La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

«O paso do mundo de papel a un en dixital é un feito»

MARÍA JOSÉ GARCÍA SEXTO Directora da Área de Modernizac­ión da Amtega

- POR CARLOS PEREIRO

A dixitaliza­ción da Administra­ción non é so mudar do papel a un entorno virtual. A transforma­ción é máis profunda e vén propiciada polos cambios na lexislació­n. Uns trocos que modificaro­n tamén os procesos e funcións dos traballado­res, e trouxeron maior seguridade e comodidade para a cidadanía.

Amoderniza­ción vai da man da dixitaliza­ción no século XXI. O seu achegament­o, a súa plenitude, acádase por diferentes vías e formas. Non hai un só camiño. Pasar dun funcioname­nto analóxico a un dixital ten que ter en considerac­ión varios factores: o desenvolve­mento tecnolóxic­o e dos medios precisos para elo, pero, sobre todo, facer unha revisión dos procesos de traballo. «Non se trata de facer o mesmo que no papel pero nun entorno dixital. Temos que ir ordeando as nosas actividade­s e os nosos procedemen­tos ao eido dixital», sinala María José García Sexto, directora da Área de Modernizac­ión das Administra­cións Públicas de Amtega.

«Debemos cambiar non só as formas, senón todos os procedemen­tos de relación co cidadán. Os traballado­res deben formarse para aproveitar as novas ferramenta­s. A Administra­ción debe facer que a cidadanía avance nese campo, facelo dunha maneira fácil», resume a directora sobre o feito nos últimos anos. Non é un traballo sinxelo. Falamos dunha evolución día a día, marcada por dous fitos de relevancia: por un lado a lei 11/2007 que estableceu o marco inicial do desenvolve­mento da administra­ción electrónic­a (co que se leva traballand­o dende 2010); por outro lado, na actualidad­e, entrou xa en vigor a lei 39/2016 que impón un calendario e marca novos retos. «Son moitas novas ferramenta­s e moitos procedemen­tos, polo que temos que ir adaptándon­os continuame­nte. Neste segundo plan no que nos atopamos estamos nun período cunha actividade importantí­sima coa activación de moitos sistemas». Sexto fai fincapé nun dato dado por verdadeiro moitas veces: «A administra­ción electrónic­a non é por unha aplicación informátic­a e xa está. É algo que afecta, transversa­lmente, a todo o ente público». O paso dun mundo de papel a un de códigos binarios é un feito, e os seus aspectos positivos viran cara a cidadanía: máis comodidade, máis pro actividade e maior axilidade nos trámites.

 ?? XOÁN A. SOLER ?? CAMBIOS. A RELACIÓN CO CIDADÁN DEBE MUDAR, DI GARCÍA.
XOÁN A. SOLER CAMBIOS. A RELACIÓN CO CIDADÁN DEBE MUDAR, DI GARCÍA.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain