La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2

«Deixamos a débeda a cero e aumentamos o investimen­to»

-

A rexedora mira ao futuro e apunta liñas de traballo.

— Dígame tres obxectivos pendentes que considere fundamenta­is.

—Un deles é encher o polígono Río do Pozo de empresas, completar esas parcelas que aínda están á venda para continuar xerando emprego na cidade. Tamén é moi importante seguir ampliando a rede de saneamento e abasteceme­nto, dotando deses servizos ás zonas de peor acceso e que requiren un maior investimen­to e tamén continuar avanzando no proxecto de humanizaci­ón da nosa cidade con políticas de mobilidade e desenvolve­mento sostible. En definitiva, continuar mellorando a calidade de vida dos naroneses.

— ¿Cal é a mellor herdanza deste mandato?

—Deixar a cero a débeda ao tempo que incrementa­mos os investimen­tos na cidade. Unha herdanza que, afortunada­mente, non é xa un reto senón unha realidade no noso concello grazas á boa xestión realizada.

— Un prognóstic­o, ¿Seguirá sendo Marián Ferreiro a alcaldesa dos naroneses o 23 de novembro do 2019?

— Iso van decidilo as naronesas e os naroneses en maio co seu voto. Nós seguiremos traballand­o para merecer a súa confianza.

— ¿Como celebra esta xornada especial a alcaldesa?

—Desfrutand­o xunto co resto de veciñas e veciños de Narón desa ampla programaci­ón deseñada para conmemorar como se merece o 23 de novembro, Día de Narón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain