La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

FIXO TODOS OS CAMIÑOS

JOSÉ ANTONIO MARTÍNEZ PERCORREU TODAS AS RUTAS QUE LEVAN A SANTIAGO E PREVÉ VOLVER AO CAMIÑO NO 2021. « QUERO REPETIR DESDE FERROL, PARA DISFRUTALO SÓ!»

- TEXTO: ANA ABELENDA

Cunhas boas botas e unha mochila pequena, para cargar o xusto, tirou millas (máis de 5.000 quilómetro­s) o galego que percorreu todos os camiños do Camiño de Santiago. José Antonio Martínez (Noia, 1950) non ten dedos das mans para contar as rutas coas que gañou o ceo tras chegar ao sepulcro do Apóstolo. Algúns Camiños fíxoos máis dunha vez. «Os principais son cinco, pero agora hai unha chea. Fixen o Camiño do Norte, o Primitivo dúas veces, despois o Camiño Francés outras dúas veces, o Inglés desde A Coruña tres, o Inglés desde Ferrol unha vez, o Portugués desde Tui outra, e a Vía da Prata desde Mérida», relata. E parece que, só de oírlle, queda un sen folgos.

A primeira vez que se botou ao Camiño foi no 93, ano santo, «desde Sarria, para gañar a Compostela», e ao ano seguinte lanzouse ao Camiño Francés. José Antonio calzou as botas para peregrinar xunto a un grupo da igrexa coruñesa de San Jorge, conta, onde casou e bautizou ao seu fillo maior. «Decateime de que ían facer o Camiño de Santiago e apunteime», di. Por probar. «Non pensaba eu seguir...». Sorprendeu­se.

O debut peregrino do noiés que no seu día alcanzou o título de autor do encrucilla­do máis grande do mundo (93.000 cadros, 35.000 definición­s) xurdiu en equipo, pero o resto das experienci­as foron en solitario. «Excepto cando fixen o Camiño Inglés desde Ferrol e o Primitivo desde Oviedo, en que fun acompañado... É máis interesant­e ir só. Coñeces a máis xente e non hai obrigación­s. Eu utilicei o Camiño para atopar a xente que falase inglés. Durante os días que estabas con esa xente, se querías manter unha conversaci­ón non che quedaba máis remedio que falar inglés. E atopei no Camiño per- soas que daban unhas leccións de arte... e eu pensaba: ‘Pero se eu só lles podo falar do que son as sardiñas’», lembra.

Ten 25 anos aos pés

Postos a estrearse peregrinan­do, José Antonio recomenda comezar polo Camiño Francés. «Os pobos están situados moi ben para camiñar 15, 20 ou 25 quilómetro­s, e hai moitos albergues en ruta. Na Vía da Prata, por exemplo, hai os mesmos pobos pero non albergues, ou polo menos non os había cando fun eu... Na Vía da Prata camiñei 55 quilómetro­s seguidos nun par de días porque non había nada, e levando encima co- mida, cea e almorzo. Cambiaron as cousas. Agora saes de Ferrol e tes cinco ou seis albergues; antes só tiñas un par ata que chegabas a Bruma», relata, e advirte que o Camiño foise co paso do tempo «metendo máis na civilizaci­ón». Perdeu con iso parte do seu encanto? «Non ten nada que ver agora con como estaba hai 25 anos», afirma sen xuízos precipitad­os de valor. «Da primeira á segunda vez que eu fixen o Camiño Francés houbo moita diferenza. A primeira vez, en que fixen o Camiño desde Sarria, ao chegar á Coruña, na misa do Peregrino dixeron os nosos nomes. A segunda vez clasificár­onnos por provincias: ‘Veñen tantos de Coruña, tantos de...’. A terceira vez por nacionalid­ades e agora xa non sei como o din!».

Que punto do Camiño lle impresiono­u máis? «Subir a O Cebreiro e ver a inmensidad­e desde o alto, cincuenta ou sesenta quilómetro­s de horizonte, é impresiona­nte. Pero hai outro sitio que a min me quedou gravado, e é a ruta a Fisterra. Coñeces aquela curva que hai antes de chegar a Fisterra, onde hai un miradoiro? Para min, é unha das vistas máis bonitas do Camiño». El non botou nada en falta en 25 anos de peregrinac­ión. «Tes a sensación de estar a facer o que che gusta. E estás ben. Agora boto de menos o Camiño; dentro dun par de anos teño previsto repetir o de Ferrol... porque como fun acompañado quero disfrutalo só! (ri). Eu atopei xente extraordin­aria — valora—. En Triacastel­a tiven unha das experienci­as máis bonitas que recordo. Ao terminar a misa, quedei na igrexa; había dúas mozas estranxeir­as, guapísimas. Unha cantou unha avemaría que era para telo gravado. Eramos catro pelagatos peregrinos, pero a xente que saíra de misa volveu entrar. Impresiona­nte. Vivir un momento como ese paga todos os sufrimento­s do Camiño».

«AS MELLORES VISTAS ESTÁN NA CURVA ANTES DE FISTERRA»

 ??  ??
 ?? FOTO MARCOS MÍGUEZ ?? José Antonio fixo o Camiño por primeira vez no 93, leva ás costas 5.000 quilómetro­s e entre as súas metas está gañar de novo a Compostela o próximo ano santo.
FOTO MARCOS MÍGUEZ José Antonio fixo o Camiño por primeira vez no 93, leva ás costas 5.000 quilómetro­s e entre as súas metas está gañar de novo a Compostela o próximo ano santo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain