«Vol­ve­ría fa­cer a mes­ma carreira»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - ACTUALIDAD -

Saúl Do­mín­guez (Tra­zo, 1993) tra­ba­lla ho­xe en Madrid, on­de o fi­chou un­ha em­pre­sa mul­ti­na­cio­nal de­di­ca­da á cons­tru­ción de re­fi­ne­rías.

—Tra­ba­lla na mes­ma em­pre­sa den­de que dei­xou a fa­cul­ta­de?

—Non. Can­do saín das prác­ti­cas do más­ter que­dei na em­pre­sa na que as fi­xe­ra. Alí desen­vol­vín o tra­ba­llo de fin de más­ter e des­pois es­ti­ven un­ha tem­pa­da, pe­ro pron­to en­con­trei tra­ba­llo nou­tra com­pa­ñía e alí es­tou.

—Non es­tá en Ga­li­cia.

—Non, tra­ba­llo en Madrid. Os en­xe­ñei­ros te­mos moi­ta des­lo­ca­li­za­ción, e ao principio asen­tar­te nun si­tio po­de ser di­fí­cil.

—A van­ta­xe dun en­xe­ñei­ro do seu perfil é que a in­dus­tria e a quí­mi­ca son cam­pos moi am­plos.

—É cer­to, po­de­mos es­tar en ca­se cal­que­ra ti­po de em­pre­sa.

—Co que sa­be ho­xe, vol­ve­ría es­tu­dar a mes­ma carreira?

—Si, se fo­se de­di­car­me ao mes­mo que ago­ra.

—Cre que os en­xe­ñei­ros quí­mi­cos ga­le­gos te­ñen o mes­mo ni­vel dou­tras uni­ver­si­da­des?

—Sen dú­bi­da. En xe­ral, no que to­ca ás en­xe­ña­rías, nun­ca no­tei di­fe­ren­zas de ni­vel, ao con­tra­rio se me apu­ran. Máis bai­xo ca ou­tros, non. Te­mos un bo ni­vel aín­da que, co­mo é ló­xi­co, uns son bos nun­has cou­sas e ou­tros, nou­tras.

—A carreira era o que vos­te­de es­pe­ra­ba?

—Eu aca­bei nes­te grao un pou­co ao chou. Gus­tá­ba­me moi­to a quí­mi­ca e di­xé­ron­me que es­ta era a me­llor op­ción, aín­da que ten me­nos quí­mi­ca do que eu es­pe­ra­ba.

Saúl Do­mín­guez.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.