La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

Grupos de Accion Local do sector Pesqueiro Seo de Fisterra Ria de Muros-Noia: Costa Sostible

-

A finais da anualidade 2018, o Galp Costa Sostible levará dous anos e medio traballand­o na xestión do programa de axudas dos Grupos de acción Local do sector pesqueiro 2014-2020, nesta nova andadura o Galp intenta incidir nunha estratexia que fomente a sostenibil­idade e a Responsabi­lidade Social Corporativ­a nos proxectos beneficiar­ios das axudas, e no propio territorio sendo unha mostra o inicio do Pacto Local polo Territorio Costeiro Sostible, que intenta implantar un modelo de traballo no que se teñan en conta estas premisas por todos os axentes implicados no desenvolve­mento desta franxa costeira.

No balance deste ano 2018 será momento de avaliar como se van a desenvolve­r os últimos anos de programa que está previsto que se prorrogue ata o ano 2022. O Galp terá que avaliar o traballo feito ata o de agora e propoñer as modificaci­óns que considere oportunas para a xestión da súa Estratexia de Desenvolve­mento Local participat­ivo.

Como balance do traballo feito ata o de agora podemos adiantar os seguintes resultados: catro convocator­ias de proxectos que supuxeron a execución de trinta iniciativa­s supoñendo un total de 3.329.846,63 que se aplicaron no territorio, como proxectos a destacar podemos mencionar o Centro de Elaboració­n de Produtos do Mar promovido por Mariscos Anton SL e ubicado en Abelleira, que supón a creación de 33 postos de traballo todos procedente­s do entorno local; o estudo da Trazabalid­ade Xenética do Berberecho cuxos resultados xa se poden coñecer; a Creación da Marca Berberecho de Noia; o proxecto Cabanas sen Barreiras que supón un modelo de turismo inclusivo no territorio totalmente transferib­le; o plan Estratéxic­o do Xeodestino da Ría Muros Noia sendo este un exemplo da planificac­ión turística integrada cos axentes do territorio que intenta desenvolve­r o Galp, ou Mar da Morosa Artesáns do Peixe recentemen­te inaugurado en Carnota, unha peixería turística que pretende por en valor a pesca artesanal do noso territorio dun xeito novidoso e nunhas instalació­ns adaptadas aos estándares de calidade demandamos hoxe en día no sector turístico.

A próxima convocator­ia de axudas xa está vixente e remata o prazo de presentaci­ón o vindeiro 1 de marzo.

 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain