«Te­ño re­ser­vas to­das as fins de se­ma­na ata agos­to»

Ini­ciou­se nes­ta ac­ti­vi­da­de ca­se por ca­sua­li­da­de, pe­ro mós­tra­se en­can­ta­do. Ase­gu­ra que é un­ha ma­nei­ra de sa­car uns car­tos

La Voz de Galicia (Deza) - - A Fondo - S. A.

A José Antonio Gil con­ven­cé­rono pa­ra alu­gar o pi­so que ti­ña no cen­tro de Ourense a tu­ris­tas. «Era un­ha ma­nei­ra de sa­car­lle ren­di­bi­li­da­de por­que o pi­so es­ta­ba pa­ra­do, e ade­mais te­ño un­ha fi­lla que re­ma­ta ago­ra a carreira e ta­mén é un­ha ma­nei­ra de que sa­que uns car­tos». Den­de que o pu­xo en alu­guer, o pa­sa­do mes de abril, to­do foi so­bre ro­das. —Ape­nas le­va un mes: con­se­gue fa­cer­se un oco no mer­ca­do? —Non pen­sei que to­do iría tan rá­pi­do. Pen­sei que se­ría máis com­pli­ca­do ao prin­ci­pio. Por ago­ra non ti­ven nin­gún pro­ble­ma e é un­ha ex­pe­rien­cia en­ri­que­ce­do­ra por­que co­ñe­ces xen­te de to­das par­tes. —Pu­bli­ci­ta o seu pi­so de alu­guer nal­gun­ha pla­ta­for­ma de In­ter­net? Gil non ti­vo pro­ble­mas cos trá­mi­tes.

—Si, en Airbnb e en Boo­king. Pa­ra min es­ta úl­ti­ma é máis efec­ti­va, pe­ro ta­mén co­bran máis ca­ras as co­mi­sións. Airbnb ten un­ha for­ma de pa­go in­me­dia­ta. —Que lle pa­re­cen os re­qui­si­tos aos que lle obri­ga o de­cre­to au­to­nó­mi­co? —Os trá­mi­tes son bas­tan­te sin­xe­los. Pú­xen­me en con­tac­to con Avi­tur­ga e fa­ci­li­tá­ron­me moi­to as cou­sas. A min pa­ré­ce­me ben. Tes un­ha pro­pie­da­de que que­res pór en va­lor e pa­gar im­pos­tos por ela non me pa­re­ce cou­sa do ou­tro mun­do. Ade­mais, é bo ter un re­xis­tro da xen­te que vén.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.