«Eu do quei­xo non me quei­xo»

O pro­du­to xa foi ga­ba­do, hai ca­se 90 anos, por fo­ras­tei­ros que apre­cia­ban a súa ca­li­da­de

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Reportaje - XOSÉ A. POM­BO

«Eu do quei­xo non me quei­xo;/ quéi­xo­me de quen o fi­xo/ por non o ter fei­to gran­de/ co­ma a ro­da do ca­rro do Si­so». Hai quen re­cor­da es­ta co­pla, re­fe­ri­da ao dono dun lo­cal que des­pa­cha­ba vi­ño e que hai anos exis­tiu en Vi­lal­ba, na Fe­rre­ría. Dis­que O Si­so era co­mer­cian­te de ori­xe ma­ra­ga­ta que, co­mo moi­tos da­que­la te­rra, ti­ña por ofi­cio o por­te e ven­da de mer­ca­do­rías da ali­men­ta­ción. Aín­da que na súa ca­sa ta­mén ha­bía forno e ven­dían bo­los, o ne­go­cio eran vi­ños e au­gar­den­tes. Por non ha­ber ce­pas nin pa­rras nes­tas te­rras, as be­bi­das sei­ca vi­ñan do Bier­zo e de máis lon­xe. Atrás que­da­ra o le­var as mer­ca­do­rías en re­cuas de mu­las por­que os ca­mi­ños reais me­llo­ra­ban e os tra­mos cons­truí­dos das es­tra­das es­ta­ban es­co­rri­dos, per­mi­tin­do que os ca­rros non se atran­ca­sen no fon­dal dos ata­llos ou en co­rre­doi­ras en­la- ma­das. Pa­ra traer e le­var os por­tes pre­fe­rían­se ca­rros de ro­das gran­des que, al­tos, li­xei­ros e ti­ra­dos por mu­las, per­mi­tían un an­dar bu­li­dei­ro.

Así e to­do, as via­xes eran tra­ba­llo­sas e non exen­tas de pe­ri­gos. En ou­tu­bro de 1917 dí­se­nos que un ve­ci­ño de San Simón, José Ma­ría Tre­lles, que an­da­ba por Pe­na­se­rra, acu­di­ra a mer­car vi­ño a Val­deo­rras, pe­ro alí foi­lle mal e mo­rreu. O ca­so era que os ca­rros traían as be­bi­das nuns bo­cois que lo­go Si­so co­lo­ca­ba a xei­to de me­sas no seu es­ta­ble­ce­men­to pa­ra des­pa­char alí o vi­ño por cun­cas, ou ven­de­lo por xun­to sem­pre que o pa­ga­do fo­se o pedido.

Pa­ra op­ti­mi­zar re­cur­sos, as via­xes de ida non se fa­cían de ba­lei­ro. Con­tan que da Te­rra Chá eran apre­cia­das as car­nes sal­ga­das, afu­ma­das e se­cas e ta­mén a la das ove­llas e, se ca­dra, os quei­xos da co­mar­ca, es­pe­cial­men­te os de San Simón, que xa aló na dé­ca­da de 1920 ti­ñan boa so­na. Bo exem­plo des­ta fa­ma é un ar­ti­go lau­da­to­rio que, en mar­zo de 1930, pu­bli­ca no He­ral­do Vi­llal­bés un en­xe­ñei­ro agró­no­mo da Con­fe­de­ra­ción Hi­dro­grá­fi­ca do Dou­ro, José García Ata­noe. Na­rra que can­da un ami­go fi­xo un­ha vi­si­ta a un­ha fá­bri­ca de quei­xos, de­ta­lla que a pro­du­ción dos quei­xos es­ta­ba con­cen­tra­da nas pa­rro­quias de San Simón da Cos­ta, Sa­ma­ru­go e Cor­ve­lle e que se co­mer­cia­li­za­ban nas fei­ras de Vi­lal­ba, Gon­tán e Mon­do­ñe­do.

Bos pra­dos, bo lei­te

Can­do O Si­so ía na pro­cu­ra de be­bi­das es­pi­ri­tuo­sas e pa­sa­ba os mon­tes de Pe­dra­fi­ta, re­cor­da­ría que nuns pra­dos que ro­dean o Mon­sei­va­ne e nou­tros que se ba­ñan po­los re­ga­tos de au­gas aca­ba­das de na­cer, xus­to alí pa­cían va­cas que da­ban mag­ní­fi­co lei­te co que fa­cer, me­llor no tem­po dos na­bos, os afa­ma­dos quei­xos con arre­cen­do de abi­duie­ra.En to­do ca­so as ro­das da súa ca­rre­ta mar­ca­ban as me­di­das dun quei­xo abun­dan­te; co­mo de­be ser o quei­xo.

FO­TO PA­LA­CIOS

O quei­xo é apre­cia­do ho­xe, pe­ro xa o era ta­mén nas fei­ras de hai dé­ca­das

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.