«O que máis me gus­ta das fes­tas é o apar­ta­do mu­si­cal, ver ou­tras ban­das...»

La Voz de Galicia (Carballo) - Especial1 - - Melodías De Celebración -

Apar­te das de Li­res, o seu lu­gar de na­ce­men­to, as fes­tas da Xun­quei­ra de Cee sem­pre fo­ron «as máis im­por­tan­tes do ano» pa­ra Fer­nan­do Fra­ga (1968). Tin­gui­das de di­ver­sión no seu día, sé­gueno es­tan­do ago­ra, pe­ro «ta­mén de tra­ba­llo»: «Ata que pa­sa o día de to­car non per­des esa ten­sión. É di­cir, hai sen­sa­ción de fes­ta, pe­ro ta­mén de tra­ba­llo». O acor­deo­nis­ta e di­rec­tor da Ban­da an­da ade­mais con ou­tros pro­xec­tos.

— Cee é un­ha vila con lon­ga tra­di­ción de ban­da, mais fá­la­se de fal­ta de re­le­vo. ¿Co­mo ve vos­te­de o fu­tu­ro?

—Den­de o ano 40 ata o 2000, apro­xi­ma­da­men­te, non hou­bo ban­da en Cee. Lo­go de 60 anos vol­veu ha­ber un­ha e ago­ra se­ría im­per­doa­ble que se rom­pe­se ese ca­mi­ño. Pen­so que o úni­co que te­mos que fa­cer é cre­cer e man­ter­nos no tem­po, es­tea quen es­tea ao fron­te, e di­so tra­ta­mos. O mes­mo oco­rre coa Aso­cia­ción Ami­gos da Ban­da. Te­rá que ha­ber un re­le­vo, pen­so.

— ¿E can­do pa­sa o mo­men­to do con­cer­to da ban­da e se re­la­xa? ¿Lo­go de que dis­fru­ta máis nes­tas ce­le­bra­cións?

—O que máis me gus­ta é o apar­ta­do mu­si­cal, pe­ro non o das or­ques­tras, aín­da que to­do ten que ter o seu es­pa­zo, se­nón o das ou­tras ban­das ou o dal­gún gru­po mu­si­cal. Po­der ir tran­qui­lo e re­la­xa­do ao día se­guin­te... Gús­ta­me.

— Ten en mar­cha un­ha se­rie de gra­va­cións en es­pa­zos em­ble­má­ti­cos da co­mar­ca. ¿Con que máis pro­xec­tos an­da ago­ra?

—Di­ría que, so­bre to­do, con esas gra­va­cións. Le­vo ca­tro ví­deos e a idea é fa­cer al­gún máis. ¡Non se­rá por es­pa­zos na Cos­ta da Mor­te! Reuni­do un nú­me­ro con­si­de­ra­ble, que­re­ría pu­bli­ca­los nun deu­ve­dé-ce­dé. Por ou­tra ban­da, si­go to­can­do ta­mén co gai­tei­ro Ós­car Ibá­ñez: o 24 de agos­to, xus­ta­men­te, ire­mos a un im­por­tan­te fes­ti­val folk en Cá­ce­res. E lo­go xa se reanu­da­rán as cla­ses pa­ra o ano que vén... Es­trea­re­mos ade­mais na cá­te­dra de acor­deón no Con­ser­va­to­rio da Co­ru­ña: con­vo­ca­ron opo­si­cións e ti­ven a sor­te.

— Ta­mén o é pa­ra os ra­pa­ces que quei­ran es­tu­dar acor­deón.

—Si... Eu pa­ra fa­cer iso ti­ven que ir a Ma­drid, e ago­ra hai a opor­tu­ni­da­de de fa­ce­lo na Co­ru­ña. En Ga­li­cia, o úni­co lu­gar.

— ¿Que su­po­rá?

—Un pou­co dar­lle con­ti­nui­da­de a to­dos es­tes anos, por­que eu xa era pro­fe­sor no Con­ser­va­to­rio da Co­ru­ña. Es­ta­ba en co­mi­sión de ser­vi­zo, ata que es­te ano de­ci­di­ron con­vo­car opo­si­cións.

— ¿E con Ós­car Ibá­ñez? Son ac­tua­cións moi dis­tin­tas.

—Mú­si­ca tra­di­cio­nal ga­le­ga e dou­tros paí­ses. El ten un dis­co pu­bli­ca­do, Alén do Mar, e an­da en men­te un se­gun­do. An­da­mos por Ga­li­cia, por al­gún pun­to do res­to de Es­pa­ña...

FOTO JOR­GE PARRI

El con­cier­to de la ban­da mu­ni­ci­pal ceen­se es se­gui­do por una mul­ti­tud el 15 de agos­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.