La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

O CAMIÑO PORTUGUÉS

A XUNTA FARÁ UN INVESTIMEN­TO ESPECIAL NUNHA RUTA QUE SEN MOITO RUÍDO XA SE CONVERTEU NA SEGUNDA MÁIS TRANSITADA DAS QUE EXISTEN EN GALICIA, DETRÁS DA FRANCESA

- TEXTO E FOTO: CRISTÓBAL RAMÍREZ

En realidade, e coa historia na man, Camiño Portugués hai un e punto: o que entra en Galicia por Tui, hoxe salvando o Miño pola centenaria ponte de ferro e onte en pequenas embarcació­ns. Pero está claro que os veciños do sur cruzaban o río por onde podían. A Xunta declarou este ano o do Camiño Portugués. É dicir, un investimen­to especial en mellorar a súa sinalizaci­ón e a propia traza física do itinerario.

José Manuel Garrido, o experto padronés que mellor coñece esa ruta e da que fixo a primeira guía que se publicou, cre que tal dedicación ao Portugués «é un premio a un itinerario xacobeo que foi medrando ano tras ano, sen facer moito ruído, ata converters­e no segundo máis empregado polos peregrinos na súa viaxe a Compostela».

Mónica Crisóstomo, copropieta­ria do albergue Ideas Peregrinas, en Tui, resalta a experienci­a de ir «cun paso dun país a outro. Mesmo temos xente de Caminha que vén aquí para facer iso, cruzar a ponte, vivir as dúas culturas, a portuguesa e a nosa».

Na traza física da ruta hai luces e sombras.

Por unha banda, tramos como o que leva por medio dun bosque ata a igrexa de Valga, uns dos máis impresiona­ntes de todos os Camiños en Galicia. E por outra, o asfalto interminab­le do polígono das Gándaras de Budiño, onde as marcas dun itinerario alternativ­o que levan por unha zona natural son arrancadas por xente que só ve no peregrino unha fonte de ingresos inmediata e a calquera prezo. José Manuel Garrido céntrase noutro aspecto: «O gran reto é eliminar os cruces perigosos e aumentar a seguridade nos tramos que coinciden coa nacional 550».

Iria Crespo, dende a oficina de turismo de Caldas de Reis —localidade emblemátic­a dentro do Portugués— destaca «a pureza das augas deste Aquis Celenis, que vai facer máis levadeira a seguinte etapa do Camiño».

En calquera caso, a iniciativa privada continúa sendo moi local. Quizais cunha excepción que xa vén de lonxe, que é a adega Mar de Frades, que xa no seu día fixera e distribuír­a un mapa cos Camiños de Santiago. En avanzado estudo ten —e o tempo córrelle en contra aínda que nunca é tarde— un novo proxecto xacobeo.

Iria Crespo pon o punto final: «O Camiño a Santiago xa non ten só un interese relixioso. Debemos ter en conta outros factores, como o gastronómi­co, o etnográfic­o, o histórico, o cultural... se queremos mantelo vivo».

« CUN PASO VAS DUN PAÍS A OUTRO », DI A DONA DUN ALBERGUE DE TUI

 ??  ??
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain