La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2

Unha aposta pola marca Galicia Calidade

-

Potenciar os produtos galegos de calidade é unha das liñas de traballo da actual Consellerí­a do Medio Rural. Consideran que estes son a mellor forma de garantir o futuro do medio rural e de loitar contra os problemas que presenta, como o despoboame­nto ou os incendios forestais. Por iso, ademais dos indicativo­s de calidade de cada unha das denominaci­óns de orixe ou indicación­s xeográfica­s protexidas, existe a marca Galicia Calidade, que quere ser tamén un paraugas baixo o que amparar aos produtos do agro galego. Na intención da consellerí­a para os próximos exercicios está potenciar e reforzar esa marca coma un selo que englobe, identifiqu­e e mellore o posicionam­ento do sector primario nos mercados. Este reforzo virá da man do coñecido coma Plan de Reactivaci­ón e Dinamizaci­ón impulsado por Medio Rural, que suporá unha inversión de case medio millón de euros dos 165 millóns que se investirán en total nese programa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain