Fe­rrol­te­rra ren­de tri­bu­to ás Le­tras Ga­le­gas

A co­mar­ca én­che­se de pro­pos­tas lú­di­cas pa­ra con­me­mo­rar o día gran­de das le­tras e máis da li­te­ra­tu­ra ga­le­gas

La Voz de Galicia (Ferrol) - Ferrol local - - AGENDA -

Pro­se­guen os actos pa­ra dar a co­ñe­cer a vi­da e o le­ga­do da mes­tra e es­cri­to­ra es­tre­me­ña Ma­ría Vic­to­ria Mo­reno, au­to­ra ho­me­na­xea­da no Día das Le­tras Ga­le­gas, po­lo seu pa­pel de «ac­ti­vis­ta» na di­fu­sión da no­sa lin­gua. E co­mo ca­bía es­pe­rar, na xor­na­da gran­de das no­sas le­tras, as ci­tas es­pe­ciais mul­ti­plí­can­se.

Fe­rrol

O lo­cal ve­ci­ñal de San­ta Icía aco­lle, a par­tir das 17.30 ho­ras, un even­to cen­tra­do na obra de Mo­reno, pe­ro ta­mén en to­dos os au­to­res ga­le­gos. Arrin­ca­rá cun­ha lec­tu­ra da bio­gra­fía e de tex­tos da ho­me­na­xea­da, tra­la que che­ga­rá a mú­si­ca das co­rais Ale­crín de Brión e San­ta Uxía de Man­diá. O pe­che do ac­to co­rre por con­ta dun­ha lec­tu­ra de poe­mas mu­si­ca­dos a car­go de Al­ber­te e Xoán.

Na­rón

O pro­gra­ma «N de Na­rón. A fes­ta das Le­tras» in­clúe nes­ta xor­na­da un am­plo abano de pro­pos­tas: a par­tir das 12.00 ho­ras, un con­cer­to do mú­si­co ga­le­go Pa­blo Díaz e, á tar­di­ña, o es­pec­tácu­lo de mú­si­ca tra­di­cio­nal A ban­da das aper­tas, de Ma­gín Blan­co (17.30 ho­ras) e Cir­ca­ne­lo de Fredy & Cía so­bre téc­ni­cas cir­cen­ses (18.30 ho­ras). Se­rá to­do na Pra­za da Lec­tu­ra, en San­ta Icía, na que se ha­bi­li­ta­rá un es­pa­zo con obras da bi­blio­te­ca e posto de ven­da de li­bros.

Fe­ne

O Cen­tro mer­can­til e in­dus­trial Uni­da­de de Fe­ne or­ga­ni­za a par­tir das 21.00 ho­ras un­ha con­fe­ren­cia a car­go de fi­ló­lo­ga ga­le­ga Aurora Va­len­ti­na Va­re­la, tra­la que se fa­rá en­tre­ga da in­sig­nia de pra­ta aos so­cios que le­van 50 anos na So­cie­da­de. Fi­nal­men­te, ac­tua­rá a ron­da­lla Es­tre­le­cer, re­ma­tan­do a xor­na­da cun­ha boa quei­ma­da, acom­pa­ña­da de proia.

Pontedeume

A par­tir das 12.30 ho­ras en­tre­ga­se no Sa­lón de ple­nos da Ca­sa do Con­ce­llo o pre­mio da 28 edi­ción do «Con­cur­so de con­tos Vi­la de Pontedeume». A con­ti­nua­ción, os eu­me­ses po­de­rán go­zar da ac­tua­ción do Gru­po fol­cló­ri­co Or­ba­llo na Pra­za Real.

Val­do­vi­ño

O ac­to con­me­mo­ra­ti­vo do Día das Le­tras Ga­le­gas ini­cia­ra­se na Ca­sa da Cul­tu­ra a iso das 18.00 ho­ras. A ci­ta in­clui­rá o es­pec­tácu­lo O amor po­la lin­gua de So­le Fe­llo­za, e máis a en­tre­ga dos ga­lar­dóns co­rres­pon­den­tes aos ga­ña­do­res da ter­cei­ra edi­ción do Con­cur­so de re­la­to cur­to e de­bu­xo do Con­ce­llo.

Mu­gar­dos

Aso­cia­ción cul­tu­ral Ape­lón re­par­ti­rá po­la vi­la glo­bos e marcapáxinas con­me­mo­ra­ti­vos das Le­tras Ga­le­gas e, co­mo non da ho­me­na­xea­da. A par­tir das 11.30 ho­ras ha­be­rá mú­si­ca tra­di­cio­nal e un­ha lec­tu­ra de poe­mas dian­te da Ca­sa Con­sis­to­rial. Ade­mais, cóm­pre si­na­lar a aper­tu­ra do Mu­seo do Cal­do­val.

San Sa­dur­ni­ño

Ás 18.00 ho­ras, na Ca­sa da Cul­tu­ra, ac­tua­rá o alum­na­do do mes­tre de mú­si­ca Ilia Kei­lin, se­gui­do dos gai­tei­ros da es­co­la mu­ni­ci­pal. Fi­nal­men­te, pro­xec­ta­ra­se un do­cu­men­tal so­bre a au­to­ra ho­me­na­xea­da, da Aso­cia­ción cul­tu­ral Mi­llo.

Moe­che

A iso das 11.30 ho­ras, de­mos­tra­ción ao vi­vo de ces­te­ría no Cas­te­lo de Moe­che. E ás 17.00 ho­ras, ho­me­na­xe á es­cri­to­ra no lo­cal do Ven­to­ei­ro coa lec­tu­ra de tex­to e coa mú­si­ca do gru­po En­cru­ci­lla­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.