Cir­co con moi­to ar­gu­men­to

Ma­la­ba­res, equi­li­bris­mos, pe­ro ta­mén pa­la­bra, re­crean a no­ve­la «Ar­noia Ar­noia» de Ferrín nun­ha co­pro­du­ción de Pis­ta­ca­tro e o CDG di­ri­xi­da por Qui­co Ca­da­val

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - ESCENA . TEATRO - TEX­TO: MON­TSE GAR­CÍA

Des­pois de que­dar sen os seus se­res que­ri­dos nun­ha gue­rra, un­ha ado­les­cen­te em­pren­de un­ha via­xe chea de aven­tu­ras e de pe­ri­gos. Es­ca­pa­rá da mor­te, cap­tu­ra­ra­na, me­te­ra­na nun­ha ca­dea, li­be­ra­ra­se ma­xi­ca­men­te, atra­ve­sa­rá un de­ser­to con per­so­na­xes mis­te­rio­sos e loi­ta­rá con­tra un ca­ba­lei­ro. To­da un­ha no­ve­la so­bre o es­ce­na­rio me­dian­te un­ha fu­sión de tea­tro e cir­co. Iso é Ar­noia, Ar­noia, a co­pro­du­ción de Pis­ta­ca­tro e o Cen­tro Dra­má­ti­co Ga­le­go (CDG), que re­crea a pu­bli­ca­ción ho­mó­ni­ma de Xo­sé Luís Mén­dez Ferrín bai­xo as di­rec­tri­ces de Qui­co Ca­da­val. «Eu cha­ma­ría­lle tea­tro-cir­co por­que é cir­co con ar­gu­men­to», afir­ma o di­rec­tor so­bre o es­pec­tácu­lo que den­de on­te ata o vin­dei­ro 20 de ou­tu­bro se po­de ver no Sa­lón Tea­tro de Santiago de xo­ves a do­min­go.

Os re­cur­sos cir­cen­ses con­vér­ten­se en ele­men­tos cla­ves pa­ra re­sol­ver en es­ce­na as aven­tu­ras e pro­di­xios. «Que me­llor for­ma es­cé­ni­ca pa­ra re­pre­sen­tar a ima­xi­na­ción he­roi­ca e aven­tu­rei­ra que o cir­co», afir­ma Qui­co Ca­da­val. Des­te xei­to, acro­ba­cias áreas, ha­bi­li­da­des de equi­li­bris­mo de di­fe­ren­tes ti­pos, os ma­la­ba­res con to­da cla­se de ob­xec­tos, den­de pe­rru­cas a es­co­pe­tas e vi­ni­los, e un nú­me­ro cun mo­no­ci­clo, en­tre ou­tras pro­pos­tas, ser­ven pa­ra tras­la­dar a via­xe da pro­ta­go­nis­ta. Pe­ro non que­da só ni­so. Ta­mén hai pa­la­bra e tea­tro fí­si­co pa­ra con­for­mar es­ta sim­bio­se de dúas ar­tes es­cé­ni­cas. «Po­ñe­mos o cir­co ao ser­vi­zo do tea­tro, non tra­ta­mos de bri­llar co­mo ar­tis­tas cir­cen­ses, se­nón que que­re­mos tras­la­dar as ima­xes que pre­ten­día Qui­co Ca­da­val. O po­der es­tá na ima­xe», ase­gu­ra Pablo Re­bo­lei­ro, un dos mem­bros do elen­co ar­tís­ti­co, xun­to con Án­xe­la Blan­co, Ai­tor Ga­ruz, Ál­va­ro Reboredo e Bea­triz Ru­bio. Se al­go ti­ña cla­ro Qui­co Ca­da­val á ho­ra de po­ñer en es­ce­na Ar­noia, Ar­noia. O cir­co da ca­sa pe­que­na é que que­ría con­ser­var par­te da tex­tua­li­da­de de Mén­dez Ferrín. Con esa in­ten­ción in­tro­du­ciu na súa pro­pos­ta «cir­co ver­bal» em­pre­gan­do pa­ra iso adi­vi­ñas e tra­ba­lin­guas co­mo re­cur­so. Non obs­tan­te, pa­ra os ar­tis­tas es­ta non foi a maior di­fi­cul­ta­de, se­nón que es­ta ra­di­ca nos nu­me­ro­sos cam­bios de ves­tia­rio que te­ñen que afron­tar. «Ar­noia, Ar­noia é a de­mos­tra­ción de que po­de­mos le­var un tex­to so­fis­ti­ca­do á lin­gua­xe da ac­ción, do mo­ve­men­to», sen­ten­cia­ba a ar­tis­ta Án­xe­la Blan­co na pre­sen­ta­ción. Trá­ta­se dun es­pec­tácu­lo pen­sa­do pa­ra to­do ti­po de pú­bli­cos. «É moi im­por­tan­te que o ve­xan os ado­les­cen­tes por­que van sen­tir­se iden­ti­fi­ca­dos coa es­té­ti­ca. Dal­gún xei­to, a pro­ta­go­nis­ta vai su­peran­do pan­ta­llas. Ade­mais, es­tá moi vin­cu­la­do co có­mic e o de­bu­xo ani­ma­do xa­po­nés», ex­pli­ca o di­rec­tor. Du­ran­te es­tes días de es­tan­cia da pe­za en Santiago, ha­be­rá va­rias fun­cións es­pe­cí­fi­cas pa­ra os cen­tros edu­ca­ti­vos, se­gun­do des­ta­cou o di­rec­tor da Aga­dic, Ja­co­bo Su­til. Un­ha ini­cia­ti­va coa que bus­can ta­mén xe­rar no­vos pú­bli­cos pa­ra o tea­tro. Non se­rá a úni­ca ache­ga a maio­res. Pa­ra apor­tar no­vas ex­pe­rien­cias ao pú­bli­co, o día 18, ao fi­na­li­zar a fun­ción, os es­pec­ta­do­res po­de­rán afon­dar no pro­ce­so de crea­ción e pos­ta en es­ce­na des­ta pe­za de Pis­ta­ca­tro nun­ha con­ver­sa co equi­po ar­tís­ti­co.

Con Ar­noia, Ar­noia. O cir­co da ca­sa pe­que­na, o Cen­tro Dra­má­ti­co Ga­le­go, di­ri­xi­do por Fe­fa Noia, abre a súa tem­pa­da. Ta­mén in­clui­rá ata fi­nal de ano o pa­so po­lo Sa­lón Tea­tro dou­tras dúas co­pro­du­cións nas que par­ti­ci­pou. Do 25 ao 28 des­te mes, po­de­ra­se ver Eli­sa e Marcela, un­ha mon­ta­xe de A Pa­na­de­ría que vén de acu­mu­lar éxi­tos por to­da Ga­li­cia. Des­pois, do 2 ao 4 de no­vem­bro, se­rá a es­trea en Ga­li­cia da pe­za Anar­quis­mos, de Pablo Fi­dal­go.

FO­TOS: SAN­DRA ALON­SO

Du­ran­te os 90 mi­nu­tos do es­pec­tácu­lo, os cin­co ar­tis­tas des­pre­ga­rán di­fe­ren­tes ha­bi­li­da­des pa­ra tras­la­dar ao es­pec­ta­dor a via­xe: ma­la­ba­res, acro­ba­cias aé­reas, rue­da cyr...

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.