La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial2
Pan de Galicia, viños do Navia
A lista de produtos galegos que poden presumir de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida non deixa de medrar. Este mesmo ano empezou a funcionar a IXP Pan Galego, que ten aberto o proceso de inscrición para panadeiros e cultivadores de trigo. E hai só unha semana, o Diario Oficial de Galicia publicaba a solicitude de rexistro da IXP do viño Terras do Navia, que amparará os viños producidos na bacía do río Navia, no nordeste da provincia de Lugo.