«Na­cín pa­ra ser fe­rrei­ro, ca­se non po­de­ría ser ou­tra cou­sa»

Cre que a fei­ra se con­ver­teu nun­ha boa fe­rra­men­ta pa­ra amo­sar o ofi­cio, pe­ro en­ga­de que a si­tua­ción eco­nó­mi­ca é du­ra pa­ra os au­tó­no­mos

La Voz de Galicia (Lugo) - Especial1 - - Reportaje - X.M.PA­LA­CIOS

Jo­sé Ma­rio Ca­bo Jar­dón é fe­rrei­ro ca­se por ra­zóns xe­né­ti­cas, pois seu pai era fe­rrei­ro, e os seus dous avós, ta­mén. O avó pa­terno era de Fe­rrei­ra­ve­lla, e o ma­terno, de Es­pa­san­de. Hai, por exem­plo, cen anos, un fe­rrei­ro tra­ba­lla­ba pa­ra un­ha eco­no­mía na que a agri­cul­tu­ra ti­ña un pe­so que ho­xe des­apa­re­ceu; ago­ra cóm­pre bus­car saí­das nou­tros mer­ca­dos e to­mar ini­cia­ti­vas que es­tean á al­tu­ra dos tem­pos: así, os fe­rrei­ros de Rio­tor­to es­tán agru­pa­dos nun­ha aso­cia­ción, e con­se­guen apoio de ad­mi­nis­tra­cións pú­bli­cas pa­ra pre­sen­tar os seus pro­du­tos dun­ha ma­nei­ra que se no­te que son ar­te­sa­nía e non to­do a cen.

—¿Na­ceu vos­te­de pa­ra ser fe­rreio?

—Si [ri]. Iso é ma­te­má­ti­co [ri]. Ca­se non po­de­ría ser ou­tra cou­sa. Es­tu­dei un pou­co, pe­ro co­me­cei a tra­ba­llar con meu pai. Da­que­la ti­ña­mos un afiador por­que se fa­cían moitos fou­ci­ños, e ca­da afiador, ao me­llor, bo­ta­ba tres días cun fe­rrei­ro e ou­tros tres con ou­tro. De­sa épo­ca que eu re­cor­do, al­gún fe­rrei­ro po­día ter un afiador el só, por­que se fa­cían, por exem­plo, 40 fou­ci­ños dia­rios.

—¿Can­to cam­bia­ron real­men­te as cou­sas den­de en­tón?

—Da­que­la fa­cían­se mi­llei­ros de fou­ci­ños ao ano. Che­gou a ha­ber un­has 60 for­xas en to­do o con­ce­llo de Rio­tor­to; e cal­cu­la que ha­ben­do un­has 60 for­xas, po­dían­se fa­cer uns 200.00 fou­ci­ños ao ano.

—Se se fa­la, en cer­tos lu­ga­res de Ga­li­cia ou nou­tras co­mu­ni­da­des, dos fe­rrei­ros de Rio­tor­to, o no­me é ben co­ñe­ci­do e asó­cia­se con tra­ba­llo de ca­li­da­de. ¿Es­tou no cer­to?

—Eu vou a al­gun­has fei­ras. An­tes so­brá­ba­che pa­ra on­de fa­cer pro­du­ción. Ho­xe, en cam­bio, ca­se non ven­des un sa­cho, e afec­tou moi­to o da pa­ta­ca [a apa­ri­ción da couza gua­te­mal­te­ca im­pi­de o cul­ti­vo en cer­tos con­ce­llos], por­que non se ven­de na­da pa­ra tra­ba­llar un hor­to. Pe­ro nós fa­ce­mos a fei­ra den­de o 2007, e a xen­te ve co­mo se fa­cían an­tes os fou­ci­ños e ta­mén fe­rrei­ros que fan ar­tis­ta­das. Ta­mén se po­de fa­cer for­xa ar­tís­ti­ca, pe­ro é moi di­fí­cil.

—¿Man­te­ra­se a fei­ra no fu­tu­ro?

—Se se­gui­mos con­tan­do coa fi­nan­cia­ción da Depu­tación e da Xun­ta e se te­mos a co­la­bo­ra­ción do Con­ce­llo, si; se non é así, re­sul­ta­rá im­po­si­ble, por­que cus­ta moi­to to­do is­to. Nes­ta fei­ra gás­tan­se en­tre 23.000 e 25.000 eu­ros; o ano pa­sa­do, creo, an­dou po­los 24.000. É moi­to di­ñei­ro, pe­ro to­do se­xa por dar­lle am­bien­te a is­to: a fei­ra dá­lle so­na aos fe­rrei­ros e a Rio­tor­to.

—O que ve un­ha de­mos­tra­ción de fe­rrei­ros de­cá­ta­se de que o ofi­cio po­de ser fer­mo­so pe­ro ta­mén de que é du­ro. ¿Co­mo se po­de ani­mar á xen­te no­va?

—Non sei co­mo di­cir­che; é com- pli­ca­do po­ñer­se ho­xe de au­tó­no­mo. Os coite­los que eu fa­go son de boa ca­li­da­de; eu vendo, pe­ro é di­fí­cil e tes que loi­tar moi­to. Hai que es­for­zar­se pa­ra ter clien­tes. Non é só di­cir ‘vou po­ñer­me de fe­rrei­ro’, por­que non va­le. Nós apren­di­mos de no­sos pais e de no­sos avós, pe­ro non é doa­do. Por iso o ve­xo di­fí­cil pa­ra a xen­te no­va: non que­re ofi­cios du­ros. Can­do che­gue á ca­sa [a con­ver­sa reali­zou­se, por teléfono, arre­dor das se­te da tar­de do luns], te­ño que tra­ba­llar: se un día non tra­ba­llo, ao se­guin­te te­ño que fa­cer o que non fi­xen a vés­pe­ra. A fei­ra, que xur­diu no ano 2007, ten un­ha ca­pa­ci­da­de de atrac­ción abon­do com­pro­ba­da. Ca­bo Jar­dón di que lle gustaría ver fotos fei­tas cun dron pa­ra que cal­que­ra pui­de­se com­pro­bar can­ta xen­te se ache­ga a Rio­tor­to nes­tas da­tas. Por ou­tra ban­da, afir­ma que non só po­lo nú­me­ro de vi­si­tan­tes se po­den ava­liar os re­sul­ta­dos da fei­ra. «Ho­xe —di— te­mos ca­se un­ha mar­ca. Tar­da­ron en co­ñe­cer­nos, cla­ro que si; pe­ro a xen­te di ‘en Rio­tor­to fan­se coite­los moi bos’. Se as cou­sas son boas e lles dás pu­bli­ci­da­de, non hai dú­bi­da».

A ca­li­da­de da pro­du­ción non só é un tra­zo que se aso­cia co pa­sa­do, se­nón que os clien­tes de ho­xe ta­mén a re­co­ñe­cen. «Eu te­ño clien­tes nas ci­da­des que que­ren boas cou­sas», afir­ma. Por iso, aín­da que o pre­zo se­xa al­go maior, non se po­de com­pa­rar o va­lor dun coite­lo fa­bri­ca­do en Rio­tor­to co dou­tros. A es­te ofi­cio, co­mo a ou­tros, xa che­gou ta­mén a com­pe­ten­cia do made in Chi­na.

FO­TO PA­LA­CIOS

Ca­bo Jar­dón ven­de a súa pro­du­ción en fei­ras

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.