La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2

«Os veciños sentímonos moi orgullosos de ser de Narón»

Marián Ferreiro Alcaldesa de Narón Afronta a fin do mandato cunha auténtica cascada de proxectos en marcha por todo o municipio e ultimando novas actuacións

- J. C. M.

Aprimeira alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro (San Xiao, 1977) celebra o festivo local facendo balance e coa vista posta nos próximos comicios.

— Neste 23 de novembro, ¿de que diría que se senten orgullosos os naroneses?

—Creo os naroneses como as naronesas e eu como veciña e alcaldesa nos sentimos en xeral especialme­nte orgullosos desta cidade. Dunha cidade que presta servizos de calidade, que dispón dunha ampla oferta de zonas verdes e de xogo na zona urbana e rural, con tres escolas infantís municipais e unha concertada, con escolas culturais e deportivas ás que acoden tamén persoas doutros concellos e cunha oferta cultural en programaci­ón e en instalació­ns deportivas que nos converteu hai tempo nun referente, ao igual que na de educación viaria.

— Parece que Narón xa non ten o ritmo de crecemento de antano. ¿A que se debe?

— Seguimos avanzando pero doutro xeito. Temos unha aposta firme por facer investimen­tos, tal e como se reflicte nos orzamentos. Un dos síntomas de que o ritmo é cada ano mellor é que o orzamento de 2018 é o máis elevado da historia da cidade e o de 2019 será aínda superior. Destinar case once millóns de euros para investimen­tos este ano considero que é ba- se suficiente para constatar que esta cidade continúa medrando, que é o que queremos.

— Os reproches entre Ferrol e Narón son frecuentes, pero vostede e o seu homólogo venden unha relación idílica. ¿Como son, en verdade, as relacións coa cidade veciña?

—As relacións con Ferrol son boas. É certo que nalgún momento podemos discrepar en determinad­as cuestións pero é simplement­e porque avanzamos a ritmos diferentes.

— ¿Tempos irreconcil­iables?

—Si, hai tempos diferentes por- que tamén é certo que en Narón temos unha estabilida­de no goberno que nos permite unha axilidade maior á hora de afrontar o traballo diario.

— Coa fin do mandato disparáron­se as obras, que hai quen cualifica de electorali­stas.

—Estivérons­e facendo obras durante toda a lexislatur­a —saneamento, abasteceme­nto, eficiencia enerxética, melloras viarias, zonas verdes…—. Os cambios na Lei de Contratos concentrar­on máis a execución das obras neste final de mandato.

— Multiplicá­ronse tamén as protestas por proxectos como a senda do Val, a estrada de Sedes ou a de San Xiao.

—Hai que aclarar que se trata nos tres casos de obras proxectada­s e financiada­s pola Xunta e pola Deputación, que son as que realizan os proxectos, contratan os traballos, finánciano­s e, no caso de consideral­o, teñen total potestade para realizar as modificaci­óns oportunas.

 ?? FOTO JOSÉ PARDO ?? Ferreiro asumiu a alcaldía da oitava cidade galega en setembro do 2016.
FOTO JOSÉ PARDO Ferreiro asumiu a alcaldía da oitava cidade galega en setembro do 2016.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain