La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

OS ALBERGUES MÁIS BONITOS

A INICIATIVA PRIVADA CREOU OBRAS DE ARTE MODERNO, COMO O BELA MUXÍA, E A PÚBLICA ANÓTASE A RECUPERACI­ÓN DE SÍMBOLOS COMO A CASA GRANDE DE LUSÍO

- TEXTO: CRISTÓBAL RAMÍREZ

Milleiros de hospitais para peregrinos abriron as súas portas en Europa na época medieval. A riada de persoas —moi maioritari­amente homes— que se dirixían a Compostela dende os puntos máis recónditos, por exemplo Turku (Finlandia) ou Islandia, obrigou a levantar unha infraestru­tura que hoxe chamariamo­s hostaleira. E aqueles hospitais para peregrinos (e para pobres) nos que se daba para cear gratuitame­nte e se curaban pequenas e grandes feridas prolongáro­nse ata o século XXI. Agora chámanse albergues, e hoxe como onte comparten espazo económico e físico coa iniciativa privada. Porque visto o gran éxito da Xunta en 1993 abrindo albergue tras albergue, esa iniciativa privada medrou dun xeito exponencia­l e sen ela hoxe en día sería imposible explicar o éxito dos Camiños dende o punto de vista cuantitati- vo. Selecciona­r algún dos privados é, sen ningunha dúbida, cometer unha inxustiza. Pero poucos poden igualar o deseño do Bela Muxía, que como o seu nome xa apunta se atopa nesa localidade mariana reconverti­da en xacobea e visitada quizais por máis peregrinos estranxeir­os que españois.

Outro que se merece unha mención é As Eiras, en Lires. Ou sexa, entre Muxía e Fisterra, xusto a medio camiño. Está integrado nunha pensión rural que tamén ofrece habitación­s tradiciona­is. O albergue, moi novo, ten catro espazos con liteiras, unha cociña e unha pequena sala. E unhas

vistas marabillos­as sobre a ría de Lires, a máis pequena de Galicia e, está claro, en pleno corazón da Costa da Morte.

Dos públicos, o máis encomiado é o de Ribadiso, en Arzúa (Camiño Francés), posto que ao seu excelente deseño se une a historia: dende a Idade Media eses edificios son tal cousa, hospital de peregrinos. O río Iso bordéaos e convértese en lugar de relaxo de pés e pernas das persoas (máis dun milleiro diarias neste remate de xullo) que percorren esa ruta xacobea. Claro que o primeiro que se atopan os peregrinos en Galicia non é ese, senón o do Cebreiro, de maneira que é este o máis popular. Grande pero sempre insuficien­te no estío e en Semana Santa, as vistas dende el, cun gran val de montaña aos pés, merécense unha matrícula de honra. O Cebreiro é tamén un santuario en si mesmo, tanto á historia xacobea como a Elías Valiña, o crego que no século pasado recuperou para o futuro o Camiño de Santiago (os seus familiares rexentan un par de negocios nesa emblemátic­a aldea na cal se atopa o establecem­ento hostaleiro máis antigo do mundo: a hos-

NA RÍA DE LIRES, A MÁIS PEQUENA DE GALICIA, ABRE O DAS EIRAS

talería, con orixes que se remontan ao século IX).

Nese mesmo Camiño Francés, na desviación por Samos, a Xunta recuperou no seu momento un edificio nobre: a Casa Grande de Lusío, concello de Samos. Entre que este é un ramal secundario (aínda que moi frecuentad­o grazas ao mosteiro), que está demasiado preto de Triacastel­a e que Lusío non queda pegado á ruta aínda que dista pouco máis de cinco minutos, non é dos máis frecuentad­os, pero si dos máis impresiona­ntes.

Pero tamén rutas antes considerad­as de segundo nivel e que agora desenvolve­n o seu potencial, como o chamado Camiño Inglés (bicéfalo; parte da Coruña e de Ferrol), te- ñen algúns albergues que paga a pena admirar. Un deles é o de Bruma, pouco despois de onde se xuntan esas dúas pólas. Non é moi grande, e estes días ou se madruga ou pode estar cheo. Bruma é unha illa xeográfica no medio do concello de Ordes e pertence ao de Mesía. En si é unha aldeíña que agora ten un bar onde se pode comer. O resto son unhas poucas casas non moi xuntas, a capela de San Lourenzo do O MOSTEIRO DE OSEIRA ACOLLE UN ALBERGUE NUNHA SALA QUE É ÚNICA XVI e o precioso albergue, que se fixo aproveitan­do un edificio rural tradiciona­l.

E indo á outra punta de Galicia, ao Camiño do Sueste (ese que aínda aparece nalgunhas publicació­ns co erróneo nome de Vía da Prata), o ramal que pasa por Verín ofrece nesta localidade un albergue cunha fachada que fai abrir a boca. O seu nome, a Casa do Escudo, venlle como anel ao dedo. Pero o máis entrañable é, nun desvío desa mesma ruta, o albergue do mosteiro de Oseira. Dende logo non é un hotel de cinco estrelas: é un albergue auténtico, con liteiras, baño, microondas e uns carteis relixiosos. Pero o peregrino durmirá nunha sala como non hai outra no mundo.

 ??  ??
 ?? Foto: Santi M. Amil ?? 1. Albergue de Ribadiso.2. Casa do Escudo, en Verín.
Foto: Santi M. Amil 1. Albergue de Ribadiso.2. Casa do Escudo, en Verín.
 ??  ?? 3. Albergue de Bruma.
3. Albergue de Bruma.
 ?? Foto: Penoucos
Foto: V. Mejuto
Foto: C. Ramírez ?? 4. Casa Grande do Lusío.7. Albergue del Monasterio de Oseira.8. As Eiras.6. Bela Muxía.
Foto: Penoucos Foto: V. Mejuto Foto: C. Ramírez 4. Casa Grande do Lusío.7. Albergue del Monasterio de Oseira.8. As Eiras.6. Bela Muxía.
 ??  ?? Foto: F. Follana 5. Albuergue de O Cebreiro.
Foto: F. Follana 5. Albuergue de O Cebreiro.
 ??  ??
 ??  ??
 ??  ??
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain