­ber­gues que pa­ga a pe­na ad­mi­rar. Un de­les é o de Bru­ma, pou­co des­pois de on­de se xun­tan esas dúas pó­las. Non é moi gran­de, e es­tes días ou se ma­dru­ga ou po­de es­tar cheo. Bru­ma é un­ha illa xeo­grá­fi­ca no me­dio do con­ce­llo de Or­des e per­ten­ce ao de Me­sía. En si é un­ha al­deí­ña que ago­ra ten un bar on­de se po­de co­mer. O res­to son un­has pou­cas ca­sas non moi xun­tas, a ca­pe­la de San Lourenzo do

O MOSTEIRO DE OSEI­RA ACOLLE UN ALBERGUE NUN­HA SA­LA QUE É ÚNI­CA

XVI e o precioso albergue, que se fixo apro­vei­tan­do un edi­fi­cio ru­ral tra­di­cio­nal. E in­do á ou­tra pun­ta de Ga­li­cia, ao Ca­mi­ño do Sues­te (ese que aín­da apa­re­ce nal­gun­has pu­bli­ca­cións co erró­neo no­me de Vía da Pra­ta), o ra­mal que pa­sa por Ve­rín ofre­ce nes­ta lo­ca­li­da­de un albergue cun­ha fa­cha­da que fai abrir a bo­ca. O seu no­me, a Ca­sa do Es­cu­do, ven­lle co­mo anel ao dedo. Pe­ro o máis en­tra­ña­ble é, nun des­vío de­sa mes­ma ru­ta, o albergue do mosteiro de Osei­ra. Den­de lo­go non é un ho­tel de cin­co es­tre­las: é un albergue au­tén­ti­co, con li­tei­ras, ba­ño, mi­cro­on­das e uns car­teis re­li­xio­sos. Pe­ro o pe­re­grino dur­mi­rá nun­ha sa­la co­mo non hai ou­tra no mun­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.