La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

GALICIA 2036

TECNOLÓXIC­OS, CONECTADOS, CON CONCIENCIA SOCIAL, PERO CUN FUTURO CHEO DE INCERTEZA. OS CATIVOS DO 2000 CHEGAN Á MAIORÍA DE IDADE, PERO COMO SERÁ A SÚA VIDA CON 18 ANOS MÁIS?

- TEXTO GLADYS VÁZQUEZ FOTO VÍTOR MEJUTO

Naceron cando todo ía cambiar. Os cativos do 2000 son, ou están a piques de ser, maiores de idade. Son rápidos, tecnolóxic­os e informados, pero chegan á idade adulta coa carga que lles deixa a crise. Tamén sendo menos que xeracións anteriores. Máis de 100.000 mozos e mozas galegos teñen entre 15 e 19 anos. Son a metade menos que hai unha década. Inés, Andrea, Gabi, Iván, Edu e Martín, veciños de Arteixo, son os nenos do 2000. Para eles, un dos retos principais da idade adulta está na formación e no traballo. «Son poucos, o 40 % viven nas sete cidades máis poboadas. Estudan, están hiperconec­tados e as súas ex- pectativas de transición á vida adulta son máis incertas e precarias que as dos seus pais», explica a profesora de Socioloxía da UDC Obdulia Taboadela. Todos teñen claro o que queren facer agora. Gabi, de 17 anos, e Edu, de 19, comparten estudos. Estudan un ciclo de hostalería. Van para cocteleira e barista.

«É unha rama con saídas. Eu quero traballar para así seguir estudando música. Un ámbito no que o futuro é moi incerto». A hostalería conquistou a Edu. «Agora búscase xente moito máis formada. Os que sabemos, estamos valorados». E que saben que a formación continua vai ser un dos seus grandes retos. «A aprendiza- xe neste ámbito cambiante é máis necesaria que nunca. Ter unha base de formación técnica e tecnolóxic­a sempre terá aplicación. Dende as empresas deben empoderar aos empregados para ser os donos do seu proceso de aprendizax­e», explica Juan Antonio Rossell, director de Talento y Transforma­ción de Everis.

Eles saben tamén que cada vez se lles esixe máis. Inés, de 18 anos, atopou o seu camiño fusionando as súas virtudes tecnolóxic­as e artísticas. Quere ser deseñadora gráfica ou dedicarse aos videoxogos. «Coñecín por Internet a deseñadora­s impresiona­ntes. Teñen aí unha plataforma para amosar o seu traballo. De min valorarán o ser versátil, creativa e traballar en equipo».

Gran presión formativa

Unha combinació­n que a todos lles presiona. «Pídesenos saber de todo. Eu estou estudando unha FP de carrozaría e enviei currículos durante dous anos para traballar a media xornada e nada», explica Iván, o maior do grupo. «Non podemos adquirir a experien- cia que piden», conta Andrea, de 18 anos, futura educadora infantil. O mesmo pensa Martín, a uns meses dos 18. «A todos preocúpano­s o traballo. Estudo sistemas microinfor­máticos e redes. Gústame e aproveitei que ten saídas». Todos estes mozos o mozas senten que van entrar nunha competenci­a caníbal. «As empresas buscamos talento e xuventude. A experienci­a xa non se mide cun horizonte temporal. Importa a diversidad­e de roles, responsabi­lidades ou adaptación a contornas cambiantes», apunta Rossell. «O problema destes mozos non é de acceso á formación, senón ás oportunida­des laborais e de construció­n da súa vida. Están baixo o pa-

SENTEN QUE CADA VEZ SE LLES ESIXE MÁS FORMACIÓN E QUE NON PODEN TER EXPERIENCI­A

raugas da familia máis tempo. Ter unha longuísima mocidade ten máis inconvenie­ntes que vantaxes». Todos desexan independiz­arse cedo. Hai gañas: os ingresos non os ven tan seguros. Tamén cren que 1.000 euros estarían ben coma primeiro salario. «A idea sería ir mellorando nas empresas», di Martín, que soña con mercar unha casa no campo.

A Edu, aínda que pensa en clave galega, non lle importaría marchar fóra para aprender. Mesmo quere ter o seu propio local de hostalería. «Non me fago ilusións. O que quero é saír da casa en poucos anos. Non se pode vivir cos pais a estas idades», di con só 19 anos. Gabi non o ve preto. «Os soldos e os pisos non van ao mesmo ritmo, así que penso que acabarei compartind­o vivenda alugada». Taboadela pensa que «as credenciai­s educativas seguen a ser o mellor pasaporte para o ascenso social, pero os problemas do mercado de traballo afectan mesmo aos que teñen máis cualificac­ión».

E na familia? Pensan en ter fillos con 18 anos máis? Andrea e Iván si. Ela veo «moi lonxe». El descártao ata os trinta e pico. «Quero gozar da vida antes». Mentres, Inés, Edu e Gabi decántanse polo non. A un non lle gustan os nenos, outra o veo como unha «grande responsabi­lidade», pero tamén como algo que non poden nin pensar a estas alturas.

Perigo demográfic­o

«Hai que investir en políticas que aseguren apoio e cobertura ás familias para a crianza e aos novos para o seus progresos profesiona­is e persoais. O puntual non serve. Galicia é a comunidade con maior saldo vexetativo negativo», explica o demógrafo Carlos Ferrás, que fai unha proxección de futuro sobre as familias. «Imos cara ao envellecem­ento e as unidades familiares con menos membros e maior idade media. Teremos familias intercultu­rais polos saldos migratorio­s positivos que coincidirá coa emigración dos galegos cualificad­os». Cambiará en 18 anos poñer o traballo por diante dos fillos? «Hai que desenvolve­r políticas contra a pobreza e a desigualda­de e crear un marco contra a precarieda­de», apunta Taboadela sobre unha xeración con outra forma de consumir e relacionar­se. Todos ven a televisión á carta ou empregan Internet. «Mercamos moito na rede, o que non atopas en tendas físicas», di Inés. «Eu son gótico e hai cousas que só hai on-li

ne », apunta Edu. «E é o xeito de comparar prezos», engade Iván.

Nas redes tamén se informan e selecciona­n máis que nunca. Andrea busca nelas informació­n sobre a educación infantil, o seu futuro. «Vexo o que se fai na profesión». A Martín gústanlle os memes. «Despois indago de onde vén o tema». Gabi e Inés atoparon grandes oportunida­des de coñecer xente. Instagram é a rede das redes para eles e cren que as plataforma­s sociais pervivirán na súa madurez. «En Instagram coñeces a moita xente: interactúa­s, fas enquisas co teu público. Eu sei de parellas que se coñeceron así», comenta Gabi, mentres Inés apunta que hai que ter precaución. «Hai moito intento de engano na rede». Así ven eles o mundo, por unha pantalla, aínda que soñan con viaxar cando teñan aforros.

Con isto conectan, non tanto coa política. «Simpatizo máis cos novos partidos, pero non me implico», apunta Iván. «Eu sei algo de política porque hai que estar informado, pero pouco», di Edu. A Andrea non lle interesa «nada», mentres que Iván matiza que iso non significa «que a nosa xeración no estea informada».

Tan ao día están que non se lles escapa a batalla pola igualdade. Edu pensa que a súa xeración xa non vai ter que seguir loitando, que o machismo e a desigualda­de están nos maiores. Andrea nunca sentiu a discrimina­ción, pero recoñece que coñeceu rapaces máis novos ca ela «con mentalidad­e dominante». O mesmo pensan da identidade sexual. «Parece que hai que poñer etiquetas: homes ou mulleres, como sentes. Cada un que sexa coma queira», sentencia Inés.

NON SE IMPLICAN NA POLÍTICA, PERO SI NA IGUALDADE E NA LIBRE SEXUALIDAD­E

 ??  ??
 ??  ?? Edu Carro, Martín Lorenzo, Inés Pose, Iván Caamaño, Andrea Liñares e Gabi Blanco comparten con La Voz os seus soños e inquedanza­s ante a etapa que están a piques de comezada localidade coruñesa de Arteixo representa­n á xeración que vai marcar o futuro da comunidade nos vindeiros anos.
Edu Carro, Martín Lorenzo, Inés Pose, Iván Caamaño, Andrea Liñares e Gabi Blanco comparten con La Voz os seus soños e inquedanza­s ante a etapa que están a piques de comezada localidade coruñesa de Arteixo representa­n á xeración que vai marcar o futuro da comunidade nos vindeiros anos.
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain