Val­do­vi­ño, un dos gran­des te­rri­to­rios de in­fan­cia de Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno

La Voz de Galicia (Ferrol) - Ferrol local - - COMARCAS - RA­MÓN LOUREIRO

Val­do­vi­ño vi­ve ho­xe dun xei­to «moi es­pe­cial» —en pa­la­bras do seu pro­pio al­cal­de, Al­ber­to Gon­zá­lez— o Día das Le­tras. Por­que foi pre­ci­sa­men­te alí on­de Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno, a au­to­ra ho­me­na­xea­da es­te ano po­la Real Aca­de­mia Ga­le­ga, to­mou con­tac­to coa reali­da­de e coa a lin­gua do país. Na­tu­ral de Va­len­cia de Al­cán­ta­ra, na pro­vin­cia de Cá­ce­res, on­de na­ce­ra en 1939, a au­to­ra de Anag­nó­ri­se ti­vo o seu pri­mei­ro con­tac­to con Ga­li­cia en 1947, can­do veu pa­sar uns me­ses na ca­sa do seu tío Jo­sé Eu­ge­nio, que da­que­la os­ten­ta­ba en Val­do­vi­ño o car­go de se­cre­ta­rio mu­ni­ci­pal.

«Can­do nos co­men­tou es­ta cir­cuns­tan­cia a ta­mén es­cri­to­ra Rosa Anei­ros —ex­pli­ca Al­ber­to Gon­zá­lez—, pa­ra nós foi un­ha ale­gría. E o que que­re­mos fa­cer ago­ra, arre­dor des­te fei­to, non é só ce­le­brar que Val­do­vi­ño fo­se pa­ra Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno un­ha es­pe­cie de por­ta das Le­tras, se­nón con­tri­buír, de ca­ra ao fu­tu­ro, e en to­do can­to es­tea na no­sa man, a man­ter vi­va a súa me­mo­ria». A pri­mei­ra ini­cia­ti­va que vai to­mar, a es­te res­pec­to, o Con­ce­llo de Val­do­vi­ño, vai ser «iden­ti­fi­car os lu­ga­res do mu­ni­ci­pio que es­ti­ve­ron máis di­rec­ta­men­te ven­ce­lla­dos a Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno. An­te to­do, por su­pos­to, a ca­sa na que vi­viu aquí. Pe­ro ta­mén ou­tros en­cla­ves, co­mo A Frou­xei­ra, que pa­ra ela foi moi im­por­tan­te».

Un­ha pon­te de pa­la­bras

Da­se a cir­cuns­tan­cia, ade­mais —e así o re­cor­da o al­cal­de de Val­do­vi­ño, ta­mén—, de que pre­ci­sa­men­te A Frou­xei­ra é un­ha pon­te de pa­la­bras que une a Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno, a tra­vés dos sécu­los, co poe­ta Fer­nan­do Es­quío, pa­ra o que ta­mén se es­tá a pe­dir un Día das Le­tras Ga­le­gas. E que in­clu­so o to­pó­ni­mo Val­do­vi­ño une ade­mais á es­cri­to­ra á que se lle ren­de tri­bu­to es­te ano con au­to­res ga­le­gos en lin­gua cas­te­lá co­mo Gon­za­lo To­rren­te Ba­lles­ter, a tra­vés da súa Cró­ni­ca del Rey Pas­ma­do. «Val­do­vi­ño ten, por de­rei­to pro­pio, un lu­gar de seu na his­to­ria da li­te­ra­tu­ra —di o al­cal­de—, e ese é un pa­tri­mo­nio que imos po­ñer en va­lor».

CÉ­SAR TOI­MIL

Ca­sa na que vi­viu en Val­do­vi­ño Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.