La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2

NADAL EN BEGONTE

-

O día dous de decembro botará a andar a XLVI edición do Belén Electrónic­o de Begonte que como é sabido é Festa de Interese Turístico de Galicia. Os actos do Nadal en Begonte comezarán co pregón que terá lugar ás seis da tarde na igrexa parroquial de San Pedro de Begonte despois dunha Misa en lembranza dos socios, colaborado­res e amigos do Belén. O pregoeiro este ano vai ser Alfonso Cabaleiro Durán, director de Galicia Calidade. Cantará Misa e despois ofrecerá un concerto de panxoliñas o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera. A continuaci­ón, no Centro Cultural “José Domínguez Guizán”, terán lugar os primeiros pases do Belén Electrónic­o, que se poderá visitar ata o 27 de xaneiro de 2018. Coma todos os últimos anos, haberá o certame de Xornalismo sobre o Nadal, o certame nacional de poesía sobre o Nadal, o certame de debuxo infantil sobre o Nadal e o certame galego de Arte “José Domínguez Guizán”. Como novidade nesta edición, terá lugar a exposición Imaxes do Nadal na que media ducia de fotógrafos expoñerán cinco fotografía­s cada un sobre o Nadal, primeiro, a partir do quince de decembro, na sala de Exposición­s da Xunta de Galicia en Lugo e finalmente, desde o 29 de decembro, na Casa da Cultura de Begonte. Tamén haberá dúas figuras novas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain