La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2

Do kiwi á mazá ou ao aceite

-

Hai unha froita na que Galicia é primeira produtora a nivel nacional. É o kiwi, que entrou en España na década dos sesenta do século pasado da man de José Fernández López, quen trouxo unhas sementes de Alemaña. Hai quen lle chama o ouro verde. Non só o kiwi é a grande esperanza branca no sector da froita galega. As mazás, sobre todo as que van para a sidra, ou os arándanos, dos que hai varias explotació­ns en ecolóxico, son outros sectores de futuro. E non hai que esquecer as oliveiras porque o aceite galego ten moitos fans, tanto en Galicia como en países do outro lado do océano como Estados Unidos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain