«Nes­ta fei­ra to­dos ven­den»

O re­xe­dor lem­bra a evo­lu­ción do cer­ta­me e loa a fi­gu­ra do pre­goei­ro, Fran­cis­co Si­nei­ro

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Entrevista - X. R. PENOUCOS LU­GO

Fai 32 anos que o al­cal­de de Pe­dra­fi­ta, Jo­sé Luis Ra­po­so, de­ter­mi­nou que a Fei­ra do Quei­xo do Cebreiro se ce­le­bra­ra sem­pre no Ven­res San­to. O que deu co­me­zo con ca­tro quei­xei­ras mos­tran­do o seu pro­du­to con­ver­teu­se nun­ha ci­ta que ho­xe pre­ci­sa de tres na­ves e o cen­tro de ar­te­sa­nía pa­ra aco­ller to­dos os postos e re­ci­bir a mi­llei­ros de vi­si­tan­tes. «Nes­ta fei­ra to­dos ven­den», ma­ni­fes­ta.

— ¿Que agar­da da fei­ra?

—Que se­xa moi boa co­ma sem­pre e que nos axu­de o tem­po, xa que é un­ha das cla­ves do éxi­to. Sa­be­mos que de to­das to­das vai vir moi­ta xen­te, pe­ro con bo tem­po moi­ta máis.

— ¿Co­mo fan pa­ra aco­ller tan­ta de­man­da de postos e re­ci- bir a tan­ta xen­te?

—Le­va­mos in­ver­ti­dos moi­tos car­tos pa­ra con­tar cun­has ins­ta­la­cións adoi­ta­das. Con tres na­ves gran­des e o edi­fi­cio do cen­tro de ar­te­sa­nía con­se­gui­mos que a xen­te poi­da es­tar a cu­ber­to aín­da que non fa­ga bo tem­po e dis­fru­te da fei­ra.

— ¿É cer­to que se ven­de moi­to no cer­ta­me?

—Por su­pos­to, nes­ta fei­ra to­dos ven­den. Hai un ca­so que eu sem­pre po­ño co­mo exem­plo, un ven­de­dor fran­cés de quei­xos que ven a fei­ra fai moi­tos anos e se non ven­de­ra moi­to non vi­ría.

— ¿Co­mo es­co­lleu a da­ta da fei­ra?

—As no­sas fei­ras sem­pre ven moi­ta xen­te do Bier­zo e o sá­ba­do abren os co­mer­cios, po­lo que ti­ve­mos que ato­par ou­tra da­ta. O Ven­res San­to e per­fec­to, de­pri­me­ros bi­do a que moi­ta xen­te de to­da Es­pa­ña es­tá de va­ca­cións po­la zo­na e apos­tan por vir a fei­ra co­mo op­ción de pa­sar un­ha xor­na­da di­fe­ren­te. Eles son os que me­llor es­pa­llan a fa­ma do no­so quei­xo e o res­to de pro­du­tos por to­dos os re­can­tos, ade­mais de mar­char co re­cor­do do sa­bor dos no­sos pro­du­tos, que é a me­llor pro­pa­gan­da.

— ¿Cal foi o mo­ti­vo de ofre­cer ser pre­goei­ro a Fran­cis­co Si­nei­ro?

—Reúne to­dos os me­re­ce­men­tos pa­ra que pen­sa­ra­mos nel pa­ra ofi­ciar co­mo pre­goei­ro. Pri­mei­ro re­si­siu no no­so Con­ce­llo du­ran­te un tem­po pa­ra pa­ra pre­pa­rar o seu pro­xec­to de fin de ca­rrei­ra, po­lo que ten un­ha es­trei­ta re­la­ción coa zo­na e cas súas xen­tes. Can­do che­gou a Xun­ta co­mo con­se­llei­ro foi o en lem­brar­se de nós pa­ra abrir pis­tas e apoiar o ru­ral. Por si fo­ra pou­co, a súa pro­fe­sión de pro­fe­sor de Eco­no­mía Agra­ria na USC re­la­cio­na­do di­rec­ta­men­te co lei­te e co quei­xo. Sem­pre di­xen que an­tes de dei- xar de ser al­cal­de ti­ña que trae­lo e can­do me res­pon­deu afir­ma­ti­va­men­te deu­me moi­ta le­di­cia. Des­pois de fa­ce­lo ofi­cial moi­ta xen­te me pre­gun­tou por el e es­tá agar­dan­do que che­gue o día pa­ra sau­da­lo.

FO­TO ÓS­CAR CELA

Jo­sé Luis Ra­po­so e o al­cal­de de Pe­dra­fi­ta

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.