«A fei­ra aguan­tou en tem­pos de cri­se, e iso ten mé­ri­to»

Sa­lien­ta a ca­pa­ci­da­de de tra­ba­llo dos ve­ci­ños co­mo un dos pia­res da Moex­mu, pe­ro cre ne­ce­sa­ria a in­cor­po­ra­ción de xen­te no­va á or­ga­ni­za­ción

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Moexmu - X.M.PA­LA­CIOS

«As au­to­ri­da­des te­rían que es­for­zar­se máis»

Ce­les­tino Mén­dez pre­si­de por se­gun­da vez a co­mi­sión or­ga­ni­za­do­ra da Moex­mu, aín­da que a súa ex­pe­rien­cia é maior, pois xa for­mou par­te dal­gun­ha co­mi­sión an­tes de che­gar a ese posto.

— ¿Dá tra­ba­llo ho­xe or­ga­ni­zar a fei­ra?

—Ago­ra, non. Te­mos a co­la­bo­ra­ción do Con­ce­llo, que ten xen­te tra­ba­llan­do no re­cin­to. Iso, an­tes, ti­ña­mos que fa­ce­lo nós, aín­da que es­tes úl­ti­mos días hai que axu­dar al­go.

— ¿Co­mo ve a fei­ra nes­tes tem­pos?

—Vé­xoa ben. Man­tí­vo­se en tem­pos de cri­se, o cal ten o seu mé­ri­to. O que lle dá máis for­za é o con­cur­so de gan­do, e non se man­tén nin­gún ou­tro en to­da a pro­vin­cia. Ten o seu cus­te: prac­ti­ca­men­te a me­ta­de do pre­su­pos­to da fei­ra [es­te ano, arre­pe­ro dor de 100.000 eu­ros] vai pa­ra o con­cur­so.

— ¿É un­ha sa­tis­fac­ción que se man­te­ña o con­cur­so can­do ou­tros xa non se ce­le­bran?

—Si. Es­ta­mos me­ti­dos nun­ha zo­na to­tal­men­te gan­dei­ra, e á xen­te gús­ta­lle. E ta­mén a xen­te que non é gan­dei­ra lle in­tere­sa: non sei o que te­ñen os ani­mais, atraen.

— ¿Po­de ver a fei­ra es­tes días ou ne­ce­si­ta to­do o tem­po pa­ra aa or­ga­ni­za­ción?

—Hai que ir dun la­do pa­ra ou­tro. Nós re­par­tí­mo­nos en gru­pos: uns, cos gan­dei­ros; ou­tros, cos postos de fó­ra, et­cé­te­ra.

—Po­ñén­do­nos no pa­sa­do, ¿pen­sá­ba­se nos pri­mei­ros anos que a fei­ra che­ga­ría a ser o que ho­xe é?

—Non, non. Non sei se o pen­sa­ría al­guén [ri]. Eu vía, por exem­plo, que a xen­te ía co­ller xes­tas a fin­cas par­ti­cu­la­res e fa­cía co­ber­ti­zos. Lo­go co­me­zou­se a fa­lar de fa­cer un re­cin­to, e deu­se fei­to. As cou­sas saí­ron adian­te. Ago­ra mes­mo, o que bo­to al­go de me­nos é a im­pli­ca­ción da xen­te no­va. Nes­ta co­mi­sión so­mos se­te, e a ca­tro ou cin­co xa es­ta­mos xu­bi­la­dos. ¿Que ha­be­ría que fa­cer? Me­ter xen­te no­va.

— ¿Dis­cú­te­se na co­mi­sión?

—¿En­tre nós? Non. Os que es­ta­mos aí xa o fi­xe­mos máis ve­ces. Por ou­tro la­do, o xe­ren­te [José Manuel Rus] ten moi­to tra­ba­llo fei­to. Fa­la­mos, opi­na­mos e ás ve­ces cam­bia­mos al­go; pe­ro Rus é un­ha per­soa moi vá­li­da e teno to­do per­fec­ta­men­te pre­pa­ra­do.

— ¿Fan fal­ta cou­sas no­vas?

—Non sei. Hai ma­qui­na­ria, hai gan­do, hai co­ches... Mén­dez non se­me­lla ter moi­tas dú­bi­das so­bre o fu­tu­ro da fei­ra; máis ben cre que o por­vir es­tá ga­ran­ti­do.

— ¿Aguan­ta­rá a fei­ra no fu­tu­ro?

—Se non hai un­ha cri­se moi gran­de, si. As au­to­ri­da­des te­rían que es­for­zar­se un pou­co máis. Se aquí te­mos cou­sas, é por­que xa se fi­xe­ron. Hai moi­to a quen dar, moi­tos que pi­den [ri], e hai que re­par­tir.

— Ven­do a fei­ra co­mo un ve­ci­ño máis, ¿que su­pón Moex­mu pa­ra un­ha vi­la co­mo Mui­men­ta?

—Que­da di­ñei­ro: vén xen­te de fó­ra e gas­ta. A fei­ra ten un no­me: se non fo­se po­la Moex­mu, Mui­men­ta non se­ría tan co­ñe­ci­da, por­que vén xen­te de fó­ra: do res­to de Ga­li­cia, de As­tu­rias, de Can­ta­bria...

— ¿Cre, pois, que re­sis­ti­rá?

—Su­po­ño que si.

[O tra­ba­llo da co­mi­sión or­ga­ni­za­do­ra co­me­zou hai me­ses. A ce­le­bra­ción da fei­ra de mos­tras re­flic­te ese la­bor, pe­ro non sig­ni­fi­ca o re­ma­te da súa ac­ti­vi­da­de. Pa­ra o 1 de maio es­tá pre­vis­ta un­ha no­va edi­ción da Fes­ta da Fi­lloa, cu­xa or­ga­ni­za­ción é asu­mi­da ca­da ano po­la co­mi­sión que ta­mén or­ga­ni­za a Moex­mu. A fes­ta ten a de­cla­ra­ción de in­tere­se tu­rís­ti­co de Ga­li­cia den­de hai anos].

FO­TO PA­LA­CIOS

Mén­dez cre que a fei­ra de mos­tras ten boa saú­de

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.