O re­gre­so do ins­pec­tor Man­so

Lo­go de aca­dar o pre­mio Xe­rais de no­ve­la hai dous anos con «A ira dos man­sos», Manuel Es­te­ban (Vi­go, 1971) vol­ve si­tuar­se en pri­mei­ro plano da ac­tua­li­da­de li­te­ra­ria con «O meu no­me é Nin­guén»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LI­BROS . GA­LE­GO - TEX­TO: RAMÓN NI­CO­LÁS

Co­mo con­si­de­ra­ción xe­ral cóm­pre apun­tar que con es­ta no­ve­la se asen­ta un­ha voz que re­tor­na pa­ra que­dar. Es­te­ban tran­si­ta por al­gúns dos tra­zos que ca­rac­te­ri­za­ban a súa an­te­rior en­tre­ga. Ve­laí a fi­gu­ra do ins­pec­tor Man­so, se se que­re ago­ra dono dou­tras mo­du­la­cións, per­fi­la­do con máis ares­tas e tra­ta­do tal­vez cun­ha maior aten­ción e pro­fun­di­da­de, tan­ta que é di­fí­cil non sentir empatía por el; ve­laí ta­mén o con­tex­to urbano da ci­da­de de Vi­go que, máis alá dun pano de fon­do, co­bra a ca­te­go­ría dun trans­pa­ren­te co­pro­ta­go­nis­ta e, fi­nal­men­te, ve­laí o fei­to de recorrer a un­ha tra­ma de­tec­ti­ves­ca con fon­do so­cial, non sei se máis com­ple­xa que a an­te­rior, mais, can­do me­nos, ur­di­da ou te­ci­da con exac­ti­tu­de mi­li­mé­tri­ca, on­de non fal­tan xi­ros nada pre­vi­si­bles ma­ne­xa­dos con su­ti­le­za e en­xe­ño. Non te­ño dú­bi­da de que es­ta é un­ha no­ve­la chea de som­bras, po­boa­da de per­de­do­res e fra­ca­sa­dos, de te­rri­to­rios es­cu­ros que aos pou­cos, e se é pre­ci­so, van ga­ñan­do cla­ri­da­de e ilu­mi­nán­do­se, aín­da que es­tes re­ve­len to­das as con­tra­di­cións que po­de ago­char, que ago­cha, a con­di­ción hu­ma­na. Po­de­ra­se, cla­ro é, ads­cri­bir a pro­pos­ta á na­rra­ti­va ne­gra, e tal­vez así se­xa o máis acaí­do, mais os pa­ra­tex­tos da no­ve­la —tí­tu­los, ci­tas, sen­ten­zas...—, os seus es­teos prin­ci­pais, o seu rit­mo ver­ti­xi­no­so e a es­tru­tu­ra que a do­mi­na va­na con­ver­ten­do nun­ha pro­pos­ta po­li­fó­ni­ca, susceptible de moitas lecturas, den­tro das ca­les qui­zais non se­xan me­no­res as que ape­lan aos por­qués da soi­da­de

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.