«O quei­xo non es­tá de mo­da, ten o pres­ti­xio que de­be ter»

Cre que o cre­ce­men­to re­cen­te po­de­rá man­ter­se se xa se con­se­guiu nos anos máis du­ros da cri­se, e con­fía en que me­dren as ex­por­ta­cións

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Reportaje - X.M.PA­LA­CIOS

Pi­ñei­ro amó­sa­se máis ben op­ti­mis­ta so­bre a evo­lu­ción dun­ha pro­du­ción que nes­tes úl­ti­mos anos foi a mais, aín­da que coa pru­den­cia de quen ten os pés na te­rra.

— O quei­xo es­tá a re­ci­bir pre­mios den­tro e fó­ra de Es­pa­ña nos úl­ti­mos anos. ¿Es­tá de mo­da, co ris­co de que pa­se de mo­da, ou che­gou ao lu­gar que lle co­rres­pon­de?

—Non es­tá de mo­da; es­tá­se­lle a re­co­ñe­cer o seu pres­ti­xio en dis­tin­tos ám­bi­tos. Non é mo­da, é o que ten que ser.

— ¿Man­te­ra­se esa ten­den­cia nos vin­dei­ros anos?

—Si, co­mo non. Se se man­ti­vo du­ran­te a cri­se, ago­ra ha­se man­ter ta­mén.

— ¿Que hai que es­pe­rar a cur­to pra­zo, xa que lo­go?

—Un pe­queno au­men­to das ven­das. Non se da­rá qui­zais en Ga­li­cia, on­de o quei­xo xa es­tá en ni­veis bos, pe­ro si no mer­ca­do ex­te­rior. En Ga­li­cia pó­de­se su­bir un pou­co, pe­ro no mer­ca­do na­cio­nal hai aín­da un am­plo ni­cho de mer­ca­do sen tra­ba­llar. —O quei­xo, po­lo xe­ral, foi me- dran­do pou­co a pou­co na súa pro­du­ción nes­tes úl­ti­mos. ¿Foi iso, o de me­drar pou­co a pou­co, un dos pia­res da si­tua­ción ac­tual?

—É po­si­ble que o fei­to de ir me­dran­do pou­co a pou­co fo­se un­ha das claves da si­tua­ción; ta­mén o re­le­vo xe­ra­cio­nal que se deu nas quei­xe­rías, pois ho­xe xa es­tán á fron­te per­soas da se­gun­da xe­ra­ción. Creo que to­do iso pui­do in­fluír na boa saú­de da de­no­mi­na­ción de ori­xe.

— ¿De­be­se imi­tar aquí o que se fai nou­tras de­no­mi­na­cións de ori­xe do res­to de Es­pa­ña? ¿Non pa­ga a pena por­que se sa­be ben o que hai que fa­cer e co­mo fa­ce­lo?

—Ca­da quei­xo ten as súas ca­rac­te­rís­ti­cas, e ca­da zo­na ten as súas. O pre­zo do lei­te, a si­tua­ción xeo­grá­fi­ca e o ni­vel de turismo que te­mos in­flúen. Non po­de­mos pe­char­nos ao que se fai nou­tras zo­nas de Es­pa­ña, por­que de to­do se apren­de; pe­ro te­mos un­ha de­no­mi­na­ción de ori­xe moi par­ti­cu­lar e te­mos que di­fe­ren­cia­la dou­tras. O no­so cre­ce­men­to non é ex­plo­si­vo pe­ro si cons­tan­te e con sen­ti­do, que é o que in­tere­sa. Da mes­ma ma­nei­ra que o quei­xo se ven­de xa fó­ra de Es­pa­ña, a fei­ra anual que se lle de­di­ca en Vi­lal­ba foi in­cor­po­ran­do ao seu pro­gra­ma no­vi­da­des que ho­xe xa re­sul­tan ca­se ha­bi­tuais, con ta­lle­res de co­ci­ña pa­ra to­das as ida­des im­par­ti­dos por co­ñe­ci­dos co­ci­ñei­ros.

— ¿En que ma­nei­ra a fei­ra é ho­xe un es­pec­tácu­lo e non só un­ha oca­sión pa­ra com­prar un quei­xo?

—Foi cam­bian­do. Hai 20 anos, era máis ca na­da un acon­te­ce­men­to eco­nó­mi­co, que ser­vía pa­ra fa­cer bo un mes co­mo o de abril. As ven­das eran den­de lo­go al­go moi im­por­tan­te; ho­xe, por boas que se­xan, xa non su­po­ñen tan­to. Hai 20 anos, non che­ga­ra aín­da o quei­xo a to­dos os si­tios; ho­xe, xa es­tá en moi­tos lu­ga­res e non fai fal­ta com­pra­lo na fei­ra. Por iso, ho­xe o ob­xec­ti­vo é a pro­mo­ción, e es­tá­se­lle a dar im­por­tan­cioa na hos­ta­la­ría e na gas­tro­no­mía, que nos dan ade­mais al­go moi im­por­tan­te: se co­ci­ñas con quei­xo, tes que com­prar quei­xo. O con­cur­so de ta­pas [a un­dé­ci­ma edi­ción ce­le­brou­se do 15 ao 25 de mar­zo, con máis de 30 es­ta­ble­ce­men­tos ins­cri­tos], ade­mais de pro­mo­cio­nar Vi­lal­ba, ta­mén en­si­na a co­ci­ñar con quei­xo de San Simón da Cos­ta, o cal é al­go moi im­por­tan­te.

«O ob­xec­ti­vo da fei­ra é ho­xe a pro­mo­ción»

FO­TO PA­LA­CIOS

Pi­ñei­ro ve po­si­bi­li­da­des no mer­ca­do ex­te­rior

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.