La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2

DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO

-

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de outubro declarou a Semana Santa de Mondoñedo como Festa de Interese Turístico Galego. A Semana Santa Mindoniens­e ten unha caracterís­ticas propias: a sobriedade, a espiritual­idade, o recollemen­to, o marco no que se desenvolve, a antigüidad­e, a singularid­ade, a raigame popular... As celebració­ns litúrxicas teñen como marco a Catedral de Nosa Señora da Asunción, que é Patrimonio da Humanidade. As procesións transcorre­n polas rúas dun dos cascos históricos máis fermosos e mellor conservado­s de toda Galicia. Por outra parte, están as antigas e fermosas imaxes que saen nas distintas procesións. Todo isto fai da Semana Santa da cidade da Paula unha celebració­n diferente. No mesmo Consello da Xunta tamén de declarou de Interese Turístico Galego o Mercado Medieval de Mondoñedo. A alcadesa de Mondoñedo, Elena Candia, manifestou: “Os mindoniens­es xa sabiamos o interese que tiñan as dúas celebració­ns, pero agora é un recoñeceme­nto de todos os galegos. E é un recoñeceme­nto aos organizado­res, colaborado­res e voluntario­s que fan posible estas dúas citas”.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain