La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2

MONDOÑEDO: DÍA MUNDIAL DO PATRIMONIO

-

A UNESCO estableceu o 16 de novembro como o Día do Patrimonio Cultural. Con este motivo a Rede do Patrimonio Cultural botou a andar o pasado tres de xuño para “axudar a protexer un dos principais activos sociais, identitari­os e económicos de Galicia e un recurso estratéxic­o para a sociedade galega que debe ser conservado”. Mondoñedo, que é coñecido como a cidade da Paula, sumouse ós actos que se celebraron en diversos lugares de Galicia cun concerto de toques de campás que se celebrou ás doce da mañá do día dezaseis. Valentín Insua Palacios, campaneiro da Catedral Mindoniens­e, cun grupo de sete voluntario­s fixo soar as sete campás da torre esquerda da Basílica mindoniens­e: Agonía Menor, Agonía Mayor, Esquilón Novo, Esquilón Vello, Prima, Ronda e Paula. As campás soaron todas xuntas, por grupos de tres e individual­mente para pecharse co volteo da Paula e o medio volteo dos esquilóns. O acto estivo organizado pola Asociación Batitales, o Cabido Catedralic­io e a Catedral de Mondoñedo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain