«Fe­dra», mo­nu­men­tal es­pec­tácu­lo

Un­ha his­to­ria por e so­bre o fe­mi­nis­mo que con­vi­da ao de­ba­te. Rit­mos ex­ce­len­tes, ver­sá­til es­ce­no­gra­fía e boa in­ter­pre­ta­ción

La Voz de Galicia (Carballo) - - LA VOZ DE GALICIA - JO­SÉ MA­RÍA DE LA VI­ÑA VA­RE­LA

Mar­ta Bu­cha­ca é un­ha dra­ma­tur­ga ca­ta­lá, li­cen­cia­da en Hu­ma­ni­da­des, cun­ha chea de pre­mios no seu ha­ber. Es­ta pe­za fí­xoa a pe­ti­ción dos di­rec­to­res, Jo­sé Luís Are­llano e An­do­ni La­rra­bei­ti. E, pa­ra fa­ce­la, foi­se a Ma­drid a co­ñe­cer e de­ba­ter coas in­tér­pre­tes que lles pe­dían pu­xe­ra nos per­so­na­xes cou­sas que lles ape­te­cía re­pre­sen­tar; co­mo se fo­se un­ha car­ta dos Reis Ma­gos. E lo­go de moi­tas im­pro­vi­sa­cións ini­ciais, re­sul­tou Pla­yoff.

En prin­ci­pio foi re­pre­sen­ta­da nun­ha mo­rea de ins­ti­tu­tos do en­torno de Ma­drid. Moi ben re­ci­bi­da po­la mo­ci­da­de, se­gun­do con­tan. E le­vou o pre­mio Ojo Crí­ti­co de Ra­dio Na­cio­nal de Es­pa­ña, po­las súas enér­xi­cas mon­ta­xes, en col dos ado­les­cen­tes. Un­ha tra­xi­co­me­dia de cor­te fe­mi­nis­ta moi ac­tual, que, coa des­cul­pa do fút­bol (de­por­te es­co­lli­do non inocen­te­men­te), van­se de­graen­do un mon­tón de tó­pi­cos so­bre as mu­lle­res e os com­por­ta­men­tos e nor­mas tá­ci­tas, nun­ha so­cie­da­de oc­ci­den­tal.

Es­te é o ti­po de re­pre­sen­ta­ción tea­tral que, se­gu­ra­men­te, es­per­ta maio­res des­en­con­tros e desacor­dos, no que atin­xe ó te­ma. E ben se­gu­ro que máis de un non vai con­cor­dar coas mi­ñas opi­nións, aquí ver­ti­das. Ca­da per­so­na­xe é un per­fil ca­rac­te­rís­ti­co dal­gún ti­po de mu­ller, das que po­de­ria­mos ato­par, de­co­te, no no­so arre­dor. Se­gu­ra­men­te o/a es­pec­ta­dor/a vai­se ver re­flec­ti­do/a nal­gún de­les, e nal­gun­has si­tua­cións, que ta­mén son en al­gún ca­so, fi­gu­ras de­fi­ni­das, de­bu­xa­das ou desexa­das po­las pro­pias ac­tri­ces, co­mo di­xen an­tes.

E así co­mo no tea­tro clá­si­co, as di­fí­ci­les re­la­cións de pa­re­lla, con pro­fun­dos acen­tos de tra­xe­dia, e no Sécu­lo de Ou­ro es­pa­ñol, a hon­ra, cons­ti­tuían o te­ma fa­vo­ri­to das pe­zas de tea­tro, por po­ñer dous exem­plos, no ac­tua­lí­si­mo tea­tro con­tem­po­rá­neo co­lle ca­da vez máis pu­lo, as con­tra­di­cións e con­tro­ver­ti­das nor­mas dun­ha so­cie­da­de que fai di­fe­ren­zas en­tre os xé­ne­ros, es­pe­cial­men­te la­ce­ran­tes e in­xus­tas coas mu­lle­res. A pre­ten­sión des­ta pe­za é re­flec­tir o va­lor de to­do o que pa­sa nas, e coas mu­lle­res.

To­da a his­to­ria trans­co­rre nos ves­tia­rios do cam­po de fút­bol, on­de ten lu­gar un par­ti­do de fút­bol fe­mi­nino, trans­cen­den­tal. En reali­da­de o par­ti­do é o de me­nos: é o pre­tex­to pa­ra po­ñer en evi­den­cia os pro­ble­mas que as no­sas fut­bo­lis­tas, co­mo mu­lle­res, te­ñen nes­ta so­cie­da­de. E así amó­san­se va­rias fi­gu­ras fe­mi­ni­nas; co­mo a mu­ller con fi­llos que que­re xo­gar ó fút­bo, ma­lia o que di­ga a súa so­gra ou ho­me; a mu­ller que é se­ro­po­si­ti­va; a que non acom­pa­ña á súa nai hos­pi­ta­li­za­da, a pe­sa­res do enor­me amor que lle pro­fi­re; a de ou­tra orien­ta­ción se­xual...

Fa­ga­mos un­ha pe­que­na aná­li­se téc­ni­ca: a pos­ta en es­ce­na, moi ver­sá­til; moi ben ilu­mi­na­da e o son, na súa me­di­da: só can­do se pre­ci­sa. Pa­re­ceu­me moi ben que can­do xo­gan ó fút­bol, nos ce­guen cos fo­cos, pa­ra que non en­tre­mos a va­lo­rar o fút­bol que fan. Pa­re­ceu­me moi ben que men­tres ten lu­gar un só dun­ha de­las, as de­mais non pa­ran, mais con­ti­núan con mo­ve­men­tos máis len­tos; e nou­tro in­tre, o co­ro das de­mais, se­me­llan be­rrar mu­das e a cá­ma­ra len­ta. Fer­mo­so re­cur­so.

Hai un­ha de­cons­tru­ción da pe­za, e coas par­tes, cons­truí­mos o to­do.

Diá­lo­gos fres­cos, e to­tal­men­te cri­bles. En idio­ma xo­ve. Xo­ve e fe­mi­nino. A en­toa­ción non po­de ser máis na­tu­ral. Sen so­bre ac­tua­cións, pe­ro con so­bre­sal­tos. A aten­ción es­tá sem­pre pen­den­te. Es­tas mo­zas en­gán­chan­nos, por un­ha cou­sa ou po­la ou­tra.

Es­tou pas­ma­do co ma­ne­xo do rit­mo; dos tem­pos e dos si­len­cios. Coa in­ten­si­da­de das ex­pre­sións, can­do cóm­pre, e coas lon­gas pau­sas se es­tán xus­ti­fi­ca­das. En­cán­ta­me a súa in­ter­pre­ta­ción. De fei­to es­tou sor­pren­di­do de que xen­te tan no­va aca­de es­tes re­xis­tros. Co­mo nun par­ti­do ra­dia­do dos de an­tes, re­sul­ta fan­tás­ti­co co­mo son quen de trans­mi­tir­nos as emo­cións do evento de­por­ti­vo, sen ne­ce­si­da­de de ver na­da. Non é de es­tra­ñar, pois, que es­te tra­ba­llo le­va­ra o pre­mio. Moi me­re­ci­do.

En to­da a obra la­te­xa se­gui­do un no­ta­ble pou­so fe­mi­nis­ta. Ade­mais dos con­fli­tos e en­fron­ta­men­tos en­tre elas xor­de, ta­mén, un de­ba­te fe­mi­nino, en­tre fe­mi­ni­nas. Res­pec­tán­do­se tó­da­las nor­mas que esi­xe o tea­tro cons­truíu­se un­ha obra con to­da a di­ná­mi­ca e pro­ble­má­ti­ca do mun­do xu­ve­nil fe­mi­nino. Os cla­ros e as som­bras: «Es­ta­ba can­sa­da de que me cha­ma­ran...». «Ós ho­me dá­lles ver­gon­za ter que ades­trar a mu­lle­res». «As mu­lle­res ren­de­rían­se an­tes». «Se fo­ses un ho­me, non sa­cri­fi­ca­rías to­do por amor». Así con es­tas fra­ses, e moi­tas máis, xor­den os te­mas: «Pa­blo é un ma­chis­ta». «O seu lu­gar es­tá xun­to as ne­nas». O de­ba­te es­tá ser­vi­do. To­ca re­flec­tir.

O afán de su­pera­ción, es­tá moi pre­sen­te, tan­to no de­por­ti­vo, co­mo no la­bo­ral, de mu­ller, de fi­lla, de pa­re­lla... Uf: sen­ti­men­tos, sen­ti­men­tos, sen­ti­men­tos...

Un­ha xe­nia­li­da­de. Iso foi o que me pa­re­ceu a min, es­ta in­tere­san­te e desen­vol­vi­da tra­xi­co­me­dia.

A cai­xa da fan­ta­sía, que é o sa­lón de ac­tos do Pa­zo da Cul­tu­ra, le­vou­nos po­lo ai­re nes­ta pe­za.

Saí­mos do Pa­zo. Cho­ve miú­do e vai fres­co, men­tres ca­mi­ña­mos pa­se­ni­ño ca­ra os no­sos si­tios. Aín­da nos arro­dea a ma­xia e o en­can­to do tea­tro. ¿Que pa­sa­rá ma­ñá?

BA­SI­LIO BE­LLO

Par­te del pú­bli­co des­pi­dió de pie a los pro­ta­go­nis­tas de la tra­ge­dia grie­ga in­ter­pre­ta­da en el FIOT, en­tre los que es­ta­ba Lo­li­ta.

BA­SI­LIO BE­LLO

Un­ha es­cea da obra, re­pre­sen­ta­da o ven­res, que ten lu­gar nos ves­tia­rios dun cam­po de fút­bol.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.