Dous ne­nos de Pon­te­ve­dra, au­to­res

La Voz de Galicia (Deza) - - Opinión -

que os alum­nos pre­sen­ta­ron ao pro­fe­sor. Nes­te elen­co de es­co­la­res des­ta­can os ir­máns El­vi­ra e Ma­nuel García Sal­ga­do, non só por se­ren au­to­res dos pro­gra­mas me­llor ela­bo­ra­dos, se­nón por­que fo­ron os úni­cos que re­dac­ta­ron (en co­la­bo­ra­ción) uns Apun­tes de Li­te­ra­tu­ra ga­lle­ga to­ma­dos de las ex­pli­ca­cio­nes del Ca­te­drá­ti­co Dr. D. Al­fre­do de la Igle­sia (Pon­te­ve­dra, 1926). Son vin­te pá­xi­nas ma­nus­cri­tas que re­pro­du­cen, re­su­mi­das, as lec­cións im­par­ti­das ne­se cur­so po­lo ori­xi­nal pro­fe­sor pon­te­ve­drés. Lén­doas, ob­ser­va­mos que as ex­pli­ca­cións de 1926 non coin­ci­den, ple­na­men­te, coas de 1920. Así pois, se que­re­mos re­cons­truír o cur­so im­par­ti­do no ano 1926, te­ria­mos que par­tir dos Apun­tes des­tes dous apli­ca­dos ir­máns, pois non nos que­dan as no­tas em­pre­ga­das po­lo pro­fe­sor ne­se ano. Ha­be­ría que fa­cer al­go moi se­me­llan­te ao que se fi­xo co Cours de lin­guis­ti­que gé­né­ra­le de Fer­di­nand de Saus­su­re, li­bro, co­mo é ben sa­bi­do, que inau­gu­rou a Lin­güís­ti­ca mo­der­na. Foi pu­bli­ca­do en 1916 por dous alum­nos do sa­bio pro­fe­sor, Char­les Bally e Al­bert Se­cheha­ye, que com­pu­xe­ron o tra­ta­do a par­tir dos seus pro­pios apun­ta­men­tos de cla­se (e os dal­gún ou­tro co­le­ga).

So­mos cons­cien­tes da hu­mil­da­de dos Apun­tes dos dous alum­nos pon­te­ve­dre­ses de 1926, pe­ro ta­mén so­mos cons­cien­tes do seu sig­ni­fi­ca­do: os pri­mei­ros apun­ta­men­tos es­co­la­res, na his­to­ria edu­ca­ti­va de Ga­li­cia, dun cur­so de Li­te­ra­tu­ra ga­le­ga im­par­ti­do a es­tu­dan­tes.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.