Olla­das que fan sen­tir di­fe­ren­te

Fran­cis­co Cas­tro cons­trúe un­ha re­fle­xión sin­ce­ra so­bre as di­fi­cul­ta­des, a soi­da­de e as in­cer­te­zas, pe­ro ta­mén so­bre o du­bi­do­so con­cep­to de «nor­ma­li­da­de», pa­ra evi­den­ciar que no amor non exis­ten fron­tei­ras nin psí­qui­cas nin fí­si­cas

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Fran­cis­co Cas­tro (Vi­go, 1966) le­va anos, moi­tos anos, es­cri­bin­do his­to­rias que, dun ou dou­tro xei­to, des­ve­lan un­ha in­ten­ción uní­vo­ca, is­to é, afon­dan ne­sas di­men­sións que en­ce­rra to­do aqui­lo que se re­la­cio­na co con­cep­to do amor: o amor dun neno ca­ra ao seu avó, o amor en con­tex­tos lí­mi­tes, o amor á lin­gua, o amor á his­to­ria, as do­ses de amor pre­ci­sas que ser­ven pa­ra evi­den­ciar a sen ra­zón das in­xus­ti­zas ou o amor á me­mo­ria e ás pai­sa­xes ín­ti­mas que con­for­man un ima­xi­na­rio pro­pio.

Iri­dium non é di­fe­ren­te: ne­la na­vé­ga­se por es­te mes­mo ron­sel, acen­tuan­do tan­to a in­cor­po­ra­ción de frag­men­tos dis­cur­si­vos en for­ma­tos que ra­ra­men­te se ex­pli­ci­tan na no­sa na­rra­ti­va co­mo o es­pe­cial tra­ta­men­to que se lle ou­tor­ga ao día a día das per­soas que so­fren o cha­ma­do «dano ce­re­bral ad­qui­ri­do» e o da­que­les ado­les­cen­tes que, por un­ha ou ou­tra ra­zón, se sen­ten dis­tin­tos e aca­ban ha­bi­tan­do as pe­ri­fe­rias. Non sei se o in­for­tu­nio ou a ca­sua­li­da­de fan que dúas per­soas, sim­bo­li­zan­do es­tes su­pos­tos, sim­pa­ti­cen e, lo­xi­ca­men­te, con­flúan. Ve­laí Iris, un­ha mo­za de for­te per­so­na­li­da­de e in­ten­sa pro­xec­ción nas re­des so­ciais que, tras su­frir un ac­ci­den­te, ten que apren­der a arros­trar a vi­da co en­ga­di­do das se­cue­las que dei­xa o de­van­di­to DCA e Ma­rio, un ra­paz que a ma­la sor­te e o ca­mi­ño sin­gu­lar que abra­za fan que se sin­ta sem­pre co­mo al­guén ás mar­xes e que con­ta, tan só, co apoio dun an­ti­go pro­fe­sor no que dá un­ha chis­ca­de­la a esa do­cen­cia que vai máis alá da apren­di­za­xe duns con­ti­dos.

Iri­dium con­dú­ce­se da man de Iris e é no seu dis­cur­so, so­me­ti­do ao meu ver

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.