Res­pos­tas de ho­xe pa­ra un­ha AP-9 ac­ce­si­ble

La Voz de Galicia (Carballo) - - OPINIÓN -

exi­xen­cia an­te o Go­berno de Es­pa­ña. De­be­mos ac­tuar, si, pe­ro con res­pon­sa­bi­li­da­de e ho­nes­ti­da­de. Por­que só o des­em­bol­so de moi­tos cen­tos —mes­mo mi­les— de mi­llóns de eu­ros a fa­vor da em­pre­sa pri­va­da que é a con­ce­sio­na­ria con­se­gui­ría a li­be­ra­li­za­ción da pea­xe da AP-9. Ese di­ñei­ro sai­ría dos or­za­men­tos pú­bli­cos, per­de­ria­mos os ci­da­dáns e se­gui­ría ga­ñan­do Au­da­sa. Pe­ro en­tre a qui­me­ra dun res­ca­te e asu­mir que a au­to­es­tra­da que ver­te­bra o te­rri­to­rio no que vi­ve o 60 % da po­boa­ción ga­le­ga se­xa inac­ce­si­ble pa­ra par­te da po­boa­ción exis­te un am­plo te­rreo por ex­plo­rar. De­be­mos fa­ce­lo ba­seán­do­nos na ex­pe­rien­cia que fun­cio­na nou­tras co­mu­ni­da­des au­tó­no­mas, con fór­mu­las co­mo bo­ni­fi­ca­cións nas ho­ras va­lle e ou­tras que fa­gan máis asu­mi­ble o cus­to aos mi­llei­ros os ci­da­dáns que pre­ci­san em­pre­gar a dia­rio a AP-9 pa­ra des­pra­zar­se aos seus cen­tros de tra­ba­llo, e que non con­tan con al­ter­na­ti­vas ra­zoa­bles li­bres de pea­xe. Tras ca­se un­ha dé­ca­da de de­fen­sa enér­xi­ca dos in­tere­ses dos ga­le­gos an­te a au­to­es­tra­da, sa­be­mos que, aín­da que é difícil, hai mar­xe de ma­no­bra pa­ra co­rri­xir o rum­bo. Ne­go­cian­do co Go­berno Ra­joy lo­gra­mos li­be­rar a Ga­li­cia da obri­ga de pa­gar 400 mi­llóns de eu­ros ata a fin da con­ce­sión po­la bo­ni­fi­ca­ción das pea­xes de Ran­de e A Bar­ca­la da AP-9, que aboa­ba­mos pe­se a ser un­ha au­to­es­tra­da es­ta­tal.

E de­be­mos se­guir avan­zan­do. O Mi­nis­te­rio de Fo­men­to de­be mos­trar a sen­si­bi­li­da­de ne­ce­sa­ria pa­ra im­pul­sar me­di­das que po­ñan freo á ten­sión crecente en­tre Ga­li­cia e a AP9. E, se non, trans­fe­rir­nos a súa ti­tu­la­ri­da­de e dei­xar­nos tra­ba­llar por un­ha AP-9 ac­ce­si­ble pa­ra os ga­le­gos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.