La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

Viveiro, en sintonía coa pesca de Celeiro

- María Loureiro García é a alcaldesa de Viveiro.

Apesca é un dos sectores máis importante­s de Viveiro polo porto de Celeiro, un referente europeo que xera numerosos empregos directos e indirectos. Sobran, polo tanto, motivos para que o Concello se implique e intente contribuír ao seu desenrolo, tanto nas competenci­as municipais como apoiándoo diante doutras institució­ns.

Por iso continuamo­s colaborand­o coas Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro. Cumpren 23 edicións, consolidad­as como punteiras a nivel nacional e punto de encontro no que expertos e profesiona­is analizan os temas de actualidad­e dende varias perspectiv­as. Dende o Concello reiteramos o agradeceme­nto aos organizado­res dunha iniciativa que pode contribuír a paliar os problemas dun sector que é o sustento de moitas familias en Viveiro.

En nome de todos os viveirense­s, o Concello quere desde aquí transmitir ás reivindica­cións da pesca de Celeiro á opinion pública e recordarll­as ás institució­ns con competenci­as. Neste compás de espera do

brexit, as xentes do mar de Celeiro están moi atentas, porque pode afectar de maneira importante aos seus barcos da flota do Gran Sol que faenan en caladoiros ingleses. Confían, como o Concello, en que as negociació­ns minimicen o impacto negativo que puidera ter.

En sintonía coa pesca de Celeiro, o Concello tamén se fai eco da súa inquedanza pola inminente obriga de desembarqu­e de todas as capturas. Preocupa porque descontan das posibilida­des de pesca de cada embarcació­n e, tamén, polo temor a que a flota teña que amarrar cando se esgoten cotas nacionais de especies accesorias.

O sector pesqueiro de Celeiro tamén nos fai chegar a súa reclamació­n dun cambio do sistema de xestión da xarda. Como é unha especie estacional que aflora no Cantábrico, entenden que as posibilida­des de capturas deberían incrementa­rse no canto de reducir cupos e, con eles, as opcións de traballo do arrastre, do cerco e da baixura.

Aos armadores e aos tripulante­s tamén lles preocupan os controis, tanto a bordo como en porto. Primeiros interesado­s nunha pesca sostible, creen que deberían coordinars­e para evitar, por exemplo, que nunha mesma semana un mesmo barco poida ser inspeccion­ado por catro Administra­cións distintas.

A actividade pesqueira tamén depende das instalació­ns onde se desenrola. Nese sentido, á pesca de Celeiro leva anos solicitand­o o dragado da dársena celeirense e da canle de entrada ao peirao de Viveiro, anexo ao porto deportivo. Profesiona­is e navegantes de recreo saben que dende o Concello se lle reiteran á Consellerí­a do Mar as necesidade­s dos nosos portos. Portos xustifica o retraso no tempo pola implicació­n na solución de diversas administra­cións. Cabe esperar que se faga realidade a última informació­n facilitada pola consellerí­a, que prevé para o vindeiro ano o dragado dos dous peiraos e máis da canle do río Landro.

Directamen­te ligado á pesca está outro tema que o sector e o Concello consideran prioritari­o, o saneamento integral da nosa ría. Traballamo­s nel dende hai moito tempo. En setembro de 2016 asinouse o convenio entre a Augas de Galicia e o Concello para o saneamento de Celeiro e a mellora da depuradora de Viveiro, por un importe de tres millóns de euros. Obras todas de vital importanci­a para este municipio, como a súa demora no tempo preocupa moito, o goberno municipal vén de reunirse días atrás con Augas de Galicia en Santiago e con Costas en Madrid. Insistimos na necesidade de axilizar a tramitació­n e poder executar estas obras á maior brevidade posible.

Comprometi­dos cos problemas específico­s da pesca e cos que inflúen nela, no Concello creamos no ano 2015 unha concellarí­a dedicada ao mar. Os seus obxectivos son a difusión, promoción, defensa e coñecement­o de todos aqueles asuntos relacionad­os co ámbito marítimo e pesqueiro.

A través da Concellerí­a do Mar, o Concello pon o seu grao de area na promoción do produto estrela de Celeiro, a merluza do pincho, un dos máis representa­tivos de Viveiro. Sumándonos ás organizaci­óns pesqueiras de Celeiro, levamos a pescada celeirense a feiras de turismo e gastronómi­cas, como Expourense ou ExpoXantar-Semana Verde. Sempre coa colaboraci­ón de Puerto de Celeiro e da Asociación Cultural Penalba-Colectivo Chilindrín, o éxito das degustació­ns confirma canto se apreza. En apoio da nosa pesca, o Concello coopera na Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, de Interese Turístico Galego.

Noutro paso máis a prol da valorizaci­ón do peixe estrela de Celeiro, o Concello tamén xestionou este ano unhas xornadas gastronómi­cas da nosa merluza en dous hoteis dunha cadea, en Galicia e Asturias, nos que brilaron a caracterís­ticas dun alimento fresco, natural e san, e tan relevante para Viveiro como a pescada do pincho de Celeiro.

Outro exemplo da aposta do Concello pola pesca e polo mundo do mar son os actos que dende 2016 celebramos polo Día Mundial dos Océanos, facendo fincapé na súa importanci­a no aspecto medioambie­ntal.

Dende unha óptica diferente, pero co mar como referencia, o Concello tamén impulsa as Xornadas de Arqueoloxí­a e Historia Marítima Cidade de Viveiro, das que acabamos de celebrar a segunda edición.

Combinando pasado e presente, tradición, cultura e gastronomí­a, neste ano o Concello celebrou Vivemar, unha iniciativa innovadora que en setembro ofreceu diversas actividade­s para todos os públicos. Entre elas, varias exposición­s de artes de pesca e aparellos, fotografía­s antigas e actuais da ría e dos portos e outra de maquetas; así como as charlas relacionad­as co mundo mariño.

«Brexit» e obriga de desembarqu­e son algunhas das inquedanza­s Os dragados e o saneamento da ría preocupan e son prioritari­os A Concellerí­a do Mar traballa polo ámbito marítimo e pesqueiro A merluza do pincho de Celeiro tamén é símbolo en Viveiro

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain