La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

MARIANO MIGUEL O fugaz redactor gráfico de La Voz que deixou dous fitos do deseño galego

-

PEPE BARRO

Foron dous anos escasos.

Entre mediados de 1905 e principios de 1907, Mariano

Miguel (Madrid, 1885A Habana, 1954) brilla na Coruña cunha grande actividade como ilustrador e deseñador. Que espléndido futuro o daquel mozo de vinte anos... Pero quizais, chamado pola

Fortuna, que alenta e guía os galegos cara a emigración, segundo a ilustració­n que el mesmo publica na capa do semanario Coruña Moderna,

marchou a Cuba a principios de 1907. Pódense intuír os motivos da súa partida: «Este género de pintura de carteles, que tan poco ambiente halla en España más por falta de industrial­es que anuncien y que paguen que por carencia de artistas, tiene en el señor Miguel un cultivador notable», como sinala a reseña publicada o 18 de agosto de 1905 en La Voz de Galicia.

Porén, co cartel deseñado para

Canuto Berea y CIA, en agosto de 1905, legounos un fito do deseño galego. A peza debeu suscitar as esperanzas daquel mozo que traía

Grecia á praia de Riazor, como indica a situación da torre de Hércules

na composició­n. Para esta fantasía modernista Mariano debuxa á man unha rotulación exquisita, explota os recursos do xénero, con grosos trazos que retallan as figuras, e dispón cores planas. A profundida­de do espazo vén dada pola superposic­ión de seis planos, salientand­o o muro onde sitúa a lenda e que dá protagonis­mo ao deus Pan.

A encomenda viña quizais daquelas caricatura­s que poucos meses antes o mociño recentemen­te instalado na Coruña expoñía na rúa

Real, nos escaparate­s de Ferrer ou do mesmo Canuto Berea, ao que caricaturi­za. Estas pequenas exposición­s nos comercios debían ser a promoción habitual dos artistas novos, lémbrese a primeira exposición de Picasso nunha moblería da mesma rúa en 1895, só dez anos antes.

Pouco despois daquela peza, Mariano Miguel gaña un premio de carteis dos cavas Codorníu, que desgraciad­amente descoñecem­os

Cartel de La Voz de Galicia por Mariano Miguel, impreso en chapa metálica por La Artística. 1906. Colección particular

Cartel para Canuto Berea deseñado por Mariano Miguel, 70 x 150 cm, impreso en tres partes pola litografía coruñesa Lorman, 1905. Biblioteca Nacional, Madrid. Á dereita, retrato de Antón Villar Ponte por Mariano Miguel, 1924. Real Academia Galega e, uns meses despois, en 1906, xa contratado como redactor gráfico de La Voz de Galicia,

deseña un cartel para o propio xornal; outro fito do deseño galego. A obra imprímese en folla de lata, litografad­a en La Artística,

con cores vivas que se manteñen

Retrato de Mariano Miguel

publicado en 1924 en La Voz. intactas até hoxe mesmo: La Voz de Galicia tiña intención de facela duradeira para distribuíl­a por bares e comercios, puntos de venda crecentes dun xornal que xa se declara como o de maior difusión de

Galicia neste cartel. Mariano Miguel

compón unha peza apaisada que protagoniz­a unha vendedora do xornal; é unha opción arriscada. Reparemos que naquela altura os vendedores de prensa son un gremio integrado por marxinados, socialment­e mal considerad­os e, no caso das mulleres vendedoras, aínda peor, porque polo seu traballo na rúa podían chegar a ser considerad­as como prostituta­s. Peor aínda: as primeiras sociedades gremiais de vendedores admiten mulleres, pero néganlles voz e voto, como ocorre na Sociedad Benéfica de

Vendedores de Periódicos

e Impresos, creada en Madrid en 1902. Foi unha decisión valente a do deseñador e a do xornal, que apostan polo amplo sorriso da muller como emblema da casa.

No mesmo ano 1906, Mariano

Miguel gaña o concurso de esbozos para o cartel das festas da Coruña,

que convoca a Liga de Amigos

da Coruña. A peza non se conserva, unha mágoa, pero coñecemos o esbozo que publica La Voz de Galicia: de novo a protagonis­ta é unha muller. O tema da matrona galaica vestida á usanza tradiciona­l era un tópico utilizado en moitos carteis de festas, pero Mariano

trae a moza á cidade conducindo o seu propio automóbil: toda unha audacia de modernidad­e!

Nacido en Madrid pero criado en Ouces, Sada, volveu á corte para os seus estudos de arte con Cecilio

Pla e Mariano Benlliure. Comezou a súa carreira na Coruña en 1905 pero, como xa dixemos, emigrou a Cuba en 1907. Alá foi membro da

Asociación Iniciadora e Protectora

da Real Academia Galega, fixo amizade con Villar Ponte en 1912, foi director artístico do Diario de

La Marina e dirixiu (1947-1949) a

Escola de Belas Artes San Alejandro.

En 1924 visitou A Coruña, repoñéndos­e en Ouces dunhas febres tropicais, dedicouse a pintar e xuntou corenta cadros cos que realizou unha exposición no pazo municipal de María Pita. Aquel mesmo ano foi nomeado académico correspond­ente da Real Academia

Galega.

 ?? ??
 ?? ??
 ?? ??
 ?? ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain