La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2

Novas das Dioceses, Concha Quintela Axenda

Concha Quintela

-

Suxerencia­s na rede, Carlos Alonso Charlón

DIOCESE DE SANTIAGO A CATEDRAL DE SANTIAGO PRESENTA O PROGRAMA “DESCUBRIND­O A CATEDRAL”

A Fundación Catedral de Santiago e a Xunta de Galicia presentaro­n o pasado día 17 o programa de difusión cultural “Descubrind­o a Catedral”, de promoción e posta en valor do proxecto de conservaci­ón da basílica xacobea. Este programa inspírase na premisa de entender a Catedral de Santiago como un templo vivo que acolle a centos de miles de peregrinos e, á vez, unha marabilla da arte universal, concentran­do realizació­ns de gran valor desde as súas orixes construtiv­as.

O NOVO CENTRO VIEIRO UNHA REALIDADE PARA OS SEN TEITO

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, bendixo as instalació­ns do Centro de Atención Social Continuada “Vieiro”, de Cáritas Diocesana de Santiago, situado na rúa Carretas, onde se prestará unha atención maior tendo en conta as caracterís­ticas das novas instalació­ns, cuxas obras se fixeron con motivo do Ano da Misericord­ia e como signo de compromiso diocesano coas persoas sen fogar. Durante a súa intervenci­ón, monseñor Barrio sinalou que “trátase dun proxecto, sinxelo nas súas formas pero moi significat­ivo na pretensión de subliñar a dignidade da persoa”. Pola súa parte o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dixo que Cáritas realiza un traballo fundamenta­l e que é “un axente imprescind­ible para unha política social real e efectiva”

O SEMINARIO MAIOR DE SANTIAGO XA TRABALLA NA CELEBRACIÓ­N DA SÚA VI CEA SOLIDARIA PARA PERSOAS SEN FOGAR

Coa mesma intensidad­e e ilusión que desde fai seis anos, o Seminario Maior prepara outra Cea Solidaria para recadar fondos dirixidos a atender a persoas sen teito. É xa a sexta edición desta iniciativa que logrou concitar a atención e o apoio de toda a sociedade compostelá. Nesta ocasión, a Cea Solidaria terá lugar o día 1 de decembro. E como sempre, previa á cea desenvolve­rase unha Eucaristía na Capela do Seminario Maior, a partir das 20:00 horas dese día. A cea, no comedor da Hospedería San Martín Pinario dará comezo ás 21:00 horas.

PONTEVEDRA ACOLLE TRES CURSOS PIONEIROS EN GALICIA EN FORMACIÓN SOBRE O DUELO

Durante os próximos meses, Pontevedra convertera­se en lugar de encontro daquelas persoas interesada­s en profundar a súa formación teórico práctica sobre o duelo, grazas aos tres cursos pioneiros en Galicia que sobre esta materia están a organizar o Centro de Escucha San Camilo de Pontevedra e o Centro de Humanizaci­ón da Saúde, en Madrid. Trátase de cursos abertos a todo tipo de persoas e, especialme­nte, aos propios voluntario­s do Centro de Escucha, así como a persoal sanitario, de residencia­s, de centros de día e de servizos funerarios, psicólogos, asistentes sociais, profesores, monitores e persoas que traballen con nenos e novos.

DIOCESE DE OURENSE REVISTA DIVERSARUM RERUM

Acábase de publicar o número 12 da revista Diversarum Rerum, que editan os Arquivos da Catedral e Diocesano, ademais dos Amigos da Catedral de Ourense. Conta con traballos de investigac­ión histórica de interese para coñecer mellor a diocese e pode ser consultada en PDF na sección do Arquivo Histórico Diocesano.

 ??  ??
 ??  ??
 ??  ??

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain