A ME­LLOR WEB DO CA­MI­ÑO

«VI­VE EL CA­MINO» É UN­HA PLA­TA­FOR­MA NA QUE OS PE­RE­GRI­NOS PODEN PLA­NI­FI­CAR A RU­TA, CREAR GRU­POS, COM­PAR­TIR CONTIDOS E MES­MO BUS­CAR AMI­GOS PA­RA GO­ZAR DA EX­PE­RIEN­CIA

La Voz de Galicia (Carballo) - Especial1 - - PORTADA -

Os pe­re­gri­nos e to­das as per­soas que ao lon­go do Ca­mi­ño pres­tan os seus ser­vi­zos aos camiñantes poden com­par­tir as súas ex­pe­rien­cias, pla­ni­fi­car ru­tas e des­can­sos, crear gru­pos pa­ra cu­brir os dis­tin­tos tra­xec­tos ou pu­bli­car as súas fo­tos, ví­deos... en Vi­ve el Ca­mino, —vi­ve­ca­mino. com, a gran rede so­cial da ru­ta xa­co­bea—. Es­ta web e app pa­ra te­lé­fono mó­bil que lan­zou La Voz de Ga­li­cia, dis­po­ñi­ble pa­ra iOS e An­droid, ofre­ce aos seus usua­rios non só to­da a in­for­ma­ción so­bre on­de co­mer e dur­mir, se­nón ta­mén da­tos so­bre ta­lle­res e ten­das de bi­ci­cle­tas, cen­tros de saú­de, fi­sio­te­ra­peu­tas, far­ma­cias... apro­vei­tan­do to­das as po­si­bi­li­da­des que ten a xeo­lo­ca­li­za­ción. Dis­pón, ade­mais, dun­ha axen­da que in­for­ma so­bre as ex­po­si­cións, fes­tas, con­cer­tos e ac­ti­vi­da­des das di­fe­ren­tes pa­ra­das. Ta­mén in­cor­po­ra a fun­ción «Planifica a túa ru­ta», que te axu­da­rá a pro­gra­mar eta­pas. Des­pois po­de­rás re­co­rrer a ela, mes­mo sen co­ne­xión a Internet. «Bus­ca­dor de com­pa­ñei­ros» é ou­tra das utilidades que che per­mi­te lo­ca­li­zar a pe­re­gri­nos que poden coin­ci­dir con­ti­go.

FO­TO PA­CO RO­DRÍ­GUEZ

Un pe­re­grino con­sul­ta o seu mó­bil, on­de po­de ato­par a web e app «Vi­ve el Ca­mino».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.