La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2

Cultura: San Martiño

O cabalo azul de San Martiño viaxa por entre as longas ponliñas dos salgueiros. Quizabes é o derradeiro día de voo que lle foi dado.

- (Álvaro Cunqueiro)

Cine e Música

Na cultura popular do noso país hai uns meses que son coñecidos con nomes de santos. Así o mes de xuño é coñecido como o mes de san Xoán (refírese a san Xoán Bautista), o mes xullo é o mes de Santiago, o mes de decembro é o mes de Nadal e o mes de novembro é o mes de San Martiño. A súa festa celébrase o día once de novembro.

San Martiño é un santo moi popular e con moita raigame en Galicia. De feito é o patrón de 235 parroquias en toda Galicia, sendo o santo que ocupa o cuarto lugar en número de parroquias baixo a súa advocación, despois da Virxe María (791 parroquias), San Pedro (322) e Santiago (277). A Catedral de Ourense, a única de España que está tamén baixo a súa advocación.

Ó mellor preguntámo­nos cal é a razó deste feito. A súa devoción na nosa terra débese a outro San Martiño, a San Martiño de Dumio onde foi bispo. Ambos naceran en Panonia, unha rexión da actual Hungría. No ano 2016 cumprírons­e os 1.700 anos do nacemento de San Martiño no pobo de Sabaria xa que alí viu a luz no ano 316. Na iconografí­a, San Martiño aparece representa­do coma bispo con mitra e con báculo. Outra representa­ción moi frecuente é a de San Martiño a cabalo partindo a súa capa cun pobre. Esta imaxe fai referencia a que San Martiño, cando aínda era soldado e catecúmeno, no ano 337 en Amiens (Francia), nun día moi frío un mendigo achegouse a el medio en coiro. Entón San Martiño colleu a espada e partiu a súa capa, dándolle a metade ó pobre. Esa mesma noite, en soños, San Martiño viu a Xesucristo cuberto coa parte da capa que lle dera ó pobre. Xesús díxolle: “Martiño, xa como catecúmeno abrigáches­me coas túas roupas”. Por iso a tradición recolle que ó redor da festa de San Martiño (11 de novembro) hai sempre uns días de moi bo tempo. É o que se chama o “verán de San Mar- tiño” que, como di o refrán “dura tres

días e un pouquiño”. Hai que dicir que nestes últimos anos “o pouquiño” foi moi longo.

Na parroquia de San Martiño de Belesar hai imaxe moderna (do século XX) que representa San Martiño vestido de bispo con casula, báculo e mitra e ten na man dereita un libro aberto no que se pode ler en latín nunha das follas: “Cur nos pater dexeris aut qui nos desolatus relinquis” e na outra, “Domine

si adhuc populo tuo sum necesarius

non recuso laborem”. Esta inscrición fai referencia a que San Martiño sendo xa moi velliño, ten que ir poñer paz na rexión de Candes. Unha vez restableci­da a paz, San Martiño pensa en volver para o seu mosteiro, pero comenzan a fallarlle as forzas e decátase de que chega o tempo do seu pasamento e por iso chámaos a todos e díllelo. Daquela todos se puxeron moi tristes e, chorando, dicían: “¿Por que nos deixas, pai? ¿A quen nos encomendas na nosa desolación? Invadirán a túa grei lobos rapaces; ¿quen nos defenderá das súas dentadas, se nos falta o pastor? Sabemos que desexas estar con Cristo, pero unha dilación non fará que se perda nin disminuia o teu premio. Compadécet­e máis ben de nós, ós que deixas”. Daquela, din o biógrafos, que San Martiño, conmovido por estas bágoas, cheo como estaba de entrañas de misericord­ia no Señor, chora tamén e, volto ó Señor, reza dicindo: “Señor, se aínda son necesario ó teu pobo, non rexeito o traballo; fágase a túa vontade”. O pasamento de San Martiño tivo lugar en Candes no ano 397 e os seus restos repousan en Tours (Francia) onde foi bispo.

 ?? Foto Purriños. ?? Imagen de San Martiño del retablo mayor de la parroquia de San Martiño de Lanzós (Vilalba).
Foto Purriños. Imagen de San Martiño del retablo mayor de la parroquia de San Martiño de Lanzós (Vilalba).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain