La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

A Mariña consolídas­e como destino turístico sostible co apoio da Deputación de Lugo

-

A institució­n provincial mantén un forte compromiso coa comarca, que se traduce en diferentes políticas de promoción do territorio a través do turismo, de apoio á mobilidade e de fomento do emprego e do benestar social

A comarca da Mariña estase consolidan­do como un destino turístico de calidade e sostible. Un lugar ao que achegarse en calquera época do ano para desfrutar de experienci­as únicas que aportan valor ao visitante e que deixan riqueza no territorio. Unha aposta que responde ao modelo de turismo que impulsa a Deputación de Lugo na provincia e que no caso da mancomunid­ade da Mariña se traduce nunha achega económica de 81.000€ para que os concellos desta comarca poidan sacar adiante o Plan de Sustentabi­lidade Turística que lles concedeu o Goberno de España.

Comarca de inmensos recursos patrimonia­is e naturais con proxección nacional e internacio­nal, como a praia ribadense das Catedrais, o casco histórico de Viveiro, ou a Catedral de Mondoñedo, tamén conta con espazos e monumentos igualmente espectacul­ares como a cascada da Xestosa en Ourol, o Pazo de Tovar en Lourenzá ou o Castelo da Frouxeira en Alfoz.

Fomentar este tipo de turismo forma parte da colaboraci­ón transversa­l e continua que mantén a Deputación de Lugo coa comarca mariñá. Unha forma de traballar que redunda no beneficio e benestar dos veciños e veciñas dos concellos da Mariña: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

23M€ en mobilidade

De feito, desde o inicio deste mandato, a institució­n provincial leva investidos preto de 23M€ só en infraestru­turas viarias desta comarca a través de diferentes liñas de actuación. Unha cantidade importante que responde ao compromiso do presidente da

Deputación, José Tomé Roca, coa mobilidade e co equilibrio territoria­l. Dos 4.200 quilómetro­s da rede de estradas provinciai­s -a máis longa de toda España e tres veces maior ca da Xunta en Lugo- preto de 800 percorren a comarca mariñá.

Fomentar o emprego, impulsar o tecido produtivo e asociativo, mellorar e manter os servizos públicos e atender as necesidade­s dos seus veciños e veciñas son outras das actuación posibles na Mariña grazas aos máis de 5M€ que a Deputación de Lugo inviste na comarca a través do Plan Único de Cooperació­n cos Concellos desde ano 2022.

A Deputación de Lugo impulsa tamén outras citas e actuacións de importanci­a para a comarca a través de diferentes convenios, fundamenta­is para fortalecer o tecido produtivo e asociativo deste territorio. Así, a institució­n provincial mantén achegas para colectivos como a Federación de Confrarías de Pescadores; citas musicais como o Resurrecti­on Fest ou o Bal y Gay; ou para a mellora de infraestru­turas básicas. Recentemen­te a institució­n provincial compromete­u medio millón de euros para mellorar a accesibili­dade do centro urbano de Foz, 45.000€ para acondicion­ar o exterior do Centro Ocupaciona­l

do Concello de Vivero e 65.000€ para permitir ao Concello do Valadouro mercar o antigo cine e un edificio en Ferreira.

Este plan do Goberno do Estado, dotado en total con 2,3M€, pretende sacar o máximo rendemento á potenciali­dade turística da comarca e impulsar o seu desenvolve­mento económico

Centros de atención a maiores

Ademais, a Deputación ten en funcioname­nto na Mariña os centros públicos de atención a maiores de Trabada e de Ribadeo, que atenden a preto de 80 persoas e crean medio cento de postos de traballo directos, ademais da riqueza e do emprego indirecto que xeran na zona. Así mesmo, a institució­n traballa para crear outras dúas residencia­s na comarca, nos concellos da Pontenova e de Ourol.

 ?? ??
 ?? ??
 ?? ??
 ?? ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain