«Exal­ta­mos o vi­ño ar­te­sa­nal»

O re­xe­dor de Qui­ro­ga des­ta­ca a sin­gu­la­ri­da­de dos cal­dos que se ela­bo­ran nes­ta sub­zo­na

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Entrevista - LUIS CON­DE MON­FOR­TE

Oal­cal­de de Qui­ro­ga, Ju­lio Ál­va­rez, con­vi­da a to­dos os lec­to­res a go­zar da fei­ra do vi­ño. O re­xe­dor des­ta­ca a pe­cu­lia­ri­da­de do cer­ta­me, que pro­mo­cio­na o que el de­no­mi­na «vi­ño ar­te­sa­nal». Ál­va­rez fai fin­ca­pé na im­por­tan­cia dun sec­tor que con­si­de­ra fun­da­men­tal pa­ra a eco­no­mía do mu­ni­ci­pio.

—¿Co­mo se pre­sen­ta a fei­ra?

—Moi ani­ma­da. Es­ta­mos a to­pe de xen­te. O fei­to de que coin­ci­da coa Se­ma­na San­ta é cla­ve pa­ra que a afluen­cia de pú­bli­co se­xa im­por­tan­te. Imos ver se nos acom­pa­ña o tem­po.

—¿Cal é o ob­xec­ti­vo do cer­ta­me?

—En prin­ci­pio, a fi­lo­so­fía des­ta fei­ra é man­ter a tra­di­ción, é di­cir, apos­tar den­tro da esen­cia que su­pón a de­no­mi­na­ción de ori­xe Ri­bei­ra Sa­cra po­lo vi­ño ar­te­sa­nal. Men­tres poi­da­mos así o fa­re­mos. Co­mo ve­ño co­men­tan­do ano tras ano, era tí­pi­co en Lu­go pe­dir un Qui­ro­ga, por­que son vi­ños con so­le­ra e dis­tin­ción.

—¿Que ca­rac­te­rís­ti­cas te­ñen os vi­ños de Qui­ro­ga?

—Son plu­ri­va­rie­tais. Hai que des­ta­car que os no­sos bran­cos fo­ro os pio­nei­ros da de­no­mi­na­ción de ori­xe. Aquí ato­pa­mos xe­rez, pa­lo­mino e go­de­llo. Es­te ano, os tin­tos, se­gún a cua­li­fi­ca­ción que fi­xo a Con­fra­ría, son ex­tra­or­di­na­rios.

—¿Vén­de­se moi­to na fei­ra ou a co­mer­cia­li­za­ción xa se le­va a ca­bo nas ade­gas du­ran­te o ano?

—A ver­da­de é que no cer­ta­me co­mer­cia­lí­za­se. Os ade­guei­ros ela­bo­ran os vi­ños pen­san­do na fei­ra, e por iso son sin­gu­la­res. Es­fór­zan­se ao má­xi­mo pa­ra que os seus cal­dos se­xan os me­llo­res.

—¿Pó­de­se di­cir que o vi­ño é un dos mo­to­res da eco­no­mía do mu­ni­ci­pio?

—Así é. En Qui­ro­ga es­ta­se pro­du­cin­do máis dun 45% da de­no­mi­na­ción. As gran­des ade­gas da Ri­bei­ra Sa­cra es­tán fa­cen­do plan­ta­cións aquí, e son moi­tas as que ve­ñen por uva a Qui­ro­ga pa­ra sur­tir as de­man­das que te­ñen. Es­ta sub­zo­na é a des­pen­sa da Ri­bei­ra Sa­cra.

—¿Apos­tan den­de o Con­ce­llo po­lo sec­tor vi­ní­co­la?

—To­tal­men­te. Mi­ma­mos moi­to es­te pro­du­to, que é o pri­mei­ro do mu­ni­ci­pio, xa que é moi­ta a xen­te que vi­ve do vi­ño. Co­mo xa co­men­tei, as gran­des ade­gas ve­ñen aquí plan­tar, por­que os ac­ce­sos aos vi­ñe­dos e as par­ce­las son máis có­mo­dos. En Qui­ro­ga o vi­ño ten máis grao, a uva ma­du­ra an­tes e re­sul­ta máis doa­do de tra­ba­llar.

—¿Ve­ría con bos ollos con­tar cun­ha etiqueta pro­pia pa­ra a sub­zo­na?

—Nós es­ta­mos moi or­gu­llo­sos de es­tar na de­no­mi­na­ción de ori­xe Ri­bei­ra Sa­cra. Es­ta­mos a gus­to on­de es­ta­mos, e o que que­re­mos é ser so­li­da­rios.

—¿Se­guen apos­tan­do por un per­fil dis­tin­to pa­ra o pre­gón?

—Con­si­de­ra­mos que es­tes per­soei­ros do mun­do da te­le­vi­sión son per­fec­tos em­bai­xa­do­res non só dos no­sos vi­ños, se­nón ta­mén da zo­na. Es­ta­mos moi le­dos de ter con­nos­co a Car­lo­ta Co­rre­de­ra, que xa che­ga ho­xe pa­ra vi­si­tar a Ri­bei­ra Sa­cra, e per­ma­ne­ce­rá con­nos­co ata o do­min­go po­la noi­te.

—¿Can­tos gai­tei­ros es­ta­rán ma­ñá en Qui­ro­ga?

—Se­rán un to­tal de seis­cen­tos gai­tei­ros os que par­ti­ci­pa­rán no en­con­tro in­fan­til do cer­ta­me cel­ti­bé­ri­co de ban­das de gai­tas. Non só che­ga­rán agru­pa­cións da Pe­nín­su­la, se­nón que con­ta­re­mos con dous gru­pos da diáspora, con­cre­ta­men­te de Su­da­mé­ri­ca. É o pró­lo­go per­fec­to pa­ra a fei­ra, por­que é moi­to o pú­bli­co que se ache­ga­rá pa­ra pre­sen­ciar es­te es­pec­tácu­lo mu­si­cal, que ten co­mo pro­mo­tor a Xosé Luís Fo­xo.

—¿En que obras tra­ba­llan ac­tual­men­te no mu­ni­ci­pio?

—O im­por­tan­te a es­tas al­tu­ras é man­ter o ti­po. O máis des­ta­ca­do no apar­ta­do de obras é a reforma do al­ber­gue. O no­so ob­xec­ti­vo é te­lo im­pe­ca­ble e per­fec­to pa­ra os pe­re­gri­nos que fan o Ca­mi­ño de In­verno. É o úni­co al­ber­gue que exis­te na co­mar­ca. Lo­go, to­das as no­sas ac­tua­cións se cen­tran en man­ter a ca­li­da­de de vi­da dos no­sos ve­ci­ños, cos que nos vol­ca­mos.

—Xa pre­sen­ta­ron an­te a Unesco a can­di­da­tu­ra do xeo­par­que, ¿que su­po­ría con­se­gui­lo?

—O xeo­par­que Mon­ta­ñas do Cou­rel, un pro­xec­to no que par­ti­ci­pa­mos Qui­ro­ga, Cou­rel e Ri­bas de Sil, é un­ha gran apos­ta. Es­ta­mos fa­lan­do de al­go sin­gu­lar, no que en­glo­ba­mos xeo­lo­xía e vi­ño. Con­ta­mos cos me­llo­res re­cur­sos xeo­ló­xi­cos do no­roes­te pe­nin­su­lar, e pro­xi­ma­men­te am­plia­re­mos o no­so mu­seo. Alé­gra­me que o Con­sor­cio de Tu­ris­mo da Ri­bei­ra Sa­cra ta­mén apos­te por es­te pro­xec­to.

—¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res?

—Que nos acom­pa­ñen, por­que Qui­ro­ga é un mu­ni­ci­pio aco­lle­dor. Go­za­rán duns días fa­bu­lo­sos de fes­ta.

Ju­lio Ál­va­rez, al­cal­de de Qui­ro­ga

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.