As más­ca­ras do po­der

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - TEX­TO: DIE­GO AMEIXEIRAS

Se a trans­cen­den­cia e o va­lor dun­ha tra­xec­to­ria li­te­ra­ria se mi­den na sin­gu­la­ri­da­de da voz que a sus­ten­ta, non hai dú­bi­da de que o xor­na­lis­ta Ma­nuel Da­rri­ba ocu­pa un dos lu­ga­res máis des­ta­ca­dos da na­rra­ti­va ga­le­ga con­tem­po­rá­nea. Con­for­ta a pre­sen­za en­tre nós dun au­tor tan arris­ca­do, cohe­ren­te co seu pro­gra­ma es­té­ti­co e alleo aos bai­les da co­mer­cia­li­da­de. Den­de a súa es­trea pa­ra adul­tos con Ou­to­nos es­pec­ta­cu­la­res, pu­bli­ca­da hai xa vin­te anos, ata es­te agar­da­do re­gre­so ás li­bra­rías con Ele­fan­te, o xor­na­lis­ta sa­rriao vén de­mos­tran­do que con­se­gue co­ci­ñar con ex­tre­ma apli­ca­ción as súas en­tre­gas, sem­pre a lu­me len­to, e que non é com­pra­cen­te con to­da esa le­ria in­to­xi­can­te que cha­ma a fa­ci­li­tar­lle o ca­mi­ño ao lec­tor. Ele­fan­te, afor­tu­na­da­men­te, xo­ga en cam­po con­tra­rio. Son seis his­to­rias, dúas no­ve­las cur­tas e ca­tro re­la­tos on­de se nos pre­sen­ta, en­tre ou­tras mu­ni­cións de car­ga alu­si­va, un­ha sor­te de pa­rá­bo­la pun­xen­te cos pro­ce­de­men­tos do po­der e a cons­tru­ción das iden­ti­da­des cul­tu­rais. Non se de­tén Da­rri­ba no ac­ce­so­rio nin no pa­rá­gra­fo re­sa­bi­do. Fur­ga na com­ple­xi­da­de que su­pón ar­te­llar dis­cur­sos de di­si­den­cia e no xei­to en que pro­xec­ta­mos a no­sa olla­da no mun­do. Un co­me­za a ler es­te Ele­fan­te e en­ten­de que o le­van de pa­seo por un es­pa­zo on­de o real se en­tre­ga des­do­bra­do, ocul­to por un­ha capa de sig­ni­fi­ca­cións re­ve­la­do­ras. Son cen páxinas ves­ti­das de sim­bo­lis­mo e cun­ha ex­ce­len­te pro­sa que non du­bi­da da no­sa com­pren­sión lec­to­ra. Literatura pa­ra nos desarrou­par.

ELE­FAN­TE AU­TOR MA­NUEL DA­RRI­BA EDITORIAL XERAIS

104 PÁXINAS. 14,60 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.