«Xa era ho­ra de vir a Por­to­ma­rín»

Re­co­ñe­ce que lle gus­ta a au­gar­den­te e re­cor­da ao po­bo can­do foi aso­la­ga­do po­las au­gas

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Festa Da Augardente - X. R. PENOUCOS LU­GO

AFes­ta da Au­gar­den­te con­ta­rá es­te ano cun pre­goei­ro de ex­cep­ción, o hu­mo­ris­tas ou­ren­sán Mon­cho Bo­rra­jo, quen re­co­ñe­ce que lle ape­te­ce vir de pre­goei­ros a un­ha das pou­cas fes­tas im­por­tan­tes de Galicia na que non deu o pre­gón.

— ¿Qué su­pu­xo pa­ra vos­te­de que o cha­ma­ran pa­ra pre­goar es­ta fes­ta? —Foi un pra­cer, co­ma sem­pre que me cha­man da mi­ña te­rra pa­ra cal­que­ra cou­sa, sem­pre me ape­te­ce asis­tir. Ade­mais eu non fa­go co­ma ou­tra xen­te que di que non lle gus­tan os pre­mios, a min en­cán­tan­me. Ou­tra cou­sa e que ob­ter re­co­ñe­ce­men­tos se­xa un­ha ob­se­sión. No meu ca­so pen­so que es­ta fes­ta era a úni­ca im­por­tan­te da mi­ña te­rra na que non ofi­cie co­mo pre­goei­ro e fai­me ilu­sión.

— ¿Qué lle pa­re­ce ter a mis­ma hon­ra que mi­nis­tros, un pre­si­den­te do go­berno ou un obis­po? —Fai­me ilu­sión que me no­meen ca­ba­lei­ro, e re­pi­to que xa era ho­ra de vir a Por­to­ma­rín. No que res­pec­ta a re­ci­bir es­ta hon­ra, sem­pre po­ño co­mo exem­plo un ac­to nun­ha fei­ra de co­ches na Co­ru­ña na que es­ti­ven con Fra­ga, Pa­co Váz­quez e un car­go im­por­tan­te da igre­xa. Fra­ga di­xo aque­la xor­na­da que es­ta­ba­mos xun­tos to­dos os po­de­res, o po­lí­ti­co, o re­li­xio­so e ta­mén o de­mo en re­fe­ren­cia a min, al­go que nun­ca es­que­zo.

— ¿Qué nos vai a con­tar no pre­gón?

—Tra­ta­rei de ser ameno xa que pen­so que nun­ha fes­ta co­mo a de Por­to­ma­rín a xen­te que­re rir­se e non me pa­re­ce ló­xi­co abu­rri­los cun­ha in­ter­ven­ción lon­ga, se­ria e con moi­tos datos. Fi­xen un dis­cur­so de seis fo­lios en for­ma de poe­sía, que co­mo to­dos en­ten­de­rán fa­cer un poe­ma de seis fo­llas non é moi sin­xe-

lo. Pen­so que a xen­te lle re­sul­ta­ra ameno e di­ver­ti­do e pa­sa­rano ben.

— ¿Co­ñe­ce o po­bo de Por­to­ma­rín?

—A ver­da­de é que moi pou­co, un día que es­ti­ven de pa­so e pa­ra­mos a to­mar al­go. O re­cor­do

que te­ño des­te po­bo e de can­do foi aso­la­ga­do po­las au­gas. ë un re­cor­do que sem­pre te­ño pre­sen­te e que se­gu­ro que pa­ra a xen­te foi moi du­ro ne­se mo­men­to. No meu ca­so era al­go com­pli­ca­do de ima­xi­nar. Ta­mén me soa por ser un dos lu­ga­res nos que na­ce­ron os ca­ba­lei­ros tem­pla­rios, pe­ro ese re­cor­do xa non o te­ño tan pre­sen­te.

— ¿Gús­ta­lle a au­gar­den­te?

—Ho­me, por su­pos­to, non es­que­za­mos que a mi­ña te­rra na­tal e a lo­ca­li­da­de ou­ren­sán de Ba­ños de Mol­gas e a mi­ña fa­mi­lia sem­pre fi­xo au­gar­den­te de to­do ti­po e li­cor ca­fé, so­bor de to­do o meu tío, que era un mes­tre. Sem­pre pro­cu­ro to­mar un tra­gui­ño des­pois de co­mer, pe­ro na­da máis, xa que to­dos sa­be­mos o for­te que é e non se po­de abu­sar.

FO­TO ÓS­CAR VÁZ­QUEZ

Mon­cho Bo­rra­jo se­rá o pre­goei­ro en Por­to­ma­rín

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.