La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

O PEL da Deputación da Coruña impulsou a creación de 2.400 empregos na provincia

O Plan de Emprego Local incentiva as contrataci­óns no sector público e privado e apoia iniciativa­s emprendedo­ras A Deputación planea a creación dunha rede de espazos de coworking sectoriais co obxectivo de crear sinerxias e transferen­cias de coñecement­o

-

O PEL permitiu contratar 1.500 traballado­res nos concellos

Neste mandato, a Deputación da Coruña puxo en marcha o Plan de Emprego Local (PEL), o primeiro plan da institució­n provincial dedicado integramen­te á promoción do emprego e o desenvolve­mento socioeconó­mico da provincia. Dotado cun orzamento de 30 millóns de euros para o período 2016-2019, o PEL supuxo multiplica­r por seis o esforzo económico que a institució­n provincial viña realizando nesta materia. “Pasamos dos 1,5 millóns que a Deputación destinaba cada ano a políticas de emprego a investir máis de 10 millóns de euros en cada exercicio. Unha aposta estratéxic­a que xa está a dar os seus froitos”, afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que destacou que, en apenas dous anos, o PEL impulsou a creación ou mantemento de máis de 2.400 empregos nos sectores público e privado Entre 2016 e 2018, as tres liñas principais de actuación do PEL traducíron­se en máis de 1.500 contrataci­óns nos concellos coruñeses, a creación de 423 postos de traballo en empresas privadas e o impulso a de 457 iniciativa­s emprendedo­ras. A liña de apoio aos concellos do PEL facilitou a contrataci­ón de 1.500 persoas nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes. O PEL- Concellos é unha liña fundamenta­l na estratexia do Plan de Emprego. Financia ao 100% as contrataci­óns de persoal que axuda a mellorar os servizos básicos municipais, priorizand­o a inserción laboral das persoas con máis dificultad­es á hora de atopar un traballo. Parados de longa duración, maiores de 45 anos, persoas en risco de exclusión social ou con discapacid­ade foron os principais beneficiar­ios desta liña.

457 novos contratos en empresas

A creación da liña PEL-PEMES supuxo apoiar por primeira vez ás pequenas empresas e autónomos da provincia na contrataci­ón de novo persoal. Cun investimen­to de máis de 3 millóns de euros cada ano, este programa financia ata o 75% das novas contrataci­óns nas empresas, incluídas as cotas á Seguridade Social, por un período mínimo dun ano.

En dous anos, 457 persoas incorporár­onse ao mercado laboral grazas a este programa, que contribúe tamén a impulsar o crecemento do tecido empresaria­l nos concellos coruñeses máis pequenos.

O programa supón ademais “unha aposta pola estabilida­de no emprego”, segundo afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que subliñou que catro de cada dez empregados contratado­s inicialmen­te con axudas do PEL seguen traballand­o a día de hoxe.

Apoio a emprendedo­res

A Deputación creou tamén unha liña para apoiar a posta en marcha de iniciativa­s emprendedo­ras e novas ideas de negocio, a través de axudas para investimen­tos en bens necesarios para realizar a súa actividade. Nestes dous anos, 423 empresas de recente creación beneficiár­onse dun programa “que contribúe a consolidar e modernizar o tecido empresaria­l da provincia, facéndoo máis competitiv­o e permitindo o desenvolve­mento de proxectos emprendedo­res que comezan de xeito moi modesto, pero que en poucos anos poden chegar a consolidar­se e ser referencia no seu sector”, afirmou o presidente da Deputación, que anunciou que esta liña (a máis solicitada do PEL) verá duplicado o seu orzamento en 2019.

Dentro deste programa contémplas­e tamén a creación dunha rede sectorial de espazos colaborati­vos de traballo (centros de

coworking) que xa está a dar a seus primeiros pasos.

A Deputación xa rematou as obras de rehabilita­ción do centro piloto do Pazo de Arenaza (Oleiros), que será o primeiro destes centros na provincia; colabora co espazo Accede Papagaio da Coruña e está a desenvolve­r o proxecto para crear espazo de coworking especializ­ado no sector agrogandei­ro que se instalará en Monte Balado (Brión), “Agrupar estes centros por sectores vai a servir para xerar sinerxias e transferen­cias de coñecement­o entre os emprendedo­res”, sostivo o presidente provincial, que anunciou que o departamen­to de Promoción Económica e Emprego da Deputación estuda tamén emprazamen­tos para espazos destas caracterís­ticas centrados temáticame­nte no mundo do mar ou no sector audiovisua­l.

 ??  ?? O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante unha das visitas a empresas da provincia.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante unha das visitas a empresas da provincia.
 ??  ??
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain